O vella tema das illas do Outro Mundo situadas a oeste, alén da nona onda, está na orixe dun xénero peculiar da literatura irlandesa medieval: os "imramma", relatos sobre relixiosos que navegan na procura do Paraíso e que, claro está, tiveron eco nesta nosa fisterra galega. Image
Son poucos os "imramma" conservadas, embora un deles acabase por se tornar un dos best sellers da literatura europea medieval: a famosísima "Nauigatio Sancti Brendani", ou Navegación de San Brandán. Image
Na Galiza, o relato de Trezenzonio e a súa viaxe á fabulosa Insula Magna Solistitionis desde a torre de Brigantium encaixa coma unha luva na estrutura e os temas dos "imramma" irlandeses. Dese texto falámosvos aquí: dabeiraatlantica.blogspot.com/2020/10/trezen… Image
Mais un deses "imramma" contén a que podería ser unha interesante referencia á Galiza: estamos a falar de "Immram curaig húa Corra" (que podemos traducir como "A viaxe do currach dos fillos de Ó Corra), un texto do século XII incluído no Libro de Leinster Image
Os protagonistas son os tres fillos de Conall Derg ua Corra, que se dedican a atacar e devastar canto mosteiro lles sae ao paso na provincia de Connacht. Mais, após unha visión sobrenatural, arrepéndense e deciden restaurar os cenobios destruídos. Image
Aínda, os irmáns adquiren un
currach, típica embarcación irlandesa de madeira recoberta de peles, sen dúbida non moi diferente daquelas que Avieno atribuía aos nosos Oestrimnios no poema "Ora Maritima" ou as que Xulio César coñeceu na Bretaña insular. Image
A bordo dese currach, e canda un bispo, un crego, un diácono, un bardo e o proprio artesán que construíra o barco, os tirmáns adéntranse no oceano. E, como adoita ocorrer nos "imramma", os navegantes coñecen diversas illas fabulosas nas cales viven diferentes aventuras. Image
Na derradeira illa, un discípulo ordénalles ir a "Rind Espáine" (literalmente, a "Punta de Hispania"): "Marcharedes de aquí", dixo o discípulo, "a través do mar até á Punta de Hispania, e a tripulación dun barco de pesca sairá logo ao voso encontro, e levaravos a terra [...]". Image
Así o fan e nese lugar fundan unha igrexa e unha comunidade cristá. Os estudiosos irlandeses adoitaron identificar a Rind Espáine co cabo Fisterra, unha opción lóxica, nen que sexa por razóns simbólicas e lendarias. Image
No seu libro "Santos e barcos de pedra", F. Alonso Romero propuña a alternativa da Estaca de Bares, que talvez condiga mellor coas características e condicións da navegación atlántica, para alén de ser o cabo máis setentrional da península Ibérica... Image
Mais o realmente interesante non é tanto a ubicación concreta de Rinde Espáine como a constatación de que no texto ecoa a memoria dos vínculos do cristianismo céltico insular co Noroeste ibérico, máis en concreto cos asentamentos de relixiosos irlandeses e bretóns na nosa costa. Image
Si, o caso de Maelog e Britonia non foi o único. Hai outros indicios ben interesantes de asentamentos similares. Mais diso habemos de falar daquí a uns días, se os deuses conduciren o noso currach a amigábeis praias. Boa noite! 🛶🛶 Image
(Sospeito que o amigo @britoniensis vai desfrutar bastante con este fío 😅 )

• • •

Missing some Tweet in this thread? You can try to force a refresh
 

Keep Current with Beira Atlántica

Beira Atlántica Profile picture

Stay in touch and get notified when new unrolls are available from this author!

Read all threads

This Thread may be Removed Anytime!

PDF

Twitter may remove this content at anytime! Save it as PDF for later use!

Try unrolling a thread yourself!

how to unroll video
  1. Follow @ThreadReaderApp to mention us!

  2. From a Twitter thread mention us with a keyword "unroll"
@threadreaderapp unroll

Practice here first or read more on our help page!

More from @AtlanticaBeira

16 Mar
O SAN PATRICIO GALEGO
San Patricio (Naomh Padraig), acometeu con entusiasmo a cristianización da Irlanda, sen reparar en milagres. Entre os máis célebres está o de expulsar as serpes do país, lanzándoas ao mar. Un dos episodios máis representados na iconografía irlandesa. Image
A lenda é antiga e xa tivo outros protagonistas (en textos altomedievais é San Columba quen aparece como artífice do milagre). A primeira mención a San Patricio erradicando as cobras aparece na Topographia Hibernica, de Giraldus Cambrensis, un texto redixido por volta de 1188. Image
Cómpre dicer que Giraldus se mostraba moi céptico coa lenda. Segundo el, na verdade nunca na Irlanda houbera serpes (e é certo!), algo que el, como propagandista ao servizo dos anglo-normandos, atribuía "ás proprias deficiencias da illa" (sic). Non lles pasaba unha... Image
Read 11 tweets

Did Thread Reader help you today?

Support us! We are indie developers!


This site is made by just two indie developers on a laptop doing marketing, support and development! Read more about the story.

Become a Premium Member ($3/month or $30/year) and get exclusive features!

Become Premium

Too expensive? Make a small donation by buying us coffee ($5) or help with server cost ($10)

Donate via Paypal Become our Patreon

Thank you for your support!

Follow Us on Twitter!