Kinocube Profile picture
Jul 22, 2021 6 tweets 4 min read Read on X
En #Kinocube cremos que a #animación non lle ten nada que envexar ó #cinema de acción real. De cando en cando xorden obras mestras como as de @CartoonSaloon. Se non tivéchedes ocasión de velas, dádelles unha oportunidade. A animación 2D aínda ten moito que dicir! 👇👇
The Secret of Kells ( @tommmoore , 2007) é unha marabilla visual e narrativamente. O relato conta a historia do Libro de Kells enmarcado na cultura e na mitoloxía irlandesa.
A liberdade creativa que emana este estudo fai que cobren vida as miniaturas mediavais nun estilo único de animación en dúas dimensións.
A seguinte aposta fílmica de Cartoon Saloon foi Song of the Sea (Tomm More, 2014), outra pequena marabilla que evoca o salitre e o son das ondas do mar. Unha historia de perda e descubrimento arredor da figura mitolóxica do #Selkie.
A máis recente (agardamos que non sexa a derradeira!) é Wolfwakers (Tomm Moore e @RossStewartArt, 2020), unha historia de amizade, de amor e aceptación na Irlanda colonizada por Cromwell.
Non deixedes de velas se vos gusta a animación de calidade, e apoiade sempre que poidades a estudos como @CartoonSaloon!

• • •

Missing some Tweet in this thread? You can try to force a refresh
 

Keep Current with Kinocube

Kinocube Profile picture

Stay in touch and get notified when new unrolls are available from this author!

Read all threads

This Thread may be Removed Anytime!

PDF

Twitter may remove this content at anytime! Save it as PDF for later use!

Try unrolling a thread yourself!

how to unroll video
  1. Follow @ThreadReaderApp to mention us!

  2. From a Twitter thread mention us with a keyword "unroll"
@threadreaderapp unroll

Practice here first or read more on our help page!

More from @KinocubeCinema

Dec 5, 2022
En novembro de 2022 comezou a circular pola rede o último grande descubrimento cinematográfico: atopárase un filme de 1973 producido por Scorsese que se cría perdido: Goncharov.

Queredes saber todos os detalles desta historia?
Entón, seguídenos o fío... 👇

📎Gif de @holl_horse
Os primeiros que tiveron a sorte de ver o filme emitiron o seu xuízo: tratábase dunha obra mestra, cecais a mellor historia de gangsters nunca contada, dirixida por un director case descoñecido ao acubillo de Scorsese.

📎 Imaxe propiedade de sweetdollface.tumblr.com Image
Xa coñecemos a súa importante labor como produtor e dinamizador de grandes carreiras cinematográficas das marxes, así que non nos estraña nada a nova... Scorsese, super noviño, no ...
Read 54 tweets
Sep 13, 2022
Morreu Jean-Luc Godard (1930-1922) e nós aquí dubidamos de se poñer algúns fotogramas dos seus mellores filmes ou a imaxe de Agnès Varda chamándoo "pelello de can" por non querer recibila na súa casa🤷
Separamos o autor da obra? Honramos a súa irreverencia? Rexeitamos as súas pretensións?

Como nota, a primeira curta que gravou a que aquí escribe foi inspirada en À bout de souffle (1960). Image
Para ser xustos, poñamos entón as dúas.

Read 6 tweets
Aug 15, 2022
Se sodes tan frikis do cinema coma nós, non podedes perdervos #Ennio, de Giuseppe Tornatore. Até o xoves, podes vela en @numaxcoop!

A nós encantounos ❤️

Por iso quixemos facer unha lista de filmes para revisar antes de ver a película. (E así evitar spoilers!)

Acción! 🎬 Image
🎞️Il federale (Luciano Salce, 1961)

O primeiro filme para o que Morricone compuxo a banda sonora. Image
🎞️Per un pugno di dollari (Sergio Leone, 1964)
🎞️Per qualche dollaro in più (Sergio Leone, 1965)
🎞️Il buono, il brutto, il cattivo (Sergio Leone, 1967)

A obrigada triloxía do dólar, que renovou a maneira de musicar filmes para sempre. O berro do coiote! 🦊 ImageImageImage
Read 23 tweets
Jun 28, 2022
#Kinocube está de vacacións esta semana, mais non por iso deixamos de celebrar o #Orgullo

Queriamos centrarnos, por esta vez, na visibilidade bisexual no cinema. Atopámonos cun baleiro longo e unha manchea de problemas 😅

Explicámonos👇 (e si, tamén recomendacións de pelis!)
O baleiro é até máis ou menos 1960, cando chega a modernidade ao cinema, o amor libre, a revolución sexual... até ese momento, nós non atopamos exemplos de personaxes bisexuais no cinema.

Eh, non quere dicir que non haxa, senón que non os atopamos. Se sabedes dalgún, avisade!👇
A partir de 1960, chegan os ✨problemas✨. Para comezar, o estigma da bisexualidade de sempre: que bisexualidade e promiscuidade van da man. Nos anos 90 é especialmente chocante a cantidade de mulleres obxecto catalogadas como bisexuais no cinema 👇
Read 19 tweets
Jun 16, 2022
Veña, vai. Falemos entón de actores.

Aquí tamén podemos engadir algunhas cousiñas. Encántanos que engadiran a Sidney Poitier! 😍 (Aínda que vexo que nalgúns comentarios ao chío orixinal non o consideran á altura. Nós non somos desa opinión) 👇 Image
Antes de nada, ocórrensenos un lote de actores non-canonicamente-guapos-nin-novos de grande fama e talento na Idade Dourada: Emil Jannings, Lon Chaney, Charles Laughton, Wallace Beery, Peter Lorre, John Carradine...

Como diciamos onte, o nesgo non lles afecta igual.👇 Lon ChaneyWallace BeeryCharles LaughtonPeter Lorre
Dito isto, empezemos coa lista! 👇
Read 12 tweets
Jun 14, 2022
Hmmm aí hai moito talento, si. O orde pouco importa, máis...

...podemos engadir algunha máis, non si?

*Dado que o tuit orixinal considera o cinema silente dentro da Idade Dourada de Hollywood, nós tamén o consideraremos así.

Dentro fío!
Anna May Wong/Wong Liu-tsong (1905-1961)

🎞️Shanghai Express (Josef von Sternberg)

Foi a primeira muller asiática en protagonizar un filme en Hollywood. Foi capaz de transcender os roles estereotípicos que o cinema clásico lle reservaba. Image
Joséphine Baker (1906-1975)

🎞️Zouzou (Marc Allégret, 1934)

As "primeiras veces" que protagonizou esta actriz multidisciplinar non caben nun só tuit. A miúdo sexualizada polo exótico, non quitou que fora unha muller independente e de firmes ideais. Image
Read 12 tweets

Did Thread Reader help you today?

Support us! We are indie developers!


This site is made by just two indie developers on a laptop doing marketing, support and development! Read more about the story.

Become a Premium Member ($3/month or $30/year) and get exclusive features!

Become Premium

Don't want to be a Premium member but still want to support us?

Make a small donation by buying us coffee ($5) or help with server cost ($10)

Donate via Paypal

Or Donate anonymously using crypto!

Ethereum

0xfe58350B80634f60Fa6Dc149a72b4DFbc17D341E copy

Bitcoin

3ATGMxNzCUFzxpMCHL5sWSt4DVtS8UqXpi copy

Thank you for your support!

Follow Us!

:(