📽️#Kinocube participará nos faladoiros dos #Oscars do Cinema Lobeira os vindeiro 23 e 30 de marzo!
Que vos parece se imos quentando motores repasando algúns dos filmes nominados nesta edición? 😉
Comezamos cos nominados a mellor filme! 👇
🎞️Nightmare Alley (Guillermo del Toro, 2021)
Non é un remake do filme de Edmund Goulding, senón unha volta ao material orixinal cunha reinterpretación dos arquetipos do #filmnoir 🕵️
#NightmareAlley
🎞️Don't look up (Adam McKay, 2021)
Unha sátira afiada sobre a nova era da desinformación, tan cómica como desesperanzadora. ☄️
#DontLookUp
🎞️Dune (Denis Villeneuve, 2021)
A primeira parte da nova translación da novela #scifi de Frank Herbert. Area, política, profecía e olladas intensas.
#Dune
🎞️Drive my car /ドライブ・マイ・カー (Ryūsuke Hamaguchi, 2021)
Baseada nun relato curto de #HarukiMurakami e das máis laureadas pola crítica. 🚗
#DriveMyCar
🎞️Belfast (Kenneth Branagh, 2021)
Filme autobiográfico que narra a infancia de Branagh durante os disturbios dos anos 60 en Irlanda do Norte, baixo a sombra da emigración.
#Belfast
🎞️Licorice Pizza (P. T. Anderson, 2021)
Un deses filmes de "anacos de vida" arredor da improbable parella que conforman Alana e Gary no L. A. dos anos 70.
#LicoricePizza
🎞️The Power of the Dog (Jane Campion, 2021)
Baseado nunha novela de Thomas Savage, o filme resulta unha fábula #western sobre as masculinidades tóxicas. 🐎
#ThePowerOfTheDog
🎞️West Side Story (Steven Spielberg, 2021)
Spielberg estréase no musical cun remake da orixinal de 1961.
#WestSideStory
🎞️King Richard (Reinaldo Marcus Green, 2021)
Biografía de Richard Williams, pai das tenistas Venus e Serena Williams.
#KingRichard
🎞️CODA (Sian Heder, 2021)
Remake do film francés La Famille Bélier (Éric Lartigau, 2014) sobre unha familia de persoas xordas no que só unha rapaza, Ruby, pode ouvir.
#CODA
Share this Scrolly Tale with your friends.
A Scrolly Tale is a new way to read Twitter threads with a more visually immersive experience.
Discover more beautiful Scrolly Tales like this.