Kinocube Profile picture
Bitácora de reflexión sobre cinema.

Mar 23, 2022, 6 tweets

Continuamos hoxe con outro fío de filmes nominados este ano nos #Oscars !

Imos repasar as longametraxes animadas. Dentro fío! 👇

🎞️Encanto (Charise Castro, Byron Howard, Jared Bush, 2021)

A nova aposta de Disney polo seu tour cultural arredor do mundo recala na Colombia do realismo máxico cun conflito familiar no clan dos Madrigal. 🦋

#Encanto

🎞️Flee (Jonas Poher Rasmussen, 2021)

De absoluta actualidade, o relato da vida dun refuxiado a través da lente do documental e mais da animación.

#Flee

🎞️Luca (Enrico Casarosa, 2021)

Pixar tráenos desta vez un filme coming-of-age con criaturas mariñas, vespas e pasta. 🌊

#Luca

🎞️The Mitchells vs. The Machines (Michael Rianda, 2021)

Unha familia un chisco disfuncional enfróntase á rebelión das máquinas. O título xa o di todo, salvo a frescura da animación e as contínuas referencias á modernidade dixital.

#TheMitchellsVsTheMachines

🎞️Raya and the Last Dragon (Carlos López Estrada, Don Hall, 2021)

Unha "princesa Disney" guerreira, máis achegada a Xena que a Brancaneves. Un achegamento -pode que superficial- ao sureste Asiático.

#RayaAndTheLastDragon

Share this Scrolly Tale with your friends.

A Scrolly Tale is a new way to read Twitter threads with a more visually immersive experience.
Discover more beautiful Scrolly Tales like this.

Keep scrolling