Hai un mes, a estas horas, o tempo parou de súpeto: unha chamada telefónica, o tipo de chamada que non queres recibir cambiou calquera normalidade da miña vida.
Hoxe, apenas un mes despois, só podo dar as grazas. Voume explicar un pouco. Desculpade.
Acostumamos a ler novas coma esta no xornal.
farodevigo.es/comarcas/2021/…
Non van con nós. Aquel día foi comigo: unha das persoas accidentadas era o meu pai.
Os feitos, tal coma el conta, non foron exactamente así. Pero foron. E tralo golpe quedou atrapado polas pernas no coche.
Namentras eu só podía viaxar para estar preto da familia, na curva da #Formiga de #Redondela comezaba a loita para que o dano fose o menor.
Os primeiros que se achegaron a el, atenderon e acougaron foron os propios veciños do lugar. Son os primeiros a quen quixera dicir GRAZAS.
De seguida, a @PLRedondela e a @guardiacivil de #Porriño e #ProtecciónCivil de #Redondela chegaron para axudar, igual que os #bombeiros de #Vigo que o excarcelaron e #Emerxencias061 que o trasladaron na ambulancia ó @HospitalPovisa.
A todos eles, GRAZAS.
facebook.com/10662447126741… Image
Ingresou de urxencia esa madrugada. Cando cheguei xa tiñamos un diagnóstico inicial: "só" rompera as dúas pernas. "Só".
Porque tras un accidente fronto-lateral causado por un vehículo que circulaba en sentido contrario e perdeu o control, tendo meu pai 80 anos, o que puido ser!
Pasou tres veces polo quirófano nas tres semanas que estivo na habitación #521 do @HospitalPovisa e a única secuela que se prevé que lle quede, aparte de algunha peza nova nas pernas, é un nocello bloqueado.
A evolución foi tan positiva que xa leva máis dunha semana na casa.
Eu preciso dar as GRAZAS ó persoal que nos atendeu no @HospitalPovisa: médicos, enfermeiras, camareiras, auxiliares, persoal de limpeza...
GRAZAS é pouco, moi pouco: fixestes moi fácil un momento moi difícil para nós.
(Lamentablemente tampouco foron días fáciles para vós. 😔💪)
É admirable ver (de seguro que non foi unha excepción para con nós) como todas (maiormente mulleres) nos trataban, coidaban, preocupaban con empatía, cariño, delicadeza... e co ano de pandemia que levan!
GRAZAS, GRAZAS E GRAZAS.
Confío que o @HospitalPovisa saiba o que valedes.
Non quero alongarme. No fondo, é un tema persoal que pouco interesará. As emocións, aínda que xa hai trinta días de distancia, seguen na pel e de cando en cando aínda "se mete algo neste ollo que..."
Estamos na fase intermedia, asentando o corpo para a rehabilitación. E vai ben.
En fin: non sabemos o grandes que son os servizos públicos que temos, o profesionais que son, o que se implican, o que chegan a facer.
Por máis que o digamos ou o escoitemos non o sabemos.
Pois que non sexa tarde para cando os precisemos e non deixemos que nolos desmonten.
O dito: GRAZAS, GRAZAS E GRAZAS.
Non sei doutra palabra para describir o que sinto por todos e cada un dos que, dun xeito ou doutro, apoisastes.
Teño a "teoría do castelo de naipes" para estes casos e sodes moitos os que estivestes e estades aí nestes días.
Repito: GRAZAS!
E coma dixen no primeiro chío deste fío, desculpádeme, pero precisaba facer público este sentimento. Tiña, dalgún xeito, que dicilo, tiña que compartilo, que sacalo. 🤷‍♂️

E tiña, dalgún xeito, que amosar outra vez o meu apoio á defensa dos servizos públicos: non podemos perdelos.

• • •

Missing some Tweet in this thread? You can try to force a refresh
 

Keep Current with Pepe Ancosmede

Pepe Ancosmede Profile picture

Stay in touch and get notified when new unrolls are available from this author!

Read all threads

This Thread may be Removed Anytime!

PDF

Twitter may remove this content at anytime! Save it as PDF for later use!

Try unrolling a thread yourself!

how to unroll video
  1. Follow @ThreadReaderApp to mention us!

  2. From a Twitter thread mention us with a keyword "unroll"
@threadreaderapp unroll

Practice here first or read more on our help page!

More from @estePepin

17 Dec 17
Cosas que uno hace los domingos por la mañana: actualizar los costes de mano de obra de convenio que usa en los presupuestos de sus proyectos.
Y asombrarse con los resultados. Por ejemplo: 22,51 €/h en la tabla del 2016 a 20,22 €/h en la tabla recién aprobada de 2017.
Esto, traducido a los costes de los proyectos/obras, viene significando que para esta mano de obra sectorial concreta hemos estado trabajando (estimando y pagando) este año de 2017 con un sobrecoste (casi diría "sobregasto") en la mano de obra de un 12%. Aproximadamente.
Otra conclusión es que la constante acusación de la asociación de profesionales (¿eufemismo?) del sector y del sindicato de trabajadores (¿eufemismo?) "mayoritario" de que estábamos "tirando los precios" era, como siempre se dijo, rotundamente falsa. Pero el daño ya está hecho.
Read 11 tweets

Did Thread Reader help you today?

Support us! We are indie developers!


This site is made by just two indie developers on a laptop doing marketing, support and development! Read more about the story.

Become a Premium Member ($3/month or $30/year) and get exclusive features!

Become Premium

Too expensive? Make a small donation by buying us coffee ($5) or help with server cost ($10)

Donate via Paypal Become our Patreon

Thank you for your support!

Follow Us on Twitter!

:(