Manuel Gago Profile picture
Mar 12, 2022 12 tweets 4 min read Read on X
Nunha guerra os exércitos operan de múltiples xeitos.
Na Guerra da Independencia, en xaneiro de 1809, as tropas británicas foron evacuadas de emerxencia na Coruña, nunha situación con moitos paralelos con Dunquerque (1940).
Pero non todos os barcos marcharon. ImageImage
Os franceses tomaron Galicia cun importante exército de terra. Pero carecían dunha forza naval.
E o mar en Galicia converteuse nun espazo incrible de resistencia e reacción. Con miles de historias incribles.
Vouvos contar unha que se cadra vos resulte familiar para estes días. Image
O goberno británico deu instruccións para que uns cantos barcos de guerra patrullaran o litoral, obtendo información e apoiando posibles focos de insurxencia.
Barcos como a fragata Endymion, a Loire, o Statira, o Plover, o Lively, Venus...
Vendo a guerra desde a distancia. ImageImageImage
A vila de Corcubión fora presionada polos franceses para obter provisións. Coa chegada duns comisionados, decidiron erguerse.
Saíron ao mar á procura dos ingleses e localizaron á Endymion, coa que volveron á ría de Corcubión para alegría xeral. Image
Pouco despois chegaba a HMS Loire, cun enorme cargamento de armas que foi facilitado á poboación. Viviuse un episodio de entusiasmo colectivo.
Pero os galegos eran bos na guerrilla, pero non tanto no exército. Image
Recibiron informacións de que os franceses viñan da Coruña e saíron buscalos a Paizás (Vimianzo).
Pero os dragóns viñan de Santiago. Venceron unha columna galega na Ponte Olveira. Corcubión case non tiña defensas. Arrasárona e tamén a Cee.
Mortos, lume. Desfeita.
Os membros da Junta escaparon para Vigo na Endymion mentres que os veciños de Corcubión refuxiábanse nos montes que xa serviran de acubillo outras tantas veces na Historia. Moito do patrimonio das igrexas foi saqueado ou queimado.
Pero non o San Marcos de Corcubión. Image
Os ornamentos da igrexa de Corcubión e o San Marcos foron gardados na igrexa de San Pedro de Redonda, da outra banda do promontorio da vila.
Pero uns días despois, un grupo de franceses tamén chegou alí.
Pero non contaban co Valente de Redonda. Image
O Valente de Redonda era un vello corsario. Cando viron chegar os franceses, toda a aldea escapou para o monte. Menos el. El e todas as armas da aldea.
Cargounas a todas e meteuse dentro da igrexa.
Cando os franceses conseguiron abrir a porta da igrexa, o Valente de Redonda disparou a primeira. Deixou seco ao primeiro francés. E logo comezou a disparar o resto.
O grupo de franceses -10- pensou que era unha emboscada e escaparon espantados.
Así se salvou o San Marcos.
Estes días, ao ver os sucesos de Ucraína, non deixo de consultar todos os documentos e libros que teño da Guerra da Independencia en Galicia, esa gran descoñecida.
E, de algún xeito, moito do que vemos está aí. En gran medida sen coñecerse.
Queres que estes días conte algunha historia máis da Guerra da Independencia?

• • •

Missing some Tweet in this thread? You can try to force a refresh
 

Keep Current with Manuel Gago

Manuel Gago Profile picture

Stay in touch and get notified when new unrolls are available from this author!

Read all threads

This Thread may be Removed Anytime!

PDF

Twitter may remove this content at anytime! Save it as PDF for later use!

Try unrolling a thread yourself!

how to unroll video
  1. Follow @ThreadReaderApp to mention us!

  2. From a Twitter thread mention us with a keyword "unroll"
@threadreaderapp unroll

Practice here first or read more on our help page!

More from @magago

Nov 17
No interior da igrexa de san Miguel de Goiás (Lalín) cóntase unha curiosa historia, na liña do que escribiamos o outro día sobre monumentos prehistóricos, de como reiventamos e adaptamos as historias á nosa cultura.

Entras comigo?
(E con María, a señora das chaves, claro) Image
Ao entrar, os ollos comezan a explorar toda esta información disposta a ser interpretada. Pero a min automaticamente vai a vista para ese arcosolio da dereita, onde xace unha figura.
-E aí quen está enterrado?
-O cura-di María sen máis. Image
Achégome ao sepulcro, miro ao seu interior, apóiome no banco para fotografiar a esta fermosa muller.

-Que aquí está enterrado o cura?
-O cura.
-Pero se aquí unha muller.
-Que non, que é o cura.

🤯 Image
Image
Read 12 tweets
Nov 4
Na igrexa de Meira descansa desde o século XVI esta muller vestida cun hábito modesto. Era a poderosa fidalga María de Bolaño. Pero non son os únicos restos humanos que foron depositados aquí. María repousou cun anaco decisivo da historia de Galicia. Image
O sartego destaca pola súa heráldica, ilustrativa das casas das que descendía, e unha sorprendente estilo de escrita en pedra. Sabemos polo seu testamento que quixo ser enterrada cos seus pais. E á súa cabeceira, hai unha interesante inscrición. Image
Na cabeceira indícase que alí xacen Pedro de Miranda e a súa muller dona Inés. É Pedro de Miranda, o Renegado! O contacto máis estreito cos dramáticos feitos que supuxeron a execución de Pardo de Cela.

*Por favor, algún tipógrafo na sala para recrear para ordenador esta fonte? Image
Image
Read 13 tweets
Jul 29
Hai obxectos que son vectores da historia, testemuñas únicas de momentos críticos, e que portan emocións con eles. En #Pontevedranotempo temos un moi especial: a bandeira da Sociedade de Agricultores de Salcedo. Image
A bandeira é unha encrucillada de sentidos. Por unha banda, permítenos contar a vibrante historia do nacemento do movemento agrarista nas comarcas pontevedras a finais do XIX, e que no propio concello pontevedrés, en parroquias como Salcedo e Lérez tivo moita forza. Image
Fronte a tópicos, o agrarismo -a organización social e política dos agricultores- nace a partir da expansión económica do campo galego, non do atraso: é xente que exportar, que toma consciencia do seu poder e quere influír no seu destino. Image
Read 13 tweets
Jul 10
Curiosear nas fotografías que fixo Thurston Thompson en 1866 da catedral de Santiago e o seu contorno permítenos observar un detalle: como esa data, case a metade do XIX, é MOI antiga. O mundo que vemos aí procede de máis atrás. E nótase en todo tipo de detalles. Image
Primeiro, algo moi curioso. Nesta edición dunha escolma das súas fotos editada en Londres en 1868 observade como a Mateo aínda se lle designa polo seu nome en galego. Cando o pórtico colla gran sona pasará a ser Maestro. Pero aínda non estamos aí. Image
Algunhas fotos permiten achados sorprendentes. Como a presenza da Fons Mirabilis, a mítica fonte medieval dos peregrinos que aparece no Códice Calixtino, situada ao carón da porta do pazo de Xelmírez. Hoxe está no claustro da catedral. Mirade esoutro ángulo. Non é doada de ver!

Image
Image
Image
Read 10 tweets
Jun 5
Este vindeiro domingo celébrase a Ofrenda do Reino de Galicia na catedral de Lugo. Pero non sei se sabes se que alí, vinculado a ese ritual, viviuse un curioso episodio que conecta a monarquía inglesa co reino de Galicia. E que aínda hoxe podemos ver. Image
A principios de maio de 1719 entraron un Lugo un grupo de cabaleiros que viñan de incógnito. O Capitán Xeral do reino de Galicia advertira por carta ao concello e o cabido da chegada dunha personaxe, con nome en clave, o 'cabaleiro de Connock'. Viaxaba cun séquito reducido. Image
O cabaleiro de Connock era o nome en clave de nada menos que Xacobe III de Inglaterra e VII de Escocia, o 'Vello Pretendente'. Viña acompañado de parte do seu Estado maior. Moveuse esa primavera entre varias cidades galegas, na retagarda dunha operación militar. Á espera. Image
Read 13 tweets
May 10
Máis ou menos nestes días, no ano de 1147, o burgo de Faro, logo coñecido como A Coruña, viu aparecer unha flota inmensa. Era os barcos da Segunda Cruzada, que partira do porto inglés de Darmouth uns días antes. Nunha das crónicas deses días temos un dato ben intrigante. Image
Temos dúas crónicas de cruzados que dan conta das súas accións en Galicia e a súa peregrinación á catedral. A fonte máis coñecida é a dun destes guerreiros, Osbernus ou Osborne, que describe a principal acción desa campaña: a conquista de Lisboa en apoio a Afonso Henriques. Image
Pero imos centrarnos na visita a Faro, á Coruña, que describe Osborne. Nela entrecrúzase de xeito moi singular a realidade e a tradición oral. Por exemplo, fala dunha misteriosa ponte de 24 arcos que o mar vai desvelando pouco a pouco. Image
Read 23 tweets

Did Thread Reader help you today?

Support us! We are indie developers!


This site is made by just two indie developers on a laptop doing marketing, support and development! Read more about the story.

Become a Premium Member ($3/month or $30/year) and get exclusive features!

Become Premium

Don't want to be a Premium member but still want to support us?

Make a small donation by buying us coffee ($5) or help with server cost ($10)

Donate via Paypal

Or Donate anonymously using crypto!

Ethereum

0xfe58350B80634f60Fa6Dc149a72b4DFbc17D341E copy

Bitcoin

3ATGMxNzCUFzxpMCHL5sWSt4DVtS8UqXpi copy

Thank you for your support!

Follow Us!

:(