Manuel Gago Profile picture
Director de @culturagalega, profesor na @UniversidadeUSC, escritor e comisario de exposicións. A miña última novela é Nus (Xerais, marzo de 2021).

Mar 7, 2022, 10 tweets

A primeira poeta (coñecida) en galego apelídase "de Castro", pero non se chama Rosalía! Foi 1 gran dama do Renacemento e demostrou unha técnica poética notable.

E garda un misterio non resolto ata hoxe. Pero misterio, misterio...

Vouvos falar de Isabel de Castro e Andrade.
👇

Isabel era un puro retrato da alta aristocracia europea da época. Ela, da poderosa casa de Lemos, señores da Galicia interior; casou co conde de Altamira, poderoso señor da Galicia oceánica. Pasou longas estadías en Portugal e en Italia que a deberon marcar na súa cultura.

Neses ambientes cultos e cortesáns foi como coñeceu a Alonso de Ercilla, o autor do épico poema La Araucana que narra a conquista de Chile, e unha das grandes obras en español do Renacemento.

Desa amizade naceu o único poema en galego que conservamos de Isabel de Castro.

O poema, impreso tal e como vedes aquí na edición príncipe de La Araucana impresa en Madrid 1589, revela as relacións portuguesas de Isabel de Castro, que era unha boa poeta e... que había menos parvada e prexuízo que hoxe co tema das linguas.

Pero eu prometín un misterio. E vou cumprir.

Un bo misterio, dos de verdade.

Porque de Isabel só conservamos dous poemas: un en castelán e este en galego que vos amosei.

Pero había moitos, moitos máis en galego. Isabel de Castro escribiu un cancioneiro completo, parece ser que moi notable.

De feito, pode que siga existindo.

A noticia (e o despiste) debémosllo ao xornalista e investigador Juan Pérez de Guzmán. Foi el quen localizou, entre os códices da letra M da sala de manuscritos da @BNE_biblioteca un conxunto de sonetos de Isabel. Pero anotou mal a sinatura do manuscrito e xa nunca máis o atopou.

Desde entón, xa ten habido uns cantos investigadores galegos que teñen explorado os fondos da @BNE_biblioteca na procura dese cobizado conxunto poético. Eu mesmo participei unha vez na cacería, deixando os ollos nos manuscritos.

Que eu saiba os outros poemas de Isabel de Castro e Andrade aínda non apareceron. Pode que o fagan, mesmo noutro lugar. Entrementres déixovos cun poema dedicado a ela que xoga con outra chiscadela familiar dos Lemos. O poema eloxioso que lle fixo Juan de Vadillo.

Vese que as Lemos, dous séculos despois da loira Inés de Castro, mantiñan a marca da Casa. 😉

Share this Scrolly Tale with your friends.

A Scrolly Tale is a new way to read Twitter threads with a more visually immersive experience.
Discover more beautiful Scrolly Tales like this.

Keep scrolling