TVG Profile picture
19 Feb, 36 tweets, 24 min read
🐗🧵Este mes faleceu Ángel Izquierdo, un pioneiro da animación en España. Entre os seus moitos traballos, foi o codirector de #OsVixilantesDoCamiño, a serie do Xabarín. Hoxe non podiamos menos que homenaxealo neste #Xabafío. Así que comezamos 👇crtvg.gal/infantil/progr…
👁‍🗨 William Hanna dicía que Ángel Izquierdo fora o animador máis novo en traballar para os estudios Hanna-Barbera, porque Ángel con só quince anos xa estaba traballando nas súas series 👶
👵 Hanna-Barbera non era unha señora que facía debuxos, senón dous señores que tiñan un dos estudios de animación máis importantes dos anos 60. Os Picapedra, o oso Yogui, Os Supersónicos, Don Gato… Todas son series deles e Ángel traballou nelas 🤯
📽️🖌️ Ángel non saíu de España para traballar para os EUA, había unha produtora de animación chamada Filman que traía o traballo para aquí e alí comezou no oficio. Aínda que antes xa se dedicaba a facer pequenas animacións para os vídeos caseiros en Super-8 da súa familia 👨‍👩‍👦‍👦
🗓️⏳ Nos anos 80 traballa en 'Katy a eiruga' e despois monta xunto a Antonio Zurera a produtora Milímetros. Ángel e Antonio xa levaban traballando xuntos desde a época de Hanna-Barbera 🥰
‼️❌ Peeeero, cando estaban comezando coa empresa, chámanos da produtora Gaumont para ir traballar a París na película 'Astérix e a sorpresa do César'. Nun principio para tres meses, e xa quedaron alí cinco anos 😅 #AquenNonLlePasou 🤷
Despois doutra película de Astérix e de máis cousas, volveron a Madrid para seguir con Milímetros, onde o primeiro traballo foi para 'Astérix en América', e a partir de aí xa seguiron coa empresa, facendo todo tipo de traballos. Pero como chegaron a facer #OsVixilantesDoCamiño?🤔
🗓️⏳ Viaxemos ata o 1997. Neste ano déronse tres factores xuntos en plan conxunción astral que permitiron a creación da primeira serie de debuxos animados do #XabarínClub 🐗
🛰️📡 Por unha banda, naquela época estaba empezando a implantación das plataformas de televisión por satélite. E había dúas plataformas: Canal Satélite e Vía Digital. E a guerra entre ambas foi moi dura 😰
📡🛰️ Non eran plataformas coma as de agora. Todo ía por descodificadores que tiñas que ter na casa, xunto a unha antena parabólica para poder recibir o sinal 📺
📺📡 A TVG era parte de Vía Digital e buscaba contidos que emitir para todo o mundo. E o #XabarínClub 🐗 era unha das marcas máis potentes que tiña daquela 💪
👁‍🗨 Por outro lado, a Miguelanxo Prado chamárono de Amblin Entertainment, a produtora de Steven Spielberg, para facer o deseño de personaxes e a dirección de estilo da serie de debuxos animados de #MenInBlack 😎
🎨🖌️ Miguelanxo di que os tres meses que estivo alí traballando na primeira temporada foron un máster de animación verdadeiramente incrible, e isto había que aproveitalo 🤔
👁‍🗨 E o terceiro punto que se debe resaltar era que se aproximaba un Xacobeo, e podía haber financiamento para promovelo a través dunha serie do #XabarínClub 🐗
🤲 Todo xunto acabou por dar en #OsVixilantesDoCamiño 💙
👁‍🗨🗓️ No principio do programa as animacións do programa corrían a cargo de Animandus, pero non tiña capacidade para facer unha serie de animación completa, así que empezaron a buscar alternativas 🤔
🎬✏️ Querían un estudio que non atomizase a produción da serie, porque se non podían perder o control facilmente. E non había moitas opcións onde escoller, basicamente tres 🤨
1⃣🎬 Unha era D'Ocón Films, que coñeceredes maioritariamente polos Fruitis 🌵🍌
Outra opción era BRB International, creadores de 'D'Artacán e os 3 Mosqueperros', 'David o Gnomo' ou 'A volta ao mundo de Willy Fog'
3⃣🎬 E a terceira era unha empresa Barcelonesa chamada Cromosoma, que facía a serie 'Las Tres Mellizas', pero que non tiña capacidade para facer máis ca esa serie nese momento ☹️
😓 E neses momentos en que estaban dubidando a onde ir, @panchocasal da produtora #Continental, díxolles que estaba facendo unha campaña para a @DGTes cunha empresa de Madrid chamada Milímetros e que estaba moi contento, e alá foron falar con eles para ver que tal 🤷
💘😍 E o frechazo foi instantáneo! @susoiglesias222 destacaba o tremendo oficio que tiñan Ángel e Antonio. E Miguelanxo sorprendíase da seguridade que desprendían ao traballar 😊
🎨🖌️ Para Miguelanxo, o cambio con respecto a #MenInBlack foi tremendo, porque nos EUA había un equipo dunhas 100 persoas só para a preprodución, antes de mandar todo a animar á China e ao Xapón. Ademais, o traballo alá estaba moi departamentalizado 🤖
🤔💭 Conta que un día, polas présas, non lle daba chegado un deseño dun aparello que ían usar na serie e fíxoo el rapidamente para poder marchar para a casa, e a rifa que recibiu ao día seguinte fora monumental 😓
👁‍🗨 Unha das cousas que trouxo #OsVixilantesDoCamiño foi o redeseño do Xabarín. Isto foi porque a primeira versión era moito máis difícil de animar. Un dos maiores problemas era o de ter as orellas pegadas á cabeza 👂
🐗📺 E tamén, a nova cabeceira do programa, que a fixeron con Milímetros e coa versión dos #YellowPixoliñas interpretada por @Pablonovoamusic e @nicopastoriza 👉
🏙️🏡 A idea para a serie era xuntar o rural e o urbano de Galicia, algo que xa funcionaba nos videoclips. E tamén querían mandar unha mensaxe de respecto á natureza, un pouco influenciados polo do atol de Mururoa, como se pode ver nestes primeiros sketches de Miguelanxo Prado 👇
👁‍🗨💣 Mururoa era un atol da Polinesia francesa en que se facían ensaios nucleares. Estivera moitos anos sen probas, ata que en 1995 o goberno galo decidiu volver retomalos, algo que non sentou ben ao resto do mundo 🤬
📝 Para o guión da serie estaban @susoiglesias222 e Miguelanxo Prado, ademais de @tuiteame, ao que coñeceredes como o inspector Tomé, xunto a Santiago Romero e @andymahia, un dos @zopilotetv, creadores anos máis tarde de @eravistotv 😍
👁‍🗨🖌️ Levar a cabo a serie foi un traballo de dous anos aproximandamente. Só en animar cada capítulo tardábase arredor dun mes, tendo un equipo dunhas sesenta persoas 😮
🎸🎶 E para a música da serie, estivo @juliansiniestro, ademais de Mariano Lozano ou o Mestre Reverendo, pero da música falamos outro día, que isto está a quedar máis longo que a emisión de @luartvg 😅
🐗 #OsVixilantesDoCamiño tivo trece capítulos en total, que podedes ver en xabarin.gal ou na #XabaApp. E moveuse polo mundo, hai unha versión dobrada ao inglés e chegou a emitirse nalgúns países de Oriente Medio 🤯crtvg.gal/infantil/progr…
🏆🏅 Despois de #VixilantesDoCamiño, a carreira de Ángel Izquiero seguiu crecendo, traballou en series como 'Agallas, el perro cobarde', 'Sabrina', 'Sonic'. E no 2002 gañou o Goya a mellor película de animación con 'Dragon Hill' 🤩
✏️💭 Miguelanxo Prado lembra que Ángel sempre dicía que debuxaba mal, pero que para el os seus debuxos tiñan unha expresividade incrible 🥰
💔 E Ángel, que dicía que non quería xubilarse porque estaba encantado de seguir traballando, marchou o pasado día 5 por culpa do coronavirus. Mandámoslle dende aquí unha aperta moi grande a Elena, a súa muller, e aos seus fillos, Laura e Alberto 💗
🐗🧵 E ata aquí o #Xabafío desta semana. Agardamos que vos gustase esta pequena homenaxe e vémonos dentro de dous venres con máis historias da intrahistoria do #XabarínClub 😊

• • •

Missing some Tweet in this thread? You can try to force a refresh
 

Keep Current with TVG

TVG Profile picture

Stay in touch and get notified when new unrolls are available from this author!

Read all threads

This Thread may be Removed Anytime!

PDF

Twitter may remove this content at anytime! Save it as PDF for later use!

Try unrolling a thread yourself!

how to unroll video
  1. Follow @ThreadReaderApp to mention us!

  2. From a Twitter thread mention us with a keyword "unroll"
@threadreaderapp unroll

Practice here first or read more on our help page!

Did Thread Reader help you today?

Support us! We are indie developers!


This site is made by just two indie developers on a laptop doing marketing, support and development! Read more about the story.

Become a Premium Member ($3/month or $30/year) and get exclusive features!

Become Premium

Too expensive? Make a small donation by buying us coffee ($5) or help with server cost ($10)

Donate via Paypal Become our Patreon

Thank you for your support!

Follow Us on Twitter!