Durante a construción do AVE Santiago-Ourense, no tramo que pasaba pola parroquia de Abades (Silleda), foi preciso escavar unha mámoa. Parecía bastante afectada polo tempo, fora violada, pero...
Era unha sorte de ovo Kinder.👇
Resulta que a mámoa da Chousa Nova estaba, efectivamente, machacadísima.
Pero, como nas bonecas rusas, agachaba un dolmen, máis pequeno e moito máis vello mesmo que grandes dólmenes como Dombate. Védelo na zona superior dereita da foto.
E ese dolmen non fora expoliado.
Dentro, os arqueólogos atoparon o enxoval completo co que depositaran ao finado/a. Algo rarísimo neste país no que case todas as mámoas están rebentadas.
E dentro había algo marabilloso.
Ten 6300 anos.
Unha das primeiras xoias de Galicia. Sofisticada. Fermosa.
E exótica.
O mineral verde é variscita. Procede de de Zamora ou Huelva. O ámbar é desafiante. Pensábase que fora traído do norte de Europa. Pero é simetita DE SICILIA.
6300 anos.
De Sicilia a Silleda.
E agora vén un asunto que fará as delicias dos pachamamers.
Cando a arqueóloga María José Bóveda chegou á base do túmulo, quedou abraiada con algo inagardado, fermoso, que fala moito da relación de aqueles homes e mulleres coa terra na que vivían.
Imos.
Ao chegar á base do monumento, os arqueólogos decatáronse de que os construtores quixeron 'prolongar' o solo. Observaron os cambios de cor da terra do sustrato e ergueron a mámoa seguindo a cor desas terras, como se o propio solo medrara de xeito natural.
Que pensamento sofisticado e sutil está detrás dese coidado impecable? Que relación íntima coa terra reflicte esa delicadeza? Concibir que ese monumento -os primeiros fitos da nosa paisaxe- debe estar integrado no paisaxe ata no invisible.
Ilustración da tumba: Iñaqui Vilaseco. Fotografías de escavación: Gabinete de Arqueoloxía. Fotos do colar: @consellocultura@CidadedaCultura. Con agradecemento a María José Bóveda!
Corrixo: ilustración de recreación da tumba: Ignacio J. Senín (Barri).
• • •
Missing some Tweet in this thread? You can try to
force a refresh
No interior da igrexa de san Miguel de Goiás (Lalín) cóntase unha curiosa historia, na liña do que escribiamos o outro día sobre monumentos prehistóricos, de como reiventamos e adaptamos as historias á nosa cultura.
Entras comigo?
(E con María, a señora das chaves, claro)
Ao entrar, os ollos comezan a explorar toda esta información disposta a ser interpretada. Pero a min automaticamente vai a vista para ese arcosolio da dereita, onde xace unha figura.
-E aí quen está enterrado?
-O cura-di María sen máis.
Achégome ao sepulcro, miro ao seu interior, apóiome no banco para fotografiar a esta fermosa muller.
-Que aquí está enterrado o cura?
-O cura.
-Pero se aquí unha muller.
-Que non, que é o cura.
Na igrexa de Meira descansa desde o século XVI esta muller vestida cun hábito modesto. Era a poderosa fidalga María de Bolaño. Pero non son os únicos restos humanos que foron depositados aquí. María repousou cun anaco decisivo da historia de Galicia.
O sartego destaca pola súa heráldica, ilustrativa das casas das que descendía, e unha sorprendente estilo de escrita en pedra. Sabemos polo seu testamento que quixo ser enterrada cos seus pais. E á súa cabeceira, hai unha interesante inscrición.
Na cabeceira indícase que alí xacen Pedro de Miranda e a súa muller dona Inés. É Pedro de Miranda, o Renegado! O contacto máis estreito cos dramáticos feitos que supuxeron a execución de Pardo de Cela.
*Por favor, algún tipógrafo na sala para recrear para ordenador esta fonte?
Hai obxectos que son vectores da historia, testemuñas únicas de momentos críticos, e que portan emocións con eles. En #Pontevedranotempo temos un moi especial: a bandeira da Sociedade de Agricultores de Salcedo.
A bandeira é unha encrucillada de sentidos. Por unha banda, permítenos contar a vibrante historia do nacemento do movemento agrarista nas comarcas pontevedras a finais do XIX, e que no propio concello pontevedrés, en parroquias como Salcedo e Lérez tivo moita forza.
Fronte a tópicos, o agrarismo -a organización social e política dos agricultores- nace a partir da expansión económica do campo galego, non do atraso: é xente que exportar, que toma consciencia do seu poder e quere influír no seu destino.
Curiosear nas fotografías que fixo Thurston Thompson en 1866 da catedral de Santiago e o seu contorno permítenos observar un detalle: como esa data, case a metade do XIX, é MOI antiga. O mundo que vemos aí procede de máis atrás. E nótase en todo tipo de detalles.
Primeiro, algo moi curioso. Nesta edición dunha escolma das súas fotos editada en Londres en 1868 observade como a Mateo aínda se lle designa polo seu nome en galego. Cando o pórtico colla gran sona pasará a ser Maestro. Pero aínda non estamos aí.
Algunhas fotos permiten achados sorprendentes. Como a presenza da Fons Mirabilis, a mítica fonte medieval dos peregrinos que aparece no Códice Calixtino, situada ao carón da porta do pazo de Xelmírez. Hoxe está no claustro da catedral. Mirade esoutro ángulo. Non é doada de ver!
Este vindeiro domingo celébrase a Ofrenda do Reino de Galicia na catedral de Lugo. Pero non sei se sabes se que alí, vinculado a ese ritual, viviuse un curioso episodio que conecta a monarquía inglesa co reino de Galicia. E que aínda hoxe podemos ver.
A principios de maio de 1719 entraron un Lugo un grupo de cabaleiros que viñan de incógnito. O Capitán Xeral do reino de Galicia advertira por carta ao concello e o cabido da chegada dunha personaxe, con nome en clave, o 'cabaleiro de Connock'. Viaxaba cun séquito reducido.
O cabaleiro de Connock era o nome en clave de nada menos que Xacobe III de Inglaterra e VII de Escocia, o 'Vello Pretendente'. Viña acompañado de parte do seu Estado maior. Moveuse esa primavera entre varias cidades galegas, na retagarda dunha operación militar. Á espera.
Máis ou menos nestes días, no ano de 1147, o burgo de Faro, logo coñecido como A Coruña, viu aparecer unha flota inmensa. Era os barcos da Segunda Cruzada, que partira do porto inglés de Darmouth uns días antes. Nunha das crónicas deses días temos un dato ben intrigante.
Temos dúas crónicas de cruzados que dan conta das súas accións en Galicia e a súa peregrinación á catedral. A fonte máis coñecida é a dun destes guerreiros, Osbernus ou Osborne, que describe a principal acción desa campaña: a conquista de Lisboa en apoio a Afonso Henriques.
Pero imos centrarnos na visita a Faro, á Coruña, que describe Osborne. Nela entrecrúzase de xeito moi singular a realidade e a tradición oral. Por exemplo, fala dunha misteriosa ponte de 24 arcos que o mar vai desvelando pouco a pouco.