Beira Atlántica Profile picture
Nov 13, 2022 8 tweets 5 min read Read on X
Imos dar as boas vindas á semana cun tema no cal só agora reparei: o feixe de topónimos cuxa etimoloxía se relaciona na tradición mítica irlandesa con personaxes epónimos procedentes da Península Ibérica, e en concreto de #Galiza.
Dá para un pequeno 🧵 e alá vou con el...
Podemos comezar polos máis obvios, vinculados co mito de Míl Spáine e a conquista de Irlanda polos netos de #Breogán. Mais nen todos os míticos milesianos chegaron a pór o pé na cobizada illa, senón que naufragaron e afogaron antes de o facer. Curiosa representación de Míl Spáine (ou Milesius) polo a
Foi o caso de Donn, cuxa embarcación seica afundiu nas inmediacións do espectacular
promontorio hoxe chamado Tech Duinn ( = 'a casa de Donn'). Donn tornouse un deus da morte, hospedeiro das almas dos defuntos. Daí as palabras que se lle atribúen: "Á miña morada todos han vir".
Outro tanto aconteceu con Scéine, muller do célebre bardo Amergin. A baía en que afogou tomou dela o nome (Inber Scéne), e segundo a tradición o seu corpo foi soterrado onde hoxe se erguen os fermosos megálitos de Eightercua, no condado de #Kerry.
Por falar en Amergin, sabedes que prometeu á deusa Eriu dar o seu nome á illa se esta axudaba os milesianos a vencer os Tuatha Dé Dánann. Pois ben, Eriu foi soterrada en #Uisneach, baixo a Pedra das Divisións (ou Pedra do Gato), na cal conflúen todas as provincias da Irlanda.
E lembremos que a península de Béara, no SO de Irlanda, seica tomou o nome dunha princesa de Castela (sic) que Eoghan, príncipe de #Munster, levou canda el desde o Faro de Brigantia. Dise que a rapaza foi soterrada en Ballard Commons, onde foi colocada unha placa na súa memoria.
A esta historia en concreto dediqueille un pequeno fío hai uns meses, agora que me lembro 😅
E máis nada, que algún fica no tinteiro mais haberá que deixar algo para a fin de semana que vén. Dádelle duro á semana, que promete vir chuviosa e atlántica! 😀

• • •

Missing some Tweet in this thread? You can try to force a refresh
 

Keep Current with Beira Atlántica

Beira Atlántica Profile picture

Stay in touch and get notified when new unrolls are available from this author!

Read all threads

This Thread may be Removed Anytime!

PDF

Twitter may remove this content at anytime! Save it as PDF for later use!

Try unrolling a thread yourself!

how to unroll video
  1. Follow @ThreadReaderApp to mention us!

  2. From a Twitter thread mention us with a keyword "unroll"
@threadreaderapp unroll

Practice here first or read more on our help page!

More from @AtlanticaBeira

May 19
1/ Mencionar San Patricio evoca automaticamente Irlanda, mais a presenza do santo tamén se deixa sentir no imaxinario doutros lugares próximos e culturalmente afíns. Sen ir máis lonxe, na Illa de Man. E até aló imos no cabalo do pensamento (nunca mellor dito, xa veredes por que). Image
2/ Porque, se fose necesario, as andanzas do santo por esta illa chantada en pleno Mar da Irlanda poderían moi facilmente reconstruírse con retallos do foclore asociado a algúns dos nosos santos galegos. Non me credes? Atendede, atendede! Ilustración de Peter Jackson representando a pregación de San Patricio en Irlanda.
3/ Por exemplo, son moitos os relatos en que o cabalo branco en que santos como o Apóstolo Santiago ou San Pedro (e mesmo o heroe Roldán, nalgún caso) dá un chimpo descomunal e deixa a pegada da súa ferradura na rocha ou penedo en que aterra. O Apóstolo Santiago nunha ilustración do Tombo B da Catedral de Santiago.
Read 14 tweets
Dec 10, 2023
#Christmas is just around the corner 🌠 How about a little thread with some traditions, characters and customs of Christmas in #Galicia? 🧵 Image
Read 13 tweets
Nov 10, 2023
1/9 Un home de Quiroga posuía un galo, o máis lindo e cantador da comarca. Pasou un arrieiro maragato e díxolle de comprarllo. O home, dubidando, berroulle a seu irmán (que vivía na aldea do lado):
–Ai, meu irmao, véndollo?
E o irmán respondeu:
–Víndello ho, víndello! Image
2/9 É así que explica a etimoloxía popular a orixe de dous topónimos quirogueses: Bendollo e Bendilló. As etimoloxías populares (que a miúdo son máis eruditas do que parece) son pezas lingüísticas e antropolóxicas preciosas. Mais, escuso dicir, a orixe destes topónimos é outra.
3/9 Entramos no terreo das conxecturas, claro, mais incluso as conxecturas poden estar máis ou menos fundadas. No caso de "Bendollo", é posíbel estarmos perante un topónimo prerromano cuxa terminación remonta ao céltico *okelo 'promontorio, punta', 'fortaleza' (por extensión). Image
Read 10 tweets
Sep 9, 2023
Rhiannon é, sen dúbida, unha das personaxes máis emblemáticas dos Mabinogion e, por tanto, do folclore galés (e céltico, en xeral).
A súa figura, e as historias que protagoniza, foron obxecto de numerosas interpretacións. E algunhas delas parecen conectala con lendas de noso 👇 Image
Mais lembremos o episodio que me interesa neste caso, incluído na Primeira Rama dos Mabinogion.
Pwyll, príncipe de Powys, acode á mámoa de Gorsedd Arberth, onde se lle prometeu asistir a un prodixio. E o prodixio non é outro que a aparición de Rhiannon, montada nun cabalo branco. Image
Obviamente, esta escena xa contextualiza a nosa protagonista no rico imaxinario de mulleres do Outro Mundo. Se a lenda decorrese na Galiza, certamente poderiamos falar dunha moura, vaia.
Mais a cousa non fica por aquí.
Read 13 tweets
Dec 27, 2022
1/11 O mito da procedencia ibérica dos antigos irlandeses funcionou en moitos momentos da historia coma un potente dispositivo ideolóxico que, entre outras cousas, soportou as diferentes reivindicacións de soberanía sobre Irlanda.
Un caso engrazado ten a ver cos vascos. "Euskalerriko Karta" (1932-1934)
2/11 Porque aínda que os galegos ficamos coa patente, durante moito tempo (e por diversos motivos), os vascos foron os habitantes da cornixa cantábrica preferidos polos irlandeses á hora de identificaren os seus devanceiros remotos.
3/11 É unha idea, aliás, que vén á tona de xeito cíclico. En épocas recentes, e a través dos estudos xenéticos (ou, séndomos máis estritos, de certa interpretación e mistificación dos mesmos), non faltou quen recuperase a idea da ascendencia vasca dos actuais irlandeses.
Read 11 tweets
Nov 20, 2022
Aproveitando que Mr. Musk pareceu darnos unha pequena prórroga, vou falarvos hoxe brevemente dun personaxe moi popular do folclore irlandés, a "banshee", e dalgúns paralelismos interesantes que encontra nos nosos mitos e tradicións. Vai fío🧵 Representación dunha "banshee". Fonte: Arte Runas
A "banshee" mal precisa de apresentacións: é o espírito feminino que agoira o inminente pasamento dunha persoa. Xeralmente cada clan ou familia gaélica (e non só) contaba cunha "banshee" de seu, encargada de anunciar a morte dos seus membros xeración após xeración. "The Bunworth Banshee", por Thomas Crofton Coker (
A etimoloxía da palabra ("bean sídhe" ou "bean sí") é moi interesante, xa que pode ser interpretada de dúas maneiras: simplesmente "a muller do Alén" ou tamén "a muller dos túmulos". Na verdade, non son interpretacións excludentes, senón complementares ou até... A chamada "Mámoa dos Reféns", en Meath. Imaxe de
Read 16 tweets

Did Thread Reader help you today?

Support us! We are indie developers!


This site is made by just two indie developers on a laptop doing marketing, support and development! Read more about the story.

Become a Premium Member ($3/month or $30/year) and get exclusive features!

Become Premium

Don't want to be a Premium member but still want to support us?

Make a small donation by buying us coffee ($5) or help with server cost ($10)

Donate via Paypal

Or Donate anonymously using crypto!

Ethereum

0xfe58350B80634f60Fa6Dc149a72b4DFbc17D341E copy

Bitcoin

3ATGMxNzCUFzxpMCHL5sWSt4DVtS8UqXpi copy

Thank you for your support!

Follow Us!

:(