Hoxe quero levarvos a un momento moi pouco coñecido do noso pasado para o gran público, a unhas intrigantes estruturas que encheron a Europa do III e II milenio a.C. e como en Galicia se preservou, de xeito único, unha delas ata hoxe.
👇🏻
Acostumados á monumentalidade dos castros, non somos moi conscientes de que a Prehistoria está por todas partes en Galicia. Miles de aldeas invisibles, agachadas baixo os agros, feitas en madeira. Moitas delas atópanse cando se fan as autoestradas.
E moito máis antigas.
Coñecinas en 2010, nunha conferencia da arqueóloga Bea Comendador, que presentou unhas curiosas estruturas atopadas nos últimos anos en Galicia. Cabanas de forma navicular, todas de hai uns catro mil e pico anos. E coa mesma medida: 11x4 metros.
Estas estruturas cuspidiñas entre si aparecían por todo o país. Ás veces tiñan divisións internas, lumes: parecían grandes cabanas residenciais. Chegaban ata a Idade do Bronce.
Bazar, Silleda (exc. Bóveda), Sete Pías, Salnés (exc. Barbeito), O Fuxiño, Piñor (exc. Vidal).
Co tempo foron aparecendo máis destas estruturas, e algunhas con maiores dimensións, chegando aos 20 metros de longo. Pero detrás desas medidas tan precisas e desa forma tan marcada hai un complexo universo cultural que se nos escapa.
Pero esas cabanas tan misteriosas rapidamente se revelaron como o que eran: restos en negativo dun tipo de hábitat frecuente na Europa occidental, sobre todo atlántica: as ‘longhouses’.
Sempre que se nos fala da globalización actual eu escacho da risa.
Na Península constátanse (nestes momentos) sobre todo na zona atlántica galega e na Meseta. Neste estudo céntranse, xa para unha data tardía (Bronce final - Ferro I), en varias da meseta e unha galega.
ugr.es/~arqueologyter…
Pero as ‘longhouses’ galegas son un exemplo de como funciona moitas veces a ciencia: conectando puntos, relendo espazos e reinterpretándoos cos novos coñecementos.
E vouvos contar por que.
En 2012 visitei un lugar alucinante: Adai, preto de Lugo. Alí xuntábanse toda unha serie de curiosos monumentos. Había un dolmen, unha chea de petróglifos, un misterioso recinto circular agachado no bosque (mirade a foto), e outra curiosa estrutura.
Todo aquelo era un misterio.
Ninguén sabía que raio era ese recinto circular, chamado ‘O castrillón’. Os arqueólogos dicían que non parecía, desde logo, un castro convencional. Estaba situado rarísimo, nunha ladeira, e era moi pequeno. Pero non se daba chegado máis alá.
Poucos anos despois comezaron a localizarse moitos recintos similares, e algúns se escavaron e se obtiveron datacións. Son os famosos ‘henges’ ou ‘rodas’ en galego.
Recintos cultuais e/ou funerarios do Bronce. Con paralelos nas Illas Brítánicas.
Aparecen agora como cogumelos.
Pero en 2012 o Castrillón de Adai apenas tiña paralelos. Era un exemplo case aillado!
Hoxe, pendente de que se constate arqueoloxicamente, todo parece indicar que pode ser un destes henges. O cal o fai moi interesante polo que ten ao carón.
Ai, o que ten ao carón.
Agachada de aquela (2012) no bosque, estaba o petróglifo máis grande e enigmático de todos. Unha especie de estrutura navicular, con furados gravados na rocha conectados entre si. No interior, observábase outra estrutura case cadrangular, presidida por outra pía.
Baseándose en paralelos e indicios, os investigadores M. Santos e Marco G. Quintela, que traballaban sobre os espazos sagrados na Idade do Ferro, avanzaron a hipótese de que podía tratarse dalgún santuario do tempo dos castros, pero que procedía mesmo dun tempo anterior.
Pero en 2016, outros investigadores (Pablo Vázquez, Pilar Prieto e Francisco N. Jato) revisaron os datos, consultaron memorias inéditas en Patrimonio que falaban de moitas longhouses escavadas, e procesaron a cerámica.
Si, había centos de anacos de cerámica arredor en Adai.
E aquí apareceu o alucinante. A cerámica era de carácter funerario e cerimonial e remontábase á metade do II milenio a.C., cunha segunda fase no Ferro I.
E este petróglifo era outra cousa: o único negativo en pedra dunha ‘longhouse’ en toda a Península Ibérica.
Un monumento.
Os investigadores dixitalizaron o monumento, recreárono. Decatáronse de que pola súa posición e inclinación non era ‘arquitectura doméstica’. Estaba rodeado de cerámicas especiais, cun henge nas proximidades, labráronse petróglifos na Idade do Ferro.
Durou máis de mil anos.
Parécevos raro? Mirade isto. Este centro cultual e funerario comezou hai máis de mil anos, nunha sociedade totalmente diferente á actual. E seguen as obras.
O traballo foi publicado na revista Gallaecia e é un exemplo de como a investigación científica se está a construír todo o tempo, e que algo tan aparentemente ‘morto’ como o pasado pode mudar grazas ao investimento en ciencia.
academia.edu/31493224/El_pa…
Share this Scrolly Tale with your friends.
A Scrolly Tale is a new way to read Twitter threads with a more visually immersive experience.
Discover more beautiful Scrolly Tales like this.