Manuel Gago Profile picture
Oct 9 17 tweets 5 min read
Vouvos contar unha curiosa historia de resiliencia toponímica. De cando a algúns bispos foráneos se lles deu por cambiar nomes de parroquias galegas que non lles soaban ben e a cousa funcionou...a medias! 👇
Foi Antón Palacio quen se deu conta de que en Galicia había un certo número de topónimos de parroquias chamadas Os Ánxeles. Non 'anxos'.
Por exemplo, Sta. María dos Ánxeles (Melide), Sta. María dos Ánxeles (Brión), San Mamede dos Ánxeles (Oroso) ou San Mamede dos Anxos (Lugo).
O punto curioso é que todas estas parroquias tiñan outra denominación na Idade Media!
-Santa María de Malos (Melide)
-Santa María de Perros (Brión)
-San Mamede de Canes (Oroso)
-San Mamede de Cucos (Lugo)

Xa vedes por onde vai a cousa, non?
O interesante é que Palacio foi capaz de atopar un patrón. Os nomes mudaban na documentación na mesma época, cambiando o topónimo 'chungo' por Ángeles.
-Sta. María de Malos (Melide) - 1573
-Santa María de Perros (Brión) - 1574
-San Mamede de Canes (Oroso) - 1579
Que pasaba aquí?
Pois pasou o Concilio de Trento e a Contrarreforma (rematou en 1563). Palacio cre que detrás deste cambio está a man do arcebispo compostelán Gaspar de Zúñiga y Avellaneda, estremeño. Castelánfalante, habíanlle parecer topónimos indignos.
Aínda que en galego... pois non o foran!
O tema está estendidísimo, a pouco que un rañe ao redor. Por exemplo, Santa María de Loimil (A Estrada). Aquí tedes un documento de 1115 no que a raíña Urraca lle doa dúas parroquias chamadas Rio Malo á catedral de Santiago. Pois ben: sabemos que son Santa María de Loimil.
Que acontecía? É a consecuencia bruta dun desencontro lingüístico. Topónimos que non tiñan connotacións negativas para os galegos si os tiñan para estes gobernantes foráneos que descoñecían o idioma ou que se sentían con forza para transformar antiquísimas denominacións.
Pero aconteceu algo sorprendente.
Porque todo poder é, por definición, limitado.
Os prelados cambiaron o nome das parroquias, si.
O que podían controlar.
Pero non foron quen de cambiar o nome dos lugares.
A xente seguiu aferrada á antiga toponimia.
En Loimil, a carón da igrexa, mantense aínda hoxe o lugar de Ríomao, a antiquísima denominación da parroquia e o desaparecido mosteiro de San Salvador.
En Oroso, en San Mamede dos Ánxeles, sobrevive a aldea de Cas, lembranza do antigo San Mamede de Canes.
En Brión, atopamos tamén o vello lugar de Perros que conserva a antiga denominación medieval de Santa María de Perros, na actual parroquia de Os Ánxeles.
E en San Mamede dos Anxos (Lugo), aínda atopamos o Vilar de Cucos, que lembra cando a xente desta parroquia levaba alas e andaba cantando polos piñeirais. 😉
Case cincocentos anos despois, a toponimia preserva a traza do delicto perpretrado desde a prepotencia e a incomprensión cultural. 1 historia abraiante que ten un bonito epílogo.
Volvemos a Loimil (A Estrada), chamada Río Malo na Idade Media. E deixémonos levar polo río abaixo.
O río Mao, aínda hoxe chamado así, abandona Loimil, cruza Oca (alí o canón é precioso) e entra na parroquia de San Martiño de Riobó. E alí atópase co regueiro de Barcia. E prodúcese a maxia. Nese punto de encontro, o río Mao pasa a se converter, literalmente, en río Bo.
Fun verificar se a parroquia de S. Martiño de Riobó tíñanos tamén algún segredo agochado na súa denominación. Pero NON. Xa era así na Idade Media! Os veciños rebautizaron o río ao pasar pola súa parroquia. E chamarlle ao loimilés río Malo polo nome de Bo creo que non foi casual.
Non quero nin pensar no que debían ser as festas desas parroquias entre Malos e Bos.

Que teñades boa noite!
Por certo, o @karloskvar escribu tamén un artigo sobre estes Cans da Contrarreforma.

pgl.gal/os-cans-da-con…

• • •

Missing some Tweet in this thread? You can try to force a refresh
 

Keep Current with Manuel Gago

Manuel Gago Profile picture

Stay in touch and get notified when new unrolls are available from this author!

Read all threads

This Thread may be Removed Anytime!

PDF

Twitter may remove this content at anytime! Save it as PDF for later use!

Try unrolling a thread yourself!

how to unroll video
  1. Follow @ThreadReaderApp to mention us!

  2. From a Twitter thread mention us with a keyword "unroll"
@threadreaderapp unroll

Practice here first or read more on our help page!

More from @magago

Oct 7
Hai 12 anos, Manolo da Veiguiña levounos ata as ruínas de San Miguel de Couselo (Cuntis), un mosteiro desaparecido que os monxes historiadores de principios do XVII dicían que era dos máis antigos de Galicia. Hoxe é un bosque.
Manolo contounos unha lenda. Image
Manolo sinalaba onde estaría a igrexa:
-Pouco antes do mencer, aí entre as árbores aparecía unha flor. A flor abría só durante ese momento, e logo volvía pechar todo o día. Os de Couselo que subían traballar víana sempre. A flor marcaba onde estaba soterrado un corpo santo. Image
Hoxe vin no Códice Rico da Biblioteca Real esta miniatura correspondente á cantiga 56: "Esta é como Santa María fez nacer as cinco rósas na boca do monge depós sa mórte, polos cinco salmos que dizía a honrra das cinco lêteras que há no séu nome".
cantigasdesantamaria.com/csm/56 Image
Read 4 tweets
Sep 19
Sóavos este ritual en Galicia?

Por qué se informó a las abejas de Isabel II de la muerte de la reina | Cultura | EL PAÍS elpais.com/cultura/2022-0…
E non, non é o do 'abellón'. 😂 É incrible como unha práctica da que a única documentación é unha poesía de Alfredo Brañas e un refrán parco que se di en Cambados calou tanto na xente.
Refírome ao acto específico de comunicar a morte de alguén da casa ás abellas.
Read 8 tweets
Sep 18
Agachada no medio dun bosque de As Laxas (Boborás) atópase o Penedo da Gafa. Un acubillo de evocadora beleza do que se conserva unha memoria que é ao tempo estarrecedora e un símbolo dos coidados e da solidariedade do vello mundo rural.
👇
Gafa é un termo galego para leprosa. E esa é a historia. Alí vivía confinada unha muller con lepra, excluída da sociedade. Cunha campá avisaba da súa presenza.
Pero non estaba soa. A comunidade non a abandonou. Organizadas en quendas, cada casa leváballe o xantar cada semana.
As muradas do abrigo non parecen moi antigas, pero son parte da antiquísima tradición ourensá de mudar os bolos graníticos en arquitectura. A pedra convértese tamén en partes da historia. Nesa coviña con follas cabo da entrada dicíase que a Gafa puña as cuncas de caldo.
Read 4 tweets
Sep 5
O outro día, de camiño ao castro de San Cosmede de Cusanca (O Irixo), na estreita pista apareceunos un letreiro singular.

"Altar de sacrificios".

"Para a esquerda!", viramos sen pensalo máis. 👇
Sabía a que se referían.

Era unha foto antiga, de 1917. Levaba anos mirándoa, buscando onde a tiraran. Preguntando. Sen resposta.

Púxena en moitas conferencias sobre divulgación do patrimonio.

Tiña que ser a pedra desa foto!
Esta era a foto. Un grupo ben xerarquizado. Un cura novo e outro señor no centro. Sherpas á dereita, aldeáns atrás. E a moura do penedo e un señor que pasaba por alí á esquerda.

Tiña que ser isto. Esta pedra cómelle a cabeza a calquera para pensala como altar de sacrificios.
Read 27 tweets
Sep 2
Hai 2700 anos, os habitantes do Castro de Penalba construíron murallas e terrazas para que a súa fortaleza fose vista desde todo o val de Campo Lameiro.

Logo, alí ergueuse a ermida a Santo Antonio coa mesma idea.

E hoxe, invisibilizamos todo nun PARQUE FORESTAL. Image
No alto do castro, está o espectacular petróglifo da Pedra da Serpe, marcando coa súa cabeza o castelo de Cosoirado.

Pero XA NON.

Un carballo e uns piñeiros impiden que a luz incida sobre o petróglifo.

O acceso ao petróglifo acaba de ser restaurado pero ninguén pensou niso. ImageImage
Aquí unha comparación entre a actualidade e como estaba o petróglifo hai uns anos, coa luz incidindo nel.

Vouvos dicir un segredo:

OS CARBALLOS PÓDENSE CORTAR TAMÉN. NON VAS NECESARIAMENTE AO INFERNO

(A veces si). ImageImage
Read 5 tweets
Aug 29
Cando lin por primeira vez O Señor dos Aneis moi impresionado fiquei cunha historia: a de que os elfos marchaban da Terra Media desde os Portos Grises.
Por que?
Porque eu escoitara o mesmo no Barbanza.
“Antes había moita outra xente distinta. Pero todos marcharon polo mar”.
👇🏻 Image
Do mesmo xeito que as especies biolóxicas se reducen, o mesmo pasa no imaxinario. As razas míticas extínguense ano tras ano. Ata o punto de que moita xente pensa que os únicos seres das nosas lendas son os mouros e a Moura.

Verdade, @AtlanticaBeira?
Foi Emilia Pardo Bazán e os seus nos que primeiro lin, no século XIX, como había razas míticas de Galicia que estaban partindo. Esa xente comezou a tentar recoller historias desas razas antes de que desapareceran da memoria.

Se cadra sempre, sempre estean partindo esas razas. Image
Read 25 tweets

Did Thread Reader help you today?

Support us! We are indie developers!


This site is made by just two indie developers on a laptop doing marketing, support and development! Read more about the story.

Become a Premium Member ($3/month or $30/year) and get exclusive features!

Become Premium

Don't want to be a Premium member but still want to support us?

Make a small donation by buying us coffee ($5) or help with server cost ($10)

Donate via Paypal

Or Donate anonymously using crypto!

Ethereum

0xfe58350B80634f60Fa6Dc149a72b4DFbc17D341E copy

Bitcoin

3ATGMxNzCUFzxpMCHL5sWSt4DVtS8UqXpi copy

Thank you for your support!

Follow Us on Twitter!

:(