TUTORIAL!
Chega o esperadísimo tuto fai o teu Xerión!
Fío co #pasoapaso vai!
#DIY #Xerión #tutorial
#pixelart #streetart #mosaic
#acoruña #coruña
Utis necesarios:
- teselas (cadradiños cerámicos ou vidrios ou gresite)
- dous tipos de pegamento (un para pegar as teselas entre si e outro tipo non-máis-cravos para fixar o resultado final ó soporte)
- forro de libros adhesivo.
- celo-fixo, regla, papel e lapis.
1.
Debuxar unha grella de 9 x 13 unidades.
Cada unidad ten o tamaño da tesela ou cadradiños dos que se dispoñan. Neste exemplo empréganse teselas de vidrio de 1 x 1cm, polo que a grella vai ser de 9 cm de ancho por 13 de alto.
PDF Para os preguiceiros:
mediafire.com/file/jnwist8rt…
2.
Sombrear a grella seguindo o patrón do Xerión; os recadros azuis serán os escuros.
En total son 117 teselas/pixeles, 75 azuis e 42 brancas.
3.
Recortar un anaco de forro adhesivo de 11 x 15 cm, dese xeito haberá un cm de máis por toda a contorna do deseño. Este será o sustrato das teselas.
4.
Desepegar o plástico do forro e colocalo sobor da grella coa parte adhesiva cara arriba
5.
Fixar o forro polas esquinas ó papel da grella cuns pequenos anacos de celo
6.
Escomezar a colocación das teselas coa parte plana e lisa cara abaixo, de xeito que queden ben fixas e planas no forro. Procurar que queden ben xuntas unhas ás outras.
7.
A colocación segue o patrón da grella; as escuras de azul, as baleiras de branco.
8.
Cando esté completo a deseño, é tempo aplicar o pegamento entre as teselas.
A cola universal Pattex Crocodile vai xenial neste aplicación máis outra semellante faría a tarefa.
9.
Poñer una gota entre cada par de teselas.
10.
Traballar por ringleiras. Primerio nun sentido (horizontal) e logo noutro (vertical). Así que cada unión entre teselas teña a sua gota. Non poñer demasiado ou pasará á outra cara e quedaría un pouco pegañento.
11.
Deixar secar un bo rato; polo menos unha hora.
12.
Retirar os celos-fixo que fixan o forro á grella
13.
Despegar o forro do mosaico con coidado, nun xesto continuo.
14.
O mosaico está listo para afixar onde queiramos!
🥳
15.
É tempo de empregar o cemento cola tipo “no-mas-clavos” para exteriores.
16.
Aplicar o pegamento na contorna do dorso, por onde as teselas ten masrcas, e máis no interior en forma de aspa para que quede ben suxeito.
17.
Tempo colocar o Xerión!
Facer presión uns segundos sobre a cara externa para que quede ben fixado.
18.
Espalla os xerións!
Share this Scrolly Tale with your friends.
A Scrolly Tale is a new way to read Twitter threads with a more visually immersive experience.
Discover more beautiful Scrolly Tales like this.