María L Profile picture
31 Oct, 76 tweets, 21 min read
Hoxe erguinme inspirada, así que vai un fío moi loooooongo. Hai apenas un par de meses que empecei a decatarme do que está sucedendo arredor do pensamento queer e de como se está metendo na lexislación sen ningunha visibilización social, sen debate público, sen análise racional.
Unha violenta “conversa” en twitter primeiro entre unha muller feminista e un home trans, na que despois entrou máis xente apoiando a unha e “outre”, chamou a miña atención. Que está sucedendo aquí? Por que estes insultos? Púxenme entón a buscar máis información.
Un dos primeiros artigos que atopei na rede facía referencia ao “Protocolo educativo para garantir a igualdade,a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero” (Abril 2016). Recoñezo que non tiña nin idea de que existise, e estamos no 2020. edu.xunta.gal/portal/es/node…
Un protocolo debe servir para previr e corrixir as situacións de acoso, abuso e discriminación dentro dos centros educativos. Ningunha persoa debe sufrir ningún tipo de discriminación, sexa do tipo que sexa, e toda a comunidade debe actuar ante isto. Niso estaremos de acordo.
O que me chamou a atención neste protocolo foi a fundamentación das actuacións ao respecto. Lean:
O sexo sentido é o que realmente determina a identidade
Pode non coincidir co sexo “fisiolóxico ou aparente”
É un “fenómeno biolóxico innato”
O cerebro é un “órgano sexuado”
O criterio do cerebro prima sobre os demais órganos
A identidade de xénero é irreversible e invariable.
Todo isto que aquí aparece non ten ningunha fundamentación científica. Non hai ningunha evidencia científica, ningún paper debidamente revisado e contrastado, que acepte que o cerebro vaia por libre e estableza un sexo diferente ao sexo biolóxico.
Nin sequera hai evidencia de cerebros de homes e cerebros de mulleres, e mira que se intentou demostrar historicamente que os cerebros das mulleres son inferiores e non o conseguiron. En fin, que o protocolo en cuestión está baseado en crenzas acientíficas.
O sexo biolóxico non é algo “aparente”. É condición humana, forma parte da nosa bioloxía como mamíferos, é constatable, evidente, material, real. O ”sexo sentido” non ten ningunha evidencia, forma parte dos sentimentos, é algo subxectivo, non é constatable
Outra cuestión é iso de que “A identidade de xénero é irreversible e invariable”. Sábese que en torno ao 80% dos casos a disforia de xénero na infancia desaparece na adolescencia, e cada vez hai máis persoas trans que detransicionan. post-trans.com
Estamos dando por feito que se un ou unha menor presenta disforia de xénero isto hai que aceptalo como algo real, invariable, innato, definitivo, cando os datos non apuntan precisamente a isto. Recoméndovos este documental sobre disforia en menores: facebook.com/somos.la.mitad…
Nos países nos que existe a libre determinación de xénero produciuse un aumento desmesurado de adolescentes invitados a transicionar tomando bloqueadores hormonais, sendo destacable a elevada porcentaxe de transicións de nena a neno cando en adultos a maioría son de home a muller
Estaremos de acordo en que hai que evitar situacións de discriminación e acoso, pero ter que aceptar que as actuacións estean baseadas en crenzas é outra cousa. Protestaría igual se na fundamentación se fixese referencia a Dios e á relixión.
A cousa non queda aí. Eu pregúntome cales son os “comportamentos que revelan unha identidade sexual que non coincide co sexo non asignado ao nacer”.
Para empezar, o sexo non nolo asignan, senón que se trata dunha certificación médica do sexo -biolóxico- que posúes, e este sexo biolóxico non determina en absoluto como debemos comportarnos. Máis ben é a sociedade a que o fai.
Imaxino a situación. Hai décadas nunha reunión da dirección coa nai dunha rapaza dirían “a súa filla está tendo un comportamento indecente, non propio dunha señorita” hoxe sería algo así como “a súa filla naceu cun corpo que non se corresponde co seu xénero sentido”
Non hai ningún problema en que un rapaz se pinte os beizos e as uñas se lle gusta facelo. Para min é un rapaz que se maquilla, sen máis, non vexo ningunha anomalía entre o seu sexo e o seu comportamento. Pódese redactar un protocolo baseado na libre interpretación subxectiva?
Deixade que os rapaces e rapazas vistan, se comporten ou xoguen como queiran. Que se namoren de quen queiran, homes ou mulleres, e que máis adiante teñan sexo con que queiran (ou poidan) e acabemos dunha vez cos estereotipos sexistas que tanto dano fan.
Non hai nada equivocado nestes comportamentos, non hai nada que contradiga a bioloxía, pois o sexo biolóxico non di nada sobre como debemos vivir, polo que tampouco hai ningún corpo equivocado, non coincidente co que sentimos, e que deba cambiar por ese motivo.
Hai persoas que senten disforia de xénero e algunhas cambian o seu corpo por iso. Estas persoas non deben ser discriminadas nin acosadas, pero unha cousa é iso e outra que se admitan como válidas estas crenzas sen fundamentación científica.
Non estou criticando a estas persoas, senón que só expreso o meu rexeitamento a esta teoría. Polo que se observa nas redes, o mínimo cuestionamento a estas premisas é obxecto de acoso, insultos e acusacións de transfobia. Asegúrovos que non teño fobia ningunha.
Tamén, como atea que son, podo expresar o meu desacordo coas crenzas relixiosas, e iso non significa que teña ningunha fobia ou odio ás persoas crentes. Unha cousa é defender os dereitos das persoas e outra aceptar ou defender determinadas ideas.
Se a cousa quedase unicamente neste protocolo educativo e a cousa non fose a máis non habería excesivo motivo de alarma. Pero o meu estupor apareceu despois ao ver que este goberno, desde o ministerio de igualdade, está a traballar nunha “lei trans” que vai nesta liña.
Acaban de abrir a consulta pública a lei para a igualdade das persoas trans. Só publican isto, non o anteproxecto (por que o agochan?) igualdad.gob.es/participacion.…
Pero non é cousa nova, no 2018 xa tiñamos unha proposición de lei ao respecto: congreso.es/public_oficial…
Neste último texto, ao estar xa redactado, enténdese mellor que é o que se pretende aprobar.
Hai que ter en conta que desde o ano 2007 as persoas transexuais xa poden cambiar o seu sexo rexistral en base a uns requirimentos. Pero agora o que se se pretende é que calquera persoa, sen ningún tipo de requirimento, poda ir ao rexistro civil e cambiar o seu sexo.
Un home chega ao rexistro, di que é muller, e listo, xa é unha muller a todos os efectos. Así, sen máis. Algo coma o da imaxe. Isto ten consecuencias ben graves, non?
O primeiro que me vén a cabeza é a indefinición que supón substituír o sexo polo “xénero sentido”. O sexo é algo que se pode constatar, é biolóxico e inmutable (as operacións de cambio de sexo son estéticas, non cambian o sexo). Porén, o xénero non é constatable.
Substitúese un dato obxectivo pola acientífica e subxectiva identidade de xénero. Se ata agora somos homes e mulleres pola nosa bioloxía, por ser machos e femias da especie humana, con esta lei deixaremos de selo, seremos mulleres e homes en base aos nosos sentimentos e desexos.
Se queremos facernos unha idea da indefinición que se provoca só falta botar unha ollada ás definicións que aparecen no proxecto de lei de 2018. Fixádevos que a identidade de xénero pode ser “entre outros, xénero queer, variantes de xénero, xénero neutro, outro, ningún ou fluído”
A min paréceme moi ben que as persoas sintan que son dun xénero megadifuso se iso lles fai felices, pero non que na lexislación se substitúa o sexo polos sentimentos. Eu son unha muller por ter nacido femia, sexo feminino. Isto xa non imos poder dicilo.
De feito con esta terminoloxía confusa nin a ministra de igualdade sabe definir que é un home e que é unha muller. Penso que cómpre urxentemente un mínimo de cultura científica nos nosos políticos.
Incluso chegamos a meternos nun bucle infinito. Disculpen, pero ser muller ou ser home non pode ser un sentimento nin cumprir cos estereotipos sexistas que marcan o noso comportamento en sociedade.
Se os suxeitos xurídicos home e muller cambian de definición (ou máis ben quedan sen definición) as estatísticas con datos diferenciados por sexo se verán afectadas, haberá políticas baseadas no sexo que deixen de ter xustificación ou se vexan distorsionadas.
Isto xa está a suceder noutros países que teñen aprobadas leis similares ás que pretende aprobar este goberno. Un exemplo témolo nas competicións deportivas. Isto é o que aparece no proxecto de 2018
Se no deporte hai categorías masculinas e femininas é porque homes e mulleres temos bioloxía e características físicas diferenciadas (constitución, fortaleza, potencia muscular, elasticidade, etc.). Isto non ten que ver cos sentimentos e identidades.
No momento en que unha persoa de sexo masculino poda competir na categoría feminina só polo feito de sentirse muller está tendo unha superioridade efectiva sobre as súas competidoras, acaparando os premios. Isto xa está a suceder
A corrección dunha suposta discriminación das “persoas trans” provoca unha seria discriminación sobre as mulleres. Iso non importa? nationalpost.com/opinion/barbar…
Hai milleiros de exemplos máis nos que o sexo (biolóxico) importa, non só no deporte. Por exemplo, na medicina, e pola propia seguridade das persoas trans a atención médica deberá basearse no sexo biolóxico, non nos sentimentos.
Volvendo ao tema da adolescencia, incentívase a crenza nos cerebros rosas e azuis e dos corpos equivocados, levando a moitas e moitos adolescentes aos bloqueadores hormonais na pubertade e posteriormente á hormonación cruzada e incluso á cirurxía.
Estanse a vender os tratamentos médicos como un camiño de nubes de algodón que os chicos e chicas deben seguir para superar as súa disforia e sentirse ben co seu corpo. Non se fala das consecuencias irreversibles destes tratamentos na súa saúde física e mental.
Hai trans como @ScottNewgent que contan a súa experiencia e avisan “a transición médica é para adultos” quillette.com/2020/10/06/for…
Pero o lobby das clínicas de reasignación é ben poderososo e intenta anular todo debate e información sobre o mesmo. Por que se censura precisamente este libro?
Son as asociacións feministas as que están alzando a voz ante a inseguridade xurídica que isto pode xerar. Se ben o cambio de concepción provoca indefinición nos dous sexos, a discriminación provocada repercutirá especialmente e sobre todo nas mulleres. Non lles falta razón.
A plataforma @ContraBorrado é unha das que están a denunciar as discriminacións sobre as mulleres que esta lei pode provocar. Invítovos a ler e escoitar ás feministas sen as etiquetas de feminazi, terf ou tolas-histéricas nas vosas cabezas, pois razóns teñen.
Son moitas as mulleres que están poñer sobre a mesa unha análise argumentada e un cuestionamento destas teorías das identidades, e resulta clamoroso como están sendo sometidas a un escarnio público, acoso, insultos, ameazas e denuncias só por expresar a súa opinión. Tremendo!
@AalvarezAlvarez Daba esta conferencia na escola feminista Rosario Acuña. As relatoras destas conferencias foron acusadas de delito de odio por analizar as consecuencias da introdución da ideoloxía de xénero nas leis. Máis aquí: youtube.com/channel/UCm-2w…
Nos seus postulados non vexo que se cuestionen os dereitos das persoas trans, que deben ser os mesmos que os dereitos de calquera outra persoa, só que non se pode pasar por riba dos dereitos das mulleres e nenas provocando novas discriminacións e invisibilizándonos aínda máis.
Estes días vin como acosaban de forma superviolenta á xurista @Paulafraga__ entre outras moitas. Estar en contra do cuir é suficiente para sufrir un acoso brutal. O máis delicado é “transfoba” ou “terf”. @LauraRdondo explica nun fío a súa posición
Unha das cousas que denuncian é que non está a realizarse un debate aberto, e isto é certo. Pouca xente sabe o que se está facendo e case estou vendo ás feministas soas nesta análise, cando unha lexislación sobre o sexo/xénero é algo que nos afecta a toda a sociedade.
Antes de poñerme a ler sobre isto moitas das cousas que se denuncian parecíanme unha esaxeración, non cría que fose certo. Pero despois botas as mans a cabeza cando ves como hai textos lexislativos que se refiren ás mulleres como “cis” ou “proxenitor xestante” 😬
As mulleres non podemos falar libremente dos nosos corpos, pois iso pode ferir a sensibilidades dos homes que se senten mulleres, e por iso hai que eliminar a palabra muller. O borrado é brutal.
Alguén pensou que a sensibilidade das mulleres se pode ferir ao chamarnos “corpos menstruantes” no canto de mulleres ou “proxenitor xestante” no canto de nai? Iso non importa? Non, o importante que que deixemos de falar de nós e da nosa bioloxía para non ferir aos trans.
Cómpre destacar que esta loita feminista en contra do xenerismo queer non é deste país, é mundial: womensdeclaration.com
E non pensedes que o fácil insulto “transfoba” se dedica unicamente ás mulleres. Os transexuais tamén son acusados de tránfobos. Si, liches ben, É o termo utilizado para todo aquel que cuestiones a ideoloxía de xénero.
Cada vez se ven máis persoas transexuais que non queren saber nada de todo este agresivo movemento. Son conscientes da súa bioloxía, e por iso son criticadas polos queer. Por exemplo @Tcriticalgender Colectivo de Personas Trans Críticas de Género
@BuckAngel di isto, e cada vez se len máis voces trans en contra do movemento de xénero que se está a impoñer no mundo.
“TReVoices está formado por adultos trans que comprenden a importancia de recoñecer a bioloxía, os dereitos das mulleres e protexer a infancia da transición médica” trevoices.org
Todo apunta a que o movemento de identidade de xénero non está facendo nada para axudar ás persoas trans a vivir unha vida tranquila e segura, máis ben o contrario.
Ao facer constantes demandas irracionais e extremas, pisando os dereitos das mulleres e desprotexendo a infancia, en realidade está danando a causa á que pretende servir. Tal vez estas voces trans críticas deberían oírse máis.
Ademais, cando alguén cuestiona esta ideoloxía sobre identidades de xénero, non só é acusada de tránsfoba. Póñenche enseguida a etiqueta de estar en contra de todo o colectivo LGBTIQ+
E non, non ten nada que ver o rollo queer coa defensa dos dereitos LGB, pois en esencia esta defensa nin contradí a bioloxía e a ciencia, nin pisotea dereitos das mulleres nin desprotexe aos menores, que son animados a que expresen libremente a súa personalidade e sexualidade.
A incorporación do movemento Q+ aos colectivos, monopolizándoo, fixo que moitas lesbianas e gays marcharan. Non ten nada que ver o que reclaman uns e outros, e stamos vendo como se están a organizar de forma separada en todo o mundo en redes LGB. Lean:
En fin, que o asunto é grave, e o malo é que apenas hai debate público sobre o mesmo e todo queda nun berro das feministas cos queers enfronte insultando, e algunhas outras tenues voces intentando aportar algo ao debate.
Pouca xente máis se mete no asunto. A min chámame a atención precisamente o silencio sepulcral da comunidade científica ante o inquietante negacionismo científico en torno ao sexo, cando se trata dun dos principios fundamentais da bioloxía. Bueno, hai excepcións como @zaelefty
Sigo unha lista ben longa en twitter de divulgadores científicos que ante a mínima “magufada” irrelevante saltan furiosos desmontando crencias con argumentos. Por que esta distorsión do concepto de sexo non levanta ningunha reacción ou discusión?
Afirmar desde o xenerismo queer que o sexo non é binario senón un espectro continuo non provoca ningunha reacción na comunidade científica? É aceptable isto que se está a difundir? Nada que dicir?
Parece que non son a única á que lle chamou a atención este silencio desde o mundo da ciencia. @RicardoFernLast escribiu este fío
Creo que xa me estendín excesivamente hoxe. Abrín o tema só coa intención de reflexionar sobre o que está sucedendo, para min produto de substituír a obxectividade pola subxectividade, o materialismo polo idealismo, a ciencia polas emocións ou a colectividade polo individualismo.
Necesítase máis educación e cultura científica e menos fantasías. A relixión debe estar fóra das escolas e da lexislación. A relixión queer tamén, desde logo.
Hai 24h que escribín este fío e recibín máis contestacións en privado que públicas. Nunca me pasara tal cousa. Resulta que sobre este tema a xente non se atreve a falar publicamente. Non e estraño cando vemos o nivel de toxicidade e manipulación que hai neste non-debate.
ando estamos ás portas de non podernos definir polo noso sexo, de que se introduzan no currículo educativo crenzas anticientíficas ou de que se incite á infancia e á adolescencia a rexeitar o seu corpo penso que a sociedade debe pronunciarse sen medo para parar esta tolemia.
Non é casual que xusto agora aparezan múltiples series, documentais e testemuñas de persoas trans. Queren conducir o debate a través das emocións e empatía cara estas persoas, pero sen unha análise crítica racional, fundamentada, afastada das emocións e da subxectividade.
Hai que agradecer aos colectivos feministas ter sacado á luz as consecuencias deste proxecto de lei, fai falta tamén a análise de todos os sectores da sociedade: profesionais da xustiza, da ciencia, da medicina, da educación,... Isto aféctanos a todas e a todos, adultos e menores
Por certo, nunca escribira un fío tan longo. Atopei un sitio onde xuntalo enteiro threadreaderapp.com/thread/1322614…

• • •

Missing some Tweet in this thread? You can try to force a refresh
 

Keep Current with María L

María L Profile picture

Stay in touch and get notified when new unrolls are available from this author!

Read all threads

This Thread may be Removed Anytime!

PDF

Twitter may remove this content at anytime! Save it as PDF for later use!

Try unrolling a thread yourself!

how to unroll video
  1. Follow @ThreadReaderApp to mention us!

  2. From a Twitter thread mention us with a keyword "unroll"
@threadreaderapp unroll

Practice here first or read more on our help page!

Did Thread Reader help you today?

Support us! We are indie developers!


This site is made by just two indie developers on a laptop doing marketing, support and development! Read more about the story.

Become a Premium Member ($3/month or $30/year) and get exclusive features!

Become Premium

Too expensive? Make a small donation by buying us coffee ($5) or help with server cost ($10)

Donate via Paypal Become our Patreon

Thank you for your support!

Follow Us on Twitter!