Alberto Mancebo Profile picture
Jun 10, 2021 13 tweets 4 min read Read on X
🇵🇹🇵🇹10 de xuño!!🇵🇹🇵🇹
Hoxe é o día de Portugal, de Camões e das Comunidades Portuguesas 🗺
Os nosos veciños teñen hoxe un día feriado, sabíalo? Cantas cousas sabes de Portugal?
Un ano máis, aquí 👇🏼 unhas cantas curiosidades sobre Portugal 💚❤️
1-En Portugal non lle podes poñer o nome que ti queiras ao teu fillo. Hai unha lista 📑 a disposición dos cidadáns para consultar e escoller. Por exemplo: Tomás está permitido pero Tom ou Shakira, non. Agora entendes por que tes a sensación de que todos teñen os mesmo nomes?
2-Portugal é lider en produción de enerxías renovables. 🌊💨🌿🌱
O 70% da electricidade que consume vén do vento, do sol ou da forza da auga.
3- Iso de beber té ☕️ parece moi británico pero foron os portugueses quen introduciron este costume na Gran Bretaña. Catalina de Braganza, que casou con Carlos II de Inglaterra, exportou este hábito típico da corte portuguesa
4-E é que a relación de Inglaterra con Portugal vén de moi atrás. O acordo diplomático entre os dous países é o máis antigo do mundo, desde 1373. E segue en pé
5-Máis cousas que duraron. O rei máis lonxevo é portugues e o máis efímero tamén. Afonso I gobernou 73 anos e príncipe Luis Filipe só 20 minutos!
6-Por certo que aínda que non o teñamos en mente a dictadura máis longa de Europa foi a do séxulo XX en Portugal. De 1926 a 1974
7- Portugal introduciu a tempura no Xapón no século XVI 🍤 Deixárono os navegantes lusos cando chegaron a Nagasaki. Fíxate no rebozado dos bolinhos de bacalhau a próxima vez...
8-Lisboa é máis antiga que Roma. Concretamente 400 anos máis vella. O que a fai, xunto con Atenas, unha das máis antigas na Unión Europea. Hai probas arqueolóxicas que a datan tan atrás como no 1200 anos a.C.
9-París é a terceira cidade portuguesa. Nela viven 700.000 portuguesas. E o 12% da poboación de Luxemburgo é lusa.
10-A librería máis antiga do mundo 📚está en Portugal. Datada en 1732, a Librería Chiado na Rúa Garrett de Lisboa é a tenda de libros máis vella en activo. Ao longo do anos a marca Bertrand volveuse un nome nacional e agora é a cadea de librerías máis grande do país.
11-A metade da cortiza que se procesa no mundo vén de Portugal🪵🌳
Se visitas o Alentejo verás miles de sobreiras. Alí está o bosque de corticeiras máis grande do mundo, pero é patrimonio e non se pode tocar. Do resto saen as 160.000 toneladas de cortiza que exportan cada ano.
12- Portugal é o terceiro país do mundo que máis peixe consome 🐟🐠e non é só polo bacalhau. Son unhas verdadeiras máquinas comendo pescada, sardiña e xarda. Un portugués come 55 quilos de peixe ao ano de media. (Os galegos case 30)

• • •

Missing some Tweet in this thread? You can try to force a refresh
 

Keep Current with Alberto Mancebo

Alberto Mancebo Profile picture

Stay in touch and get notified when new unrolls are available from this author!

Read all threads

This Thread may be Removed Anytime!

PDF

Twitter may remove this content at anytime! Save it as PDF for later use!

Try unrolling a thread yourself!

how to unroll video
  1. Follow @ThreadReaderApp to mention us!

  2. From a Twitter thread mention us with a keyword "unroll"
@threadreaderapp unroll

Practice here first or read more on our help page!

More from @AlbertoMancebo

Aug 16, 2022
⚓️🛟O distrito de Aveiro vive en canto ao turismo das migas que lle deixa Porto pero é unha das provincias máis interesantes do país😮
Dá para unha viaxe dedicada exclusivamente ao distrito da auga de Portugal 🌊
Abrimos fío de auga e cores
🌈💧🧵
1-Bioria de Estarreja: Para os que buscan unha ruta en bici ou a pé se teñen moito tempo. Ademais das vistas á ría e zonas de estuario, tamén é un dos lugares favoritos para os fans do avistamento de aves en Portugal. Pódense alugar bicicletas alí mesmo por prezos moi económicos.
2-Costa Nova: Este lugar é un dos máis fotografados, mesmo foi portada dunha coñecida guía de viaxe. Máis alá do bonito da foto que podas sacar, Costa Nova e a praia de Barra son dous dos lugares máis fermosos da costa lusa. Preto está as dunas de São Jacinto, un espazo protexido
Read 14 tweets
May 14, 2021
3 meses estivo pechada a fronteira con Portugal ❌🚧Os galegos temos ponte esta finde e podemos aproveitar para viaxar ao país veciño 🇵🇹
É fácil chegar ao Porto, Braga, Coimbra... Pero que outras xoias menos visitadas esconde o norte e centro de Portugal?Abro fío!
@visitportugal
1-Guimarães: O complemento perfecto para a túa visita ao Porto ou mesmo Braga. Relativamente preto das dúas 🛣 Guimarães é o berce de Portugal. A súa grande historia vese reflectida na variedade de monumentos nacionais e edificios históricos 🏰 Image
2-O Alto Douro Vinhateiro: Alijó, Pinhão, Favaios… As uvas 🍇 do viño do Porto non xermolan no Porto! No distrito de Vila Real atópase a Denominación de Orixe máis antiga do mundo. Remóntase a época do Imperio Romano. Unha das paisaxes máis impresionantes de Portugal ⛰ Image
Read 11 tweets
Jun 10, 2020
🇵🇹Hoxe é o día de Portugal🇵🇹 Aquí é feriado, unha xornada de lecer que os nosos veciños aproveitan para coñecer mellor o seu país, entre outras cousas 🚗. Pero cantos sabes de Portugal? 🤔 Aquí algunhas curiosidades
1. Iso de beber té parece moi británico pero foron os portugueses quen introduciron este costume na Gran Bretaña. Catalina de Braganza, que casou con Carlos II de Inglaterra, exportou este hábito típico da corte portuguesa.
2. E é que a relación de Inglaterra con Portugal vén de moi atrás. O acordo diplomático entre os dous países é o máis antigo do mundo, desde 1373. E segue en pé!
Read 9 tweets

Did Thread Reader help you today?

Support us! We are indie developers!


This site is made by just two indie developers on a laptop doing marketing, support and development! Read more about the story.

Become a Premium Member ($3/month or $30/year) and get exclusive features!

Become Premium

Don't want to be a Premium member but still want to support us?

Make a small donation by buying us coffee ($5) or help with server cost ($10)

Donate via Paypal

Or Donate anonymously using crypto!

Ethereum

0xfe58350B80634f60Fa6Dc149a72b4DFbc17D341E copy

Bitcoin

3ATGMxNzCUFzxpMCHL5sWSt4DVtS8UqXpi copy

Thank you for your support!

Follow Us!

:(