Nunha guerra os exércitos operan de múltiples xeitos.
Na Guerra da Independencia, en xaneiro de 1809, as tropas británicas foron evacuadas de emerxencia na Coruña, nunha situación con moitos paralelos con Dunquerque (1940).
Pero non todos os barcos marcharon.
Os franceses tomaron Galicia cun importante exército de terra. Pero carecían dunha forza naval.
E o mar en Galicia converteuse nun espazo incrible de resistencia e reacción. Con miles de historias incribles.
Vouvos contar unha que se cadra vos resulte familiar para estes días.
O goberno británico deu instruccións para que uns cantos barcos de guerra patrullaran o litoral, obtendo información e apoiando posibles focos de insurxencia.
Barcos como a fragata Endymion, a Loire, o Statira, o Plover, o Lively, Venus...
Vendo a guerra desde a distancia.
A vila de Corcubión fora presionada polos franceses para obter provisións. Coa chegada duns comisionados, decidiron erguerse.
Saíron ao mar á procura dos ingleses e localizaron á Endymion, coa que volveron á ría de Corcubión para alegría xeral.
Pouco despois chegaba a HMS Loire, cun enorme cargamento de armas que foi facilitado á poboación. Viviuse un episodio de entusiasmo colectivo.
Pero os galegos eran bos na guerrilla, pero non tanto no exército.
Recibiron informacións de que os franceses viñan da Coruña e saíron buscalos a Paizás (Vimianzo).
Pero os dragóns viñan de Santiago. Venceron unha columna galega na Ponte Olveira. Corcubión case non tiña defensas. Arrasárona e tamén a Cee.
Mortos, lume. Desfeita.
Os membros da Junta escaparon para Vigo na Endymion mentres que os veciños de Corcubión refuxiábanse nos montes que xa serviran de acubillo outras tantas veces na Historia. Moito do patrimonio das igrexas foi saqueado ou queimado.
Pero non o San Marcos de Corcubión.
Os ornamentos da igrexa de Corcubión e o San Marcos foron gardados na igrexa de San Pedro de Redonda, da outra banda do promontorio da vila.
Pero uns días despois, un grupo de franceses tamén chegou alí.
Pero non contaban co Valente de Redonda.
O Valente de Redonda era un vello corsario. Cando viron chegar os franceses, toda a aldea escapou para o monte. Menos el. El e todas as armas da aldea.
Cargounas a todas e meteuse dentro da igrexa.
Cando os franceses conseguiron abrir a porta da igrexa, o Valente de Redonda disparou a primeira. Deixou seco ao primeiro francés. E logo comezou a disparar o resto.
O grupo de franceses -10- pensou que era unha emboscada e escaparon espantados.
Así se salvou o San Marcos.
Estes días, ao ver os sucesos de Ucraína, non deixo de consultar todos os documentos e libros que teño da Guerra da Independencia en Galicia, esa gran descoñecida.
E, de algún xeito, moito do que vemos está aí. En gran medida sen coñecerse.
Queres que estes días conte algunha historia máis da Guerra da Independencia?
Share this Scrolly Tale with your friends.
A Scrolly Tale is a new way to read Twitter threads with a more visually immersive experience.
Discover more beautiful Scrolly Tales like this.