En 1804 Lucas Labrada, un ilustrado de orixes modestas, publicou unha obra decisiva para coñecer a Galicia do século XVIII. Era a 'Descripción Económica do Reino de Galicia'. Labrada, seguidor de Adam Smith, escribiu unha obra monumental chea de mensaxes para o futuro. 👇
Este home, que traballou de porteiro do Consulado da Coruña, intercalaba citas clásicas que resumían o espírito do que procuraba. Hoxe só vou mencionarvos dúas. Unha nesta mesma portada, que é toda unha declaración de principios:
"O [fortunatos, nimium,] sua si bona norint"
É unha cita famosísima das Xeórxicas de Virxilio, que quere dicir: "Que felices serían os labregos se coñeceran canta sorte teñen!". Labrada defendía a unificación da tenencia da terra e do seu cultivo, a racionalización e mellor explotación dos recursos agrícolas.
Pero hai outra cita que revela como vían o seu pasado os galegos e como algúns crian no seu futuro. Esta fermosa estampa abre a Descripción Económica. É unha alegoría que toda ela está chea de simboloxía.
Foi realizada por Cosme de Acuña, un talentoso e moi descoñecido pintor coruñés que tivo unha vida de película da que outro día teremos que falar. Aquí tedes un retrato del e dunha das súas obras.
A escena preséntanos en primeiro plano 1 alegoría do Consulado da Coruña, o organismo que publicou a Descripción. Está Mercurio, deus do comercio, Neptuno e no centro a Torre. A reforma do faro fixérase uns anos antes (Labrada traballara nela) e xa era como a coñecemos hoxe.
Pero Labrada e Acuña escolleron manter a torre antiga co seu fanal e unha cabeza de Xerión moi detallada. Así reforzaban o seu vínculo cunha antigüidade clásica que é moi importante. O pasado sempre presente no futuro. E agora fixádevos noutra cousa.
Os dous deuses están sentados ao abeiro dun gran monumento que vemos ben o que representa: é o Reino de Galicia. Velaí está o seu escudo, o lema do Misterio. Non hai volta de folla. Pero hai outro símbolo, clave nesta historia, non tan habitual.
O propio monumento é un faro, como a Torre de Hércules, xusto na ribeira do Océano. E unha pira arde na zona superior, cun paxaro xurdindo do lume. A inscrición danos a clave para interpretar a escena: "Tam Quam Foenix Vita Eius".
'Tamquam phoenix vita eius'.
Non son latinista, pero a tradución podería ser algo así como "A súa vida é coma un fénix". A ave mítica e inmortal que ciclicamente renace de novo das súas cinzas.
Iso era Galicia para Lucas Labrada e moitos da súa xeración.
• • •
Missing some Tweet in this thread? You can try to
force a refresh
No interior da igrexa de san Miguel de Goiás (Lalín) cóntase unha curiosa historia, na liña do que escribiamos o outro día sobre monumentos prehistóricos, de como reiventamos e adaptamos as historias á nosa cultura.
Entras comigo?
(E con María, a señora das chaves, claro)
Ao entrar, os ollos comezan a explorar toda esta información disposta a ser interpretada. Pero a min automaticamente vai a vista para ese arcosolio da dereita, onde xace unha figura.
-E aí quen está enterrado?
-O cura-di María sen máis.
Achégome ao sepulcro, miro ao seu interior, apóiome no banco para fotografiar a esta fermosa muller.
-Que aquí está enterrado o cura?
-O cura.
-Pero se aquí unha muller.
-Que non, que é o cura.
Na igrexa de Meira descansa desde o século XVI esta muller vestida cun hábito modesto. Era a poderosa fidalga María de Bolaño. Pero non son os únicos restos humanos que foron depositados aquí. María repousou cun anaco decisivo da historia de Galicia.
O sartego destaca pola súa heráldica, ilustrativa das casas das que descendía, e unha sorprendente estilo de escrita en pedra. Sabemos polo seu testamento que quixo ser enterrada cos seus pais. E á súa cabeceira, hai unha interesante inscrición.
Na cabeceira indícase que alí xacen Pedro de Miranda e a súa muller dona Inés. É Pedro de Miranda, o Renegado! O contacto máis estreito cos dramáticos feitos que supuxeron a execución de Pardo de Cela.
*Por favor, algún tipógrafo na sala para recrear para ordenador esta fonte?
Hai obxectos que son vectores da historia, testemuñas únicas de momentos críticos, e que portan emocións con eles. En #Pontevedranotempo temos un moi especial: a bandeira da Sociedade de Agricultores de Salcedo.
A bandeira é unha encrucillada de sentidos. Por unha banda, permítenos contar a vibrante historia do nacemento do movemento agrarista nas comarcas pontevedras a finais do XIX, e que no propio concello pontevedrés, en parroquias como Salcedo e Lérez tivo moita forza.
Fronte a tópicos, o agrarismo -a organización social e política dos agricultores- nace a partir da expansión económica do campo galego, non do atraso: é xente que exportar, que toma consciencia do seu poder e quere influír no seu destino.
Curiosear nas fotografías que fixo Thurston Thompson en 1866 da catedral de Santiago e o seu contorno permítenos observar un detalle: como esa data, case a metade do XIX, é MOI antiga. O mundo que vemos aí procede de máis atrás. E nótase en todo tipo de detalles.
Primeiro, algo moi curioso. Nesta edición dunha escolma das súas fotos editada en Londres en 1868 observade como a Mateo aínda se lle designa polo seu nome en galego. Cando o pórtico colla gran sona pasará a ser Maestro. Pero aínda non estamos aí.
Algunhas fotos permiten achados sorprendentes. Como a presenza da Fons Mirabilis, a mítica fonte medieval dos peregrinos que aparece no Códice Calixtino, situada ao carón da porta do pazo de Xelmírez. Hoxe está no claustro da catedral. Mirade esoutro ángulo. Non é doada de ver!
Este vindeiro domingo celébrase a Ofrenda do Reino de Galicia na catedral de Lugo. Pero non sei se sabes se que alí, vinculado a ese ritual, viviuse un curioso episodio que conecta a monarquía inglesa co reino de Galicia. E que aínda hoxe podemos ver.
A principios de maio de 1719 entraron un Lugo un grupo de cabaleiros que viñan de incógnito. O Capitán Xeral do reino de Galicia advertira por carta ao concello e o cabido da chegada dunha personaxe, con nome en clave, o 'cabaleiro de Connock'. Viaxaba cun séquito reducido.
O cabaleiro de Connock era o nome en clave de nada menos que Xacobe III de Inglaterra e VII de Escocia, o 'Vello Pretendente'. Viña acompañado de parte do seu Estado maior. Moveuse esa primavera entre varias cidades galegas, na retagarda dunha operación militar. Á espera.
Máis ou menos nestes días, no ano de 1147, o burgo de Faro, logo coñecido como A Coruña, viu aparecer unha flota inmensa. Era os barcos da Segunda Cruzada, que partira do porto inglés de Darmouth uns días antes. Nunha das crónicas deses días temos un dato ben intrigante.
Temos dúas crónicas de cruzados que dan conta das súas accións en Galicia e a súa peregrinación á catedral. A fonte máis coñecida é a dun destes guerreiros, Osbernus ou Osborne, que describe a principal acción desa campaña: a conquista de Lisboa en apoio a Afonso Henriques.
Pero imos centrarnos na visita a Faro, á Coruña, que describe Osborne. Nela entrecrúzase de xeito moi singular a realidade e a tradición oral. Por exemplo, fala dunha misteriosa ponte de 24 arcos que o mar vai desvelando pouco a pouco.