Imos dar as boas vindas á semana cun tema no cal só agora reparei: o feixe de topónimos cuxa etimoloxía se relaciona na tradición mítica irlandesa con personaxes epónimos procedentes da Península Ibérica, e en concreto de #Galiza.
Dá para un pequeno 🧵 e alá vou con el...
Podemos comezar polos máis obvios, vinculados co mito de Míl Spáine e a conquista de Irlanda polos netos de #Breogán. Mais nen todos os míticos milesianos chegaron a pór o pé na cobizada illa, senón que naufragaron e afogaron antes de o facer.
Foi o caso de Donn, cuxa embarcación seica afundiu nas inmediacións do espectacular
promontorio hoxe chamado Tech Duinn ( = 'a casa de Donn'). Donn tornouse un deus da morte, hospedeiro das almas dos defuntos. Daí as palabras que se lle atribúen: "Á miña morada todos han vir".
Outro tanto aconteceu con Scéine, muller do célebre bardo Amergin. A baía en que afogou tomou dela o nome (Inber Scéne), e segundo a tradición o seu corpo foi soterrado onde hoxe se erguen os fermosos megálitos de Eightercua, no condado de #Kerry.
Por falar en Amergin, sabedes que prometeu á deusa Eriu dar o seu nome á illa se esta axudaba os milesianos a vencer os Tuatha Dé Dánann. Pois ben, Eriu foi soterrada en #Uisneach, baixo a Pedra das Divisións (ou Pedra do Gato), na cal conflúen todas as provincias da Irlanda.
E lembremos que a península de Béara, no SO de Irlanda, seica tomou o nome dunha princesa de Castela (sic) que Eoghan, príncipe de #Munster, levou canda el desde o Faro de Brigantia. Dise que a rapaza foi soterrada en Ballard Commons, onde foi colocada unha placa na súa memoria.
A esta historia en concreto dediqueille un pequeno fío hai uns meses, agora que me lembro 😅
E máis nada, que algún fica no tinteiro mais haberá que deixar algo para a fin de semana que vén. Dádelle duro á semana, que promete vir chuviosa e atlántica! 😀
• • •
Missing some Tweet in this thread? You can try to
force a refresh
1/5 Falabamos o outro día, co gallo do #Ulysses100, da tradución realizada por Otero Pedrayo, mais a relación da nosa literatura co clásico de James Joyce non se reduce a esta incursión do Patriarca de Trasalba.
2/5 Porque o que probabelmente poidamos considerar o primeiro "spin off" do "Ulysses" saíu do maxín de Vicente Risco: referímonos ao relato "Dedalus en Compostela", que viu a luz nas páxinas da revista "Nós" (onde se non!) en 1929.
3/5 Como sabedes, Stephen Dedalus (alter ego do proprio Joyce) é o adláter de Leopold Bloom en "Ulysses", mais xa aparecera noutras obras do autor, como "A portrait of the artist as a young man" (1916), que o proprio Risco menciona explicitamente no seu relato.
O SAN PATRICIO GALEGO
San Patricio (Naomh Padraig), acometeu con entusiasmo a cristianización da Irlanda, sen reparar en milagres. Entre os máis célebres está o de expulsar as serpes do país, lanzándoas ao mar. Un dos episodios máis representados na iconografía irlandesa.
A lenda é antiga e xa tivo outros protagonistas (en textos altomedievais é San Columba quen aparece como artífice do milagre). A primeira mención a San Patricio erradicando as cobras aparece na Topographia Hibernica, de Giraldus Cambrensis, un texto redixido por volta de 1188.
Cómpre dicer que Giraldus se mostraba moi céptico coa lenda. Segundo el, na verdade nunca na Irlanda houbera serpes (e é certo!), algo que el, como propagandista ao servizo dos anglo-normandos, atribuía "ás proprias deficiencias da illa" (sic). Non lles pasaba unha...
O vella tema das illas do Outro Mundo situadas a oeste, alén da nona onda, está na orixe dun xénero peculiar da literatura irlandesa medieval: os "imramma", relatos sobre relixiosos que navegan na procura do Paraíso e que, claro está, tiveron eco nesta nosa fisterra galega.
Son poucos os "imramma" conservadas, embora un deles acabase por se tornar un dos best sellers da literatura europea medieval: a famosísima "Nauigatio Sancti Brendani", ou Navegación de San Brandán.
Na Galiza, o relato de Trezenzonio e a súa viaxe á fabulosa Insula Magna Solistitionis desde a torre de Brigantium encaixa coma unha luva na estrutura e os temas dos "imramma" irlandeses. Dese texto falámosvos aquí: dabeiraatlantica.blogspot.com/2020/10/trezen…
É ben sabido que a Corunha galega non é a única poboación con tan sonoro nome. Mais sabiades que nas illas Hébridas escocesas (máis en concreto na de North Uist) hai tamén unha "Corùna" (así, tal cal) que debe o seu nome directamente á nosa Corunha? Vai fío.
A historia comeza na batalla de Elvinha, conhecida no mundo anglófono como "The Battle of Coruna", que decorreu tal día coma onte (16 de xaneiro) de 1809 e na cal perdeu a vida o xeneral escocés Sir John Moore.
O sartego de Moore, de feito, álzase aínda hoxe, discreto e silencioso, nos Xardíns de San Carlos, na Corunha.