How to get URL link on X (Twitter) App
2/ Aquí chegaron nobres de alta alcurnia gaélica, xaora, mais tamén (e sobre todo) xentes do común, expulsas dun país incendiado e sen capacidade de subsistiren fóra da eventual protección que os seus señores lles puidesen proporcionar.
2/ Porque, se fose necesario, as andanzas do santo por esta illa chantada en pleno Mar da Irlanda poderían moi facilmente reconstruírse con retallos do foclore asociado a algúns dos nosos santos galegos. Non me credes? Atendede, atendede!
Galician Christmas log 🔥https://twitter.com/AtlanticaBeira/status/1604184655665799169?t=AKeDt8Re3BtyGAS4Qega8w&s=19
2/9 É así que explica a etimoloxía popular a orixe de dous topónimos quirogueses: Bendollo e Bendilló. As etimoloxías populares (que a miúdo son máis eruditas do que parece) son pezas lingüísticas e antropolóxicas preciosas. Mais, escuso dicir, a orixe destes topónimos é outra.
Mais lembremos o episodio que me interesa neste caso, incluído na Primeira Rama dos Mabinogion.
2/11 Porque aínda que os galegos ficamos coa patente, durante moito tempo (e por diversos motivos), os vascos foron os habitantes da cornixa cantábrica preferidos polos irlandeses á hora de identificaren os seus devanceiros remotos.
A "banshee" mal precisa de apresentacións: é o espírito feminino que agoira o inminente pasamento dunha persoa. Xeralmente cada clan ou familia gaélica (e non só) contaba cunha "banshee" de seu, encargada de anunciar a morte dos seus membros xeración após xeración.
Podemos comezar polos máis obvios, vinculados co mito de Míl Spáine e a conquista de Irlanda polos netos de #Breogán. Mais nen todos os míticos milesianos chegaron a pór o pé na cobizada illa, senón que naufragaron e afogaron antes de o facer.
https://twitter.com/AtlanticaBeira/status/14888895856272384042/5 Porque o que probabelmente poidamos considerar o primeiro "spin off" do "Ulysses" saíu do maxín de Vicente Risco: referímonos ao relato "Dedalus en Compostela", que viu a luz nas páxinas da revista "Nós" (onde se non!) en 1929.
A lenda é antiga e xa tivo outros protagonistas (en textos altomedievais é San Columba quen aparece como artífice do milagre). A primeira mención a San Patricio erradicando as cobras aparece na Topographia Hibernica, de Giraldus Cambrensis, un texto redixido por volta de 1188.
Son poucos os "imramma" conservadas, embora un deles acabase por se tornar un dos best sellers da literatura europea medieval: a famosísima "Nauigatio Sancti Brendani", ou Navegación de San Brandán.
A historia comeza na batalla de Elvinha, conhecida no mundo anglófono como "The Battle of Coruna", que decorreu tal día coma onte (16 de xaneiro) de 1809 e na cal perdeu a vida o xeneral escocés Sir John Moore.