My Authors
Read all threads
Logo da enquisa na que votastes maioritariamente por un fío específico adicado á figura de VICENTE RISCO, velaquí o tedes 👇🏻
A importancia da figura de Vicente Risco atopámola na expresión que durante moito tempo se utilizou para denominar á xeración Nós, como xeración Risco. E efectivamenteRisco foi o motor intelectual do primeiro nacionalismo, da xercaión Nós e promotor da revista Nós 👇🏻
Twitter resulta un medio de todo inapropiado para tratar coa profundidade que se merece un autor e pensador da complexidade de Vicente Risco, victima da incomprensión de quen quere analizar a súa obra, ben sen coñecela ou ben descontextualizada. Tentarémolo aínda así 👇🏻
Risco nace na centrica e ourensá Rúa da Paz en 1884, veciño de Otero Pedrayo e de Xocas, fillo dunha familia de clase media alta formaríse no campo do dereito e posteriormente no da filosofía. Adicou a súa vida profesional á docencia no eido da historia e da filosofía. 👇🏻
Risco atravesa até os anos 20 unha etapa de desacougo intelectual que o leva a un interese polo exótico e o lonxano. Busca superar a crise cultural e social de occidente nun estudio e reflexión de marcada impronta orientalista, individualista e antisocial. 👇🏻
Tanto Risco coma o seus compañeiros, os que se chamaban "irmaos" entre si experimentan un crecente interese polo país e polo propio a partir dos anos 20. Espírito que o intelectual ourensán recolle maxistralmente no seu artigo "Nós os inadaptados" 👇🏻
Será a partires desta etapa que Risco se convertirá no indubidable teórico do movemento galeguista do seu tempo, sentando as bases teóricas para o nacionalismo galego, na súa obra: "Teoría do nacionalismo galego". 👇🏻
Os anos 20 serán de intensa actividade política, científica, literaria...etc para o intelectual ourensán. Risco ocupará a dirección literaria da revista Nós, xunto a Castelao que desempregará a dirección artística. Facendo da publicación a cerna do cenáculo intelectual de Nós.👇🏻
Compre subliñar que no grupo Nós non existían xerarquías, nen rangos. Os membros de Nós, eran "irmaos" como de facto se denominaban, unha verdadeira aportación de individualidades na tarefa común de darlle uns cimentos ao país 👇🏻
Será esta a etapa na que Risco participa primeiro das Irmandades da Fala e despois da Irmandade Nacionalista Galega. A el tenselle acusado de culturalista e de rexeitar a vía política, nada máis lonxe da realidade. Risco é o autor máis prolifico políticamente falando de Nós 👇🏻
A súa Teoría do Nacionalismo Galego é un texto xenuinamente liberal e nacionalista, influido pola doutrina do presidente Wilson. Nel propugna que Galicia ten dereito a participar na construcción da Europa das nacións en pé de igualdade co resto. 👇🏻
Chegada a república Risco participa xunto a Otero Pedrayo na creación do Partido Nazonalista Republicán de Ourense, que acaba sendo un dos elementos fundacionais do Partido Galeguista.👇🏻
Home que se recoñecía persoalmente heterodoxo excepto no relixioso, vaise tornando crítico co anticlericalismo e o laicismo da República, ao igual que outros como o propio Otero, Filgueira, Cabanillas, Manuel Beiras...etc
Isto profuce unha mudanza nas sús posicións. 👇🏻
Coma todos os intelectuais católicos Risco endurece o seu anticomunismo, aínda que segue a ser totalmente inimigo dos fascismos aos que considera incompatibles co nacionalismo e o catolicismo, pois opoñense frontalmente a tradición e apoianse no Estado fronte á Nación.
A diferenza entre nación e estado son centrais en Risco. Así mesmo durante esta etapa manten as sús conviccións a prol da democracia directa e a economía libre. Defendendo o coperativismo labrego e non sendo especialmente crítico co socialismo no eido industrial. 👇🏻
Risco exalta no Mitteleuropa as virtudes da política do democristiano Zentrum, rezeitando en todo momento os totalitarismos de calquera signo. Non podemos dicir pois que Risco evoluira cara o fascismo. Nen foi fascista, nen abandoou as sús conviccións galeguistas.👇🏻
No concepto de nación que teoriza cobra unha especial importancia a Terra e o sentimento espiritual que o galego ten cara ela, igualmente concede un gran protagonismo aos mariñeiros e especialmente aos labregos, aos que considera gardians das esencias espirituais da nación.
Tamén se lle ten acusado de racista, cando sinxelamente se limita a utilizar unha categoria de uso habitual na etnografía e nas ciencias sociais do momento. En ningún momento Risco afirma a centralidade da raza como factor determinante da nacionalidade o cal lle concede a Terra👇🏻
De Risco quédanos tamén a súa laboura como cientista social na recopilación e análise de datos etnolóxicos, históricos e sociolóxicos do pobo galego. Considerando que lingua, pobo, costumes, paisaxe...etc son elementos edificantes da nación galega. 👇🏻
Non é menos certo que Risco escíndese do PG xunto a outros compañeiros xa citados na Dereita Galeguista e posteriormente apoia o golpe do 1936 froito das sús fondas conviccións católicas. 👇🏻
Pero tamén é de xustiza lembrar que pasa os anos da dictadura baixo a atenta mirada da xustiza franquista que o acusa até en dúas veces de "separatista", sen demasiados medios económicos e arredado no seu fogar que se converte nunha verdadeira escola para os mozos.👇🏻
Risco continuará sendo un galeguista convencido até os seus últimos días, como teñen lembrado Arturo Lezcano ou o propio @xmBEIRAS, victima como o que máis da represión e do silencio imposto pola dictadura. Pero alentando o intelecto e os animos dos mozos galeguistas.👇🏻
Home fundamental para comprender o nacionalismo, o século XX galego e a a Galicia de hoxe. Segue sendo un gran descoñecido para boa parte dos galegos. Do que coñecemos máis rumeros que feitos. E que sen dúbida merecerá novos fíos coma este
Risco falece no seu Ourense natal o 30 de abril de 1963, deixando tras de si unha inxente obra intelectual, literaria, científica e tamén política. Adicóuselle o día das letras galegas de 1981. #VicenteRisco #AnoNós
Missing some Tweet in this thread? You can try to force a refresh.

Keep Current with Serxio María 🛰🇪🇺

Profile picture

Stay in touch and get notified when new unrolls are available from this author!

Read all threads

This Thread may be Removed Anytime!

Twitter may remove this content at anytime, convert it as a PDF, save and print for later use!

Try unrolling a thread yourself!

how to unroll video

1) Follow Thread Reader App on Twitter so you can easily mention us!

2) Go to a Twitter thread (series of Tweets by the same owner) and mention us with a keyword "unroll" @threadreaderapp unroll

You can practice here first or read more on our help page!

Follow Us on Twitter!

Did Thread Reader help you today?

Support us! We are indie developers!


This site is made by just two indie developers on a laptop doing marketing, support and development! Read more about the story.

Become a Premium Member ($3.00/month or $30.00/year) and get exclusive features!

Become Premium

Too expensive? Make a small donation by buying us coffee ($5) or help with server cost ($10)

Donate via Paypal Become our Patreon

Thank you for your support!