#samain alert! 🚨 🎃☠️💙👾
Queres xerionear no Samaín? Aproveita a ponte para crear o teu disfrace. #Freexerion polas rúas da #coruña!
Vai o #tutorial paso a paso para facer a túa máscara e camisola/sudadoiro.
A rapazada vai flipar!
#DIY #fainotimesma #xerion
#streetart
1. Imos coa máscara. Vas precisar:
- cartón. Se das cun branco non precisaras de pintura branca para a máscara.
- lapis e regla
- pintura branca e negra (ou un rotu)
- pincel ou brocha pequena
- cutter
- punzón ou obxeto puntiagudo (agulla calceta…)
- goma elástica negra
2. O cartón (recicla-reemprega-retorna!) debe ser resistente, (os de doble piso son ideais) e hai que recortalo para que mida 28 cm x 24 cm.
3. Trazar sobor o carton o esquema da caveira do Xerión con lapis. É ben sinxelo, cada cadrado mide 4 cm.
4. A curtar! É máis máis doado facelo cun cuter. Recurtar a esquinas, un cadrado nas superiores, catro nas inferiores (2x2)
5. Sombrea co lapis os ollos e o naris para que sirvan referencia para os seguintes pasos. Xa vai parecendo o #Xerión!
6. Tempo de facer os buratiños por onde pasará o elástico que sosterá a máscara. Van nas esquinas inferiores dos ollos. Cousa fina!
7. E seguindo con buracos, os dos nosos ollos, polos que veremos. Calcula que irán nos cadrados entre ollos e naris, pero máis perto do naris.
Podes facer a proba noutro trozo de cartón para ver cal é a distancia entre os teus ollos.
8. Imos a pintar! Nos escomezamos polos ollos, con rotu negro, mais pode ter máis sentido pintar toda a capa branca e logo tapar os negros de boca e ollos. Tanto ten, freestyle!
9. Podes marcar os liñas co cu da brocha ou otro punta roma para ter o efecto pixel unha vez todo estea pintado
10. Tempo de pintar! Calquer pintura que teñas por casa servirá. Un acrílico ou témpera ben funcionarán
11. Unha vez seca a pintura, podes pasar a goma por baixo dos ollos; non se verá porque é negra coma eles.
12. Non podemos esquecer o naris! Compre cortar so os lados e a parte de abaixo, deixando a superior a funcionar como bisagra
13. E velai o está, a máscara do #Xerión!
#handmade #DIY #fainatimesmo
No seguinte chío comezamos coa roupa!
A. Imos coa prenda. Vas precisar:
-camisola ou suadoiro negra (é sen cremalleira no peto)
-pataca de polo menos 5-6 cm de ancho.
-coitelo
-pintura branca (mellor se é para téxtil)
-pincel ou brocha para repasar
-regra
-trapo
-prato chan
B. Estende ben a prenda nunha mesa amplia, será o lenzo para as canelas en pixel do #Xerión.
C. Marca cun lapis como referencia o centro, onde irá o cadrado central do deseño, ten en conta que para enriba terás 10 cm (2 cadrados e medio), máis a distancia que quedas deixar o pescozo, e para abaixo otros dez cm (2 cadrados e medio)
D. Te en conta que para que o o conxunto do disfrace quede ben, as tibias deben ir moi pegadas ao pescozo.
E. Compre meter un cartón dentro da camisola para que a pintura non manche as costas da prenda #briconsello
F. Curta a pataca polo medio. Recosta a parte cortada en faille catro cortes para deixala como un dado de 4 cm de lado, o que miden os “pixeles”. Secaa ben sobor un trapo ou papel de cociña
G. Estende ben a pintura branca no prato. Colle a pataca coma se fose un tampón e molla a parte cadrada e plana na pintura. Xa podes comezar a estampar na camiseta! É mellor inciar o proceso polo cadrado do medio
H. Segue a marcar os restantes cadrados seguendo a forma do #Xerión. Se ves que algún quedou pouco marcado, podes remarcarlo cun pincel ou brocha.
I. E xa esta! Como.... trabucamos!!! 🤦♀️
Que máis ten, quedou caralluda!
E xa está listo o disfrace para o #Xamain 😜 Arrrrrrrepiante! A cantos xerións veremos libres polas rúas? Comparte este fío!
💙☠️🎃
#Samaín #Halloween
#freexerion #xerion
#fainotimesma #DIY #streetart
unroll @threadreaderapp
Share this Scrolly Tale with your friends.
A Scrolly Tale is a new way to read Twitter threads with a more visually immersive experience.
Discover more beautiful Scrolly Tales like this.