Quedan 6 días para #Samaín! 🎃 Qué vos parece se enfiamos unhas cantas recomendacións arrepiantes para desfrutar da conta atrás?
Tentaremos non falar das pelis de sempre, e buscalas dentro ou fóra do xénero #terror.
Comeza #KinocubeArrepiante 👇👇👇
#KinocubeArrepiante 26/10/21
Little shop of Horrors (Roger Corman, 1960) 🌿
Falamos da orixinal, non da versión musical do 86.
Unha marabilla que mestura #horror e #comedia fertilizada cunhas personaxes únicas e un nivel de humor absurdo moi 🔝
#KinocubeArrepiante 27/10/21
What we do in the shadows (Jemaine Clement e Taika Waititi, 2014)
Un dos mellores mockumentaries (ou falsos documentais) do recente. Moita sangue, moito humor, con toda a visceralidade dun reality show.
#KinocubeArrepiante 29/10/21
ハウス (Hausu, Nobuhiko Obayashi, 1977)
Unha aposta lisérxica e sobrenatural sobre o arquetipo da casa encantada.
#KinocubeArrepiante 30/10/21
The Ghost and Mrs. Muir (Joseph L. Mankiewicz, 1947)
Antes de celebrar o terror e do arrepío, o Samaín estivo máis relacionado coa homenaxe aos defuntos... hai moitas historias de pantasmas mais quedámonos con este romance clásico de ultratumba 🤍
#KinocubeArrepiante 31/10/21
The Addams Family (Barry Sonnenfeld, 1991)
Non, estas reinterpretacions da serie orixinal de 1964 non teñen nada que ver con Tim Burton 😉
Continúa...👇
#KinocubeArrepiante 31/10/21
Addams Family Values (Barry Sonnenfeld, 1993)
Os Addams, nados da pluma de Charles Addams en 1938, son unha das representacións máis certeiras e completas do espírito do #Samaín, #Halloween, #Defuntos ou #DíaDasBruxas.
Non vos perdades este martes o noso especial de #Samaín! 👻
Share this Scrolly Tale with your friends.
A Scrolly Tale is a new way to read Twitter threads with a more visually immersive experience.
Discover more beautiful Scrolly Tales like this.