Vouvos contar unha historia abraiante.
Durante a construción do AVE Santiago-Ourense, no tramo que pasaba pola parroquia de Abades (Silleda), foi preciso escavar unha mámoa. Parecía bastante afectada polo tempo, fora violada, pero...
Era unha sorte de ovo Kinder.👇
Resulta que a mámoa da Chousa Nova estaba, efectivamente, machacadísima.
Pero, como nas bonecas rusas, agachaba un dolmen, máis pequeno e moito máis vello mesmo que grandes dólmenes como Dombate. Védelo na zona superior dereita da foto.
E ese dolmen non fora expoliado.
Dentro, os arqueólogos atoparon o enxoval completo co que depositaran ao finado/a. Algo rarísimo neste país no que case todas as mámoas están rebentadas.
E dentro había algo marabilloso.
Ten 6300 anos.
Unha das primeiras xoias de Galicia. Sofisticada. Fermosa.
E exótica.
O mineral verde é variscita. Procede de de Zamora ou Huelva. O ámbar é desafiante. Pensábase que fora traído do norte de Europa. Pero é simetita DE SICILIA.
6300 anos.
De Sicilia a Silleda.
E agora vén un asunto que fará as delicias dos pachamamers.
Cando a arqueóloga María José Bóveda chegou á base do túmulo, quedou abraiada con algo inagardado, fermoso, que fala moito da relación de aqueles homes e mulleres coa terra na que vivían.
Imos.
Ao chegar á base do monumento, os arqueólogos decatáronse de que os construtores quixeron 'prolongar' o solo. Observaron os cambios de cor da terra do sustrato e ergueron a mámoa seguindo a cor desas terras, como se o propio solo medrara de xeito natural.
Que pensamento sofisticado e sutil está detrás dese coidado impecable? Que relación íntima coa terra reflicte esa delicadeza? Concibir que ese monumento -os primeiros fitos da nosa paisaxe- debe estar integrado no paisaxe ata no invisible.
Aquí vos deixo o infográfico que fixen no seu momento e a reportaxe en @culturagalega culturagalega.gal/noticia.php?id…
Ilustración da tumba: Iñaqui Vilaseco. Fotografías de escavación: Gabinete de Arqueoloxía. Fotos do colar: @consellocultura @CidadedaCultura. Con agradecemento a María José Bóveda!
Corrixo: ilustración de recreación da tumba: Ignacio J. Senín (Barri).
Share this Scrolly Tale with your friends.
A Scrolly Tale is a new way to read Twitter threads with a more visually immersive experience.
Discover more beautiful Scrolly Tales like this.