Manuel Gago Profile picture
6 Dec, 24 tweets, 13 min read
Tras a celebración dos 500 anos da Asemblea de Melide, quérovos contar como concibimos esta ilustración feita por Alberto Taracido para o @consellocultura. A ilustración, que amosa un momento da redacción das capitulacións, é a suma de moitas decisións e ideas. Imos aló. 👇 Image
A primeira é a idea xeral da escena: está inspirada na pintura historicista do século XIX. A "pintura de historia" ten un longo percorrido na arte europea, pero no Barroco multiplícase: desde historia clásica ata propaganda das monarquías. ImageImage
No século XIX engádense novas capas de interese: os novos Estados Nación buscan construír mitos fundacionais e as academias e institución patrocinan estas imaxes. Por iso moitas veces acúdese á Idade Media, buscando unha certa distancia mítica. ImageImageImage
Pero tamén desde o XVIII as pinturas historicistas reciben o influxo do liberalismo e da burguesía. E imos ter asembleas, con rostros detallados, e moitas veces, no medio, algún papel. O papel é quen confire lexitimidade, non a familia. ;-) ImageImageImageImage
A pintura historicista volveuse aburrida e excesiva. As vangardas reaccionaron con razón contra ela a partir do XIX. Xa non pintaban pasado e, cando o facían, convertíano noutra cousa. Image
Con todo, a pintura de historia ten o inmenso poder para facer tanxible o pasado. Estas imaxes convértense no arquetipo que define a nosa lectura dos acontecementos, son a base do imaxinario social sobre a historia. Fan que o acontecemento -e unha visión del- sobrevivan. ImageImageImage
A ilustración de Taracido quere facernos reparar nunha certeza: os galegos carecemos de imaxes do pasado. Unha significativa parte dos acontecementos que deron lugar a grandes pinturas nacionais aquí non foron pintados. No XIX preferíronse moitas veces os temas costumistas.
Por exemplo, as marabillas que facía Dionisio Fierros por volta das décadas de 1850 e 1860. Tiñan un prantexamento e organización propio das pinturas de historia pero eran retratos de costumes. ImageImage
As salvedades que hai xa nolo din todo. O guardés Manuel Ángel Álvarez, "Ángel" (1855-1921), autor da pintura de historia máis coñecida do país: O Mariscal (1883), ou outras como A morte do trobador Macías (1887). ImageImage
Os vínculos co galeguismo da época de Ángel estaban claros. Foi moi apoiado polo Centro Galego de Cuba e elaborou a mítica cuberta de O divino Sainete de Curros Enríquez. Image
Sen embargo, sabemos doutras obras históricas de tema galego que, cando menos eu, non atopo. A morte do Padre Feijóo, sobre os Churruchaos (que tema de moda no XIX!), ou do que debe ser un dos lenzos máis grandes pintados no país, ese Xuízo de Deus que tiña 8 metros de longo! Image
Sabían perfectamente o que estaban facendo ao promover as Belas Artes (non só a pintura histórica). Image
Outro autor que debe ser mencionado? Modesto Brocos, que pintou a mítica Defensa de Lugo fronte a Almanzor (1887), adquirida, como non, polo Centro Galego de La Habana ou o case prerrafaelita Las Tradiciones del Apóstol, que se conserva na catedral de Santiago. ImageImageImage
Vale, fixádevos que case non temos pintura histórica de colectivos. É moi curioso que se imos a Cataluña, no mesmo periodo si se están a pintar ese tipo de cadros máis "burgueses", con obras de Alsina (1863) e Estruch (principios do XX), estas últimas auténticas iconas hoxe. ImageImageImage
Pois estas son as tensións que reflectimos na ilustración de Taracido. Colectivo fronte a individual, imaxe fronte a baleiro, papeis fronte a sangue. Unha ilustración que nos fai pensar sobre como vemos o noso pasado. "Boda en Bergantiños" (1912), de Sotomayor. E máis cousas! ImageImage
Non sabemos onde se celebrou a Asemblea, pero estas xuntas medievais e do XVI case sempre se celebraban en igrexas. O convento do Sancti Spiritus suma moitos puntos. O Museo da Terra de Melide axudounos a recrear este espazo tal e como podía estar en 1520. ImageImage
As vestimentas da época foron tomadas de tratados de traxe do século XVI. Aquí temos a apariencia de dous nobres galegos no libro Habiti antichi e moderni di tutto il Mondo Cesare Vecellio de finais do XVI. Image
Do arcebispo Fonseca non conservamos retrato, pero si hay una tradición visual desde o século XIX. Queriamos dialogar con imaxes a través do tempo. ImageImageImage
Non houbo mulleres presentes na Asemblea, pero creamos personaxes secundarias nas que agachabamos máis mensaxes. Pola parte de atrás vedes a dúas mozas. Botamos man das ilustracións de galegas dun marabilloso códice do XVI conservado no Museo das Peregrinacións. ImageImageImage
O franciscano fai referencia á orde propietaria do convento do Sancti Spiritus de Melide, onde se hospedara Carlos I uns meses antes, de camiño ás cortes de Compostela (no que os nobres galegos xa fixeran unha performance de protesta). Image
A bandeira de Galicia estanos dando a "clave" na que interpretar o acontecemento que presenciamos. Empregamos a representación do reino nas Exequias de Carlos V en Bruxelas (1558). ImageImage
E, por último (por fin!), as nenas. Participantes non convidadas, espreitan o que fan os maiores con curiosidade e atención. Chámannos a atención sobre o futuro. Sobre unha semente, que máis agochada ou menos, non deixou de existir nunca, ata hoxe. Image
Máis nada. Convídovos a visitar o especial que fixemos, con moitos contidos: consellodacultura.gal/especiais/asem… . Todo isto cóntoo (en 10 minutos) neste vídeo:
A todo isto, acábome de decatar de que Brocos pode que se inspirara no sepulcro do Conde Santo, en Lourenzá, para a Arca Marmorica do Apóstolo. O cadro pintouno en Roma en 1897, así que tamén puido ver outros sartegos paleocristiáns. Pero... ImageImage

• • •

Missing some Tweet in this thread? You can try to force a refresh
 

Keep Current with Manuel Gago

Manuel Gago Profile picture

Stay in touch and get notified when new unrolls are available from this author!

Read all threads

This Thread may be Removed Anytime!

PDF

Twitter may remove this content at anytime! Save it as PDF for later use!

Try unrolling a thread yourself!

how to unroll video
  1. Follow @ThreadReaderApp to mention us!

  2. From a Twitter thread mention us with a keyword "unroll"
@threadreaderapp unroll

Practice here first or read more on our help page!

More from @magago

11 Dec
O Pazo de Meirás pódese tamén ver como un colosal dispositivo fake: unha simulación destinada a leximitar os seus habitantes a través da relación co pasado.

O inventario permítenos apreciar unha obsesión reveladora: os escudos heráldicos.
Veña escudos....
E máis escudos....
Read 8 tweets
9 Dec
Tired after a long day of hunting or a hard run against the neighboring hillfort? Try relaxing in a sweat lodge, those fascinating Iron Age buildings from Gallaecia that we will visit in this #hillfortswednesday 📸by @par_virtual
The sweat lodges are very unique buildings from the Iron Age in NW Iberia. They are concentrated in the west of Asturias and in the north of Portugal.

It has not yet been explained why there are so few in the central region.
📸by Marco G. Quintela

#hillfortswednesday
The most spectacular part is the 'pedra formosa' (the beautiful stone). In the southern sweat lodges they are beautifully decorated, with deep symbolism. The entrance to the heat chamber is always very narrow and small.
#hillfortswednesday
Read 15 tweets
11 Nov
Here is the great hillfort of Nemeño (Ponteceso, #Galicia), ruling a fertile valley. There has been a village inside the ramparts since at least the 9th century. In this new thread of #hillfortswednesday you will discover about old seaways, Vikings, place names and great poets. Image
Nemeño Hillfort controls not only the land, but is also very close to the sea and open to seaways. In the 19th century it was discovered here a Bronze Age spearhead with a rapier-shaped blade, clearly connected with British or Irish concepts at this time. #hillfortswednesday ImageImage
The church of Cores, very close to the hillfort, keeps an ara dedicated to Jupiter by the inhabitants of the hillfort of Aviliobris, which means in ancient Celtic, "the windy hill(fort)". Could this be the original name of the hillfort of Nemeño? #hillfortswednesday Image
Read 10 tweets
21 Oct
Today in #hillfortsWednesday I will talk to you about one of the most enigmatic and spectacular fortresses on the Galician coast: Mount Pindo. It is a story of wolf queens, burning forests and excommunicated castles. Come on, thread! 👇
Mount Pindo is located in Carnota, #Galicia. It is a geological prodigy, witness to the break-up of Pangea and the appearance of the sea, defining the Galician coast 100 million years ago with granite tectonic cliffs. #hillfortsWednesday.
As a consequence of these geological processes, a spectacular landscape can be seen, including the famous Ézaro waterfall, falling directly into the sea. Tradition says that the witches lived in a cave behind the water. #hillfortsWednesday.
Read 17 tweets

Did Thread Reader help you today?

Support us! We are indie developers!


This site is made by just two indie developers on a laptop doing marketing, support and development! Read more about the story.

Become a Premium Member ($3/month or $30/year) and get exclusive features!

Become Premium

Too expensive? Make a small donation by buying us coffee ($5) or help with server cost ($10)

Donate via Paypal Become our Patreon

Thank you for your support!

Follow Us on Twitter!