Alberto Mancebo Profile picture
Xornalista na TVG. Conto cousas de Portugal no podcast “Pasarse da raia” 🇵🇹 Lambón de libros, idiomas, series, destinos e hidratos. De Vimianso 🏰

Jun 10, 2021, 13 tweets

🇵🇹🇵🇹10 de xuño!!🇵🇹🇵🇹
Hoxe é o día de Portugal, de Camões e das Comunidades Portuguesas 🗺
Os nosos veciños teñen hoxe un día feriado, sabíalo? Cantas cousas sabes de Portugal?
Un ano máis, aquí 👇🏼 unhas cantas curiosidades sobre Portugal 💚❤️

1-En Portugal non lle podes poñer o nome que ti queiras ao teu fillo. Hai unha lista 📑 a disposición dos cidadáns para consultar e escoller. Por exemplo: Tomás está permitido pero Tom ou Shakira, non. Agora entendes por que tes a sensación de que todos teñen os mesmo nomes?

2-Portugal é lider en produción de enerxías renovables. 🌊💨🌿🌱
O 70% da electricidade que consume vén do vento, do sol ou da forza da auga.

3- Iso de beber té ☕️ parece moi británico pero foron os portugueses quen introduciron este costume na Gran Bretaña. Catalina de Braganza, que casou con Carlos II de Inglaterra, exportou este hábito típico da corte portuguesa

4-E é que a relación de Inglaterra con Portugal vén de moi atrás. O acordo diplomático entre os dous países é o máis antigo do mundo, desde 1373. E segue en pé

5-Máis cousas que duraron. O rei máis lonxevo é portugues e o máis efímero tamén. Afonso I gobernou 73 anos e príncipe Luis Filipe só 20 minutos!

6-Por certo que aínda que non o teñamos en mente a dictadura máis longa de Europa foi a do séxulo XX en Portugal. De 1926 a 1974

7- Portugal introduciu a tempura no Xapón no século XVI 🍤 Deixárono os navegantes lusos cando chegaron a Nagasaki. Fíxate no rebozado dos bolinhos de bacalhau a próxima vez...

8-Lisboa é máis antiga que Roma. Concretamente 400 anos máis vella. O que a fai, xunto con Atenas, unha das máis antigas na Unión Europea. Hai probas arqueolóxicas que a datan tan atrás como no 1200 anos a.C.

9-París é a terceira cidade portuguesa. Nela viven 700.000 portuguesas. E o 12% da poboación de Luxemburgo é lusa.

10-A librería máis antiga do mundo 📚está en Portugal. Datada en 1732, a Librería Chiado na Rúa Garrett de Lisboa é a tenda de libros máis vella en activo. Ao longo do anos a marca Bertrand volveuse un nome nacional e agora é a cadea de librerías máis grande do país.

11-A metade da cortiza que se procesa no mundo vén de Portugal🪵🌳
Se visitas o Alentejo verás miles de sobreiras. Alí está o bosque de corticeiras máis grande do mundo, pero é patrimonio e non se pode tocar. Do resto saen as 160.000 toneladas de cortiza que exportan cada ano.

12- Portugal é o terceiro país do mundo que máis peixe consome 🐟🐠e non é só polo bacalhau. Son unhas verdadeiras máquinas comendo pescada, sardiña e xarda. Un portugués come 55 quilos de peixe ao ano de media. (Os galegos case 30)

Share this Scrolly Tale with your friends.

A Scrolly Tale is a new way to read Twitter threads with a more visually immersive experience.
Discover more beautiful Scrolly Tales like this.

Keep scrolling