Imos dar as boas vindas á semana cun tema no cal só agora reparei: o feixe de topónimos cuxa etimoloxía se relaciona na tradición mítica irlandesa con personaxes epónimos procedentes da Península Ibérica, e en concreto de #Galiza.
Dá para un pequeno 🧵 e alá vou con el...
Podemos comezar polos máis obvios, vinculados co mito de Míl Spáine e a conquista de Irlanda polos netos de #Breogán. Mais nen todos os míticos milesianos chegaron a pór o pé na cobizada illa, senón que naufragaron e afogaron antes de o facer.
Foi o caso de Donn, cuxa embarcación seica afundiu nas inmediacións do espectacular
promontorio hoxe chamado Tech Duinn ( = 'a casa de Donn'). Donn tornouse un deus da morte, hospedeiro das almas dos defuntos. Daí as palabras que se lle atribúen: "Á miña morada todos han vir".
Outro tanto aconteceu con Scéine, muller do célebre bardo Amergin. A baía en que afogou tomou dela o nome (Inber Scéne), e segundo a tradición o seu corpo foi soterrado onde hoxe se erguen os fermosos megálitos de Eightercua, no condado de #Kerry.
Por falar en Amergin, sabedes que prometeu á deusa Eriu dar o seu nome á illa se esta axudaba os milesianos a vencer os Tuatha Dé Dánann. Pois ben, Eriu foi soterrada en #Uisneach, baixo a Pedra das Divisións (ou Pedra do Gato), na cal conflúen todas as provincias da Irlanda.
E lembremos que a península de Béara, no SO de Irlanda, seica tomou o nome dunha princesa de Castela (sic) que Eoghan, príncipe de #Munster, levou canda el desde o Faro de Brigantia. Dise que a rapaza foi soterrada en Ballard Commons, onde foi colocada unha placa na súa memoria.
A esta historia en concreto dediqueille un pequeno fío hai uns meses, agora que me lembro 😅
E máis nada, que algún fica no tinteiro mais haberá que deixar algo para a fin de semana que vén. Dádelle duro á semana, que promete vir chuviosa e atlántica! 😀
Share this Scrolly Tale with your friends.
A Scrolly Tale is a new way to read Twitter threads with a more visually immersive experience.
Discover more beautiful Scrolly Tales like this.