persoa, muller galega , nai, feminista, nacionalista, INQUISIDORA DA ESQUERDA e historiadora da arte no seu máis amplo contexto. Estou Até a CONA!
Jan 14, 2022 • 7 tweets • 2 min read
Co que me quedo de pasar a covid:
Grazas a vacina está a ser coma unha gripe levadeira (aínda que onte tocaba a terceira dose)
Meu fillo só me contaxiou a min de todas as persoas coas que estivo en contacto (está vacinado)
O meu compañeiro coa pauta completa non se contaxiou
Todo leva sido Auto: autodiagnóstico, autoconfinamento, autocoidado.
Agradecemento a tódalas persoas que me ofreceron axuda nestes días, que son moitas , polo que é unha mostra máis da grande sorte que tenho.
A cantidade de cartos que levamos gastado en tests..
Jan 14, 2022 • 6 tweets • 2 min read
Define tranquilade cunha imaxe:
Eu con covid na cama e relaxándome mirando para eles.
Nov 11, 2021 • 16 tweets • 4 min read
Hoxe é día de San Martiño, patrón de Ourense, día do magosto, a grande festa das castañas, chourizo, viño novo e licor café, no monte . Mostra de como a igrexa acapara para si toda as festa pagás.
Apetece un fío sobre a súa evolución.
Orixe do magosto
O magosto é unha festa pagá con elementos celtas que máis adiante se cristianizaron. Os elementos que máis destacan son o lume e as castañas. Coincidindo co final do verán, relacionábase coa fertilidade e fecundación da terra para as seguintes colleitas.
Jan 9, 2020 • 24 tweets • 7 min read
Vou comezar por explicar a orixe da cidade de Ourense da #BelaAuria, baseándome no libro de Xosé Somoza, explicado dun xeito sinxelo e didáctico
Cando chegaron os romanos á comarca ourensá, esta xa estaba habitada. As boas condicións naturais da contorna eran aproveitadas por poboadores autóctonos antes do século I d.C. De feito, o vestixio máis antigo é unha biface do Paleolítico atopada no Barrio do Couto.