Chámase mar de ardora. Este verán creou un gran espectáculo polas noites. Neste caso, quizais sexa causada por unha microalga denominada Noctiluca scintillans. O seu nome é realmente moi comercial, xa o di todo, é @Lilestak?
No horizonte destaca outra luz. Neste caso é un barco que se perde no horizonte.
Tomade esa terraplanistas!!
Pero, á súa dereita, albiscamos unha mancha escura. Misterio abraiante: un anaco de terra sen farolas.
Que sorte de milagre é esa?
Pois a illa de Ons, que por algo pertence ao parque nacional das illas atlánticas. @ConcellodeBueu @MardeOns
Despois xa unha algueirada.
A costa norte da ría de Pontevedra coa sucesión de vilas turísticas como Portonovo, @concello_sxx dándolle as costas a un recurso turístico e cultural como a observación da noite escura.
Máis preto do faro, as luces de Donón parecen competir co mar de Ardora. Afortunadamente, gaña o segundo. Curioso, sabedes por que? Vai despois. Aquí preto, no monte Facho atopouse restos dun santuario na honra de Berobreo, deus da morte. (Foto: wiki) @patrimoniogal@apatrigal
O conto?
Parece que Donón procede do deus celta Donn. E Donn é o deus do escuro.
O DEUS DO ESCURO; veña a meterlle na noite esas luces de colorinchos. Haberá que animar aos veciños a facer unha romaría na honra de Donn... apagando as luces.
Se vos gustou o conto, sobra dicilo pero: rechiade o primeiro chío e comentade ou pregunta. Sempre está ben saber que hai alguén á outra beira ☺️
Xeografía, patrimonio, bioloxía, mitoloxía, lendas, reivindicación... e astronomía. Temas que aparecen nunha soa imaxe de #CeosGalegos22. E as que faltan: outras 14 imaxes por comentar.
Concurso imaxes #NEOWISE? Hoxe sorteo de premios entre os votantes na web. Ás 21:00 horas transmitiremos en directo por twitter. O mecanismo será o seguinte:
- cada voto emitido ten un número único #ID, do 5281 ao 6185
- emitíronse 905 votos (persoas que votaron varias imaxes)
- eliminamos 56 votos por non cumprir regras (usuarios sen correo ou mensaxe de correo devolto por servidor cando fixemos comprobación)
- usaremos a web generarnumerosaleatorios.com transmitindo en directo (duración estimada 1 min)
- escolleremos 20 números, 5 primeiros: premiados
- 15 seguintes, reservas:
--se algún dos primeiros corresponde a mesmo usuario
-- se é un número de voto non válido
-- se o premiado non confirma o premio cando enviemos correo electrónico
- temos listaxe que relaciona votos e usuarios.
A listaxe está nas mans de @efervesciencia