Utis necesarios:
- teselas (cadradiños cerámicos ou vidrios ou gresite)
- dous tipos de pegamento (un para pegar as teselas entre si e outro tipo non-máis-cravos para fixar o resultado final ó soporte)
- forro de libros adhesivo.
- celo-fixo, regla, papel e lapis.
1. Debuxar unha grella de 9 x 13 unidades.
Cada unidad ten o tamaño da tesela ou cadradiños dos que se dispoñan. Neste exemplo empréganse teselas de vidrio de 1 x 1cm, polo que a grella vai ser de 9 cm de ancho por 13 de alto.
PDF Para os preguiceiros: mediafire.com/file/jnwist8rt…
2. Sombrear a grella seguindo o patrón do Xerión; os recadros azuis serán os escuros.
En total son 117 teselas/pixeles, 75 azuis e 42 brancas.
3. Recortar un anaco de forro adhesivo de 11 x 15 cm, dese xeito haberá un cm de máis por toda a contorna do deseño. Este será o sustrato das teselas.
4.
Desepegar o plástico do forro e colocalo sobor da grella coa parte adhesiva cara arriba
5. Fixar o forro polas esquinas ó papel da grella cuns pequenos anacos de celo
6. Escomezar a colocación das teselas coa parte plana e lisa cara abaixo, de xeito que queden ben fixas e planas no forro. Procurar que queden ben xuntas unhas ás outras.
7. A colocación segue o patrón da grella; as escuras de azul, as baleiras de branco.
8. Cando esté completo a deseño, é tempo aplicar o pegamento entre as teselas.
A cola universal Pattex Crocodile vai xenial neste aplicación máis outra semellante faría a tarefa.
9. Poñer una gota entre cada par de teselas.
10. Traballar por ringleiras. Primerio nun sentido (horizontal) e logo noutro (vertical). Así que cada unión entre teselas teña a sua gota. Non poñer demasiado ou pasará á outra cara e quedaría un pouco pegañento.
11. Deixar secar un bo rato; polo menos unha hora.
12. Retirar os celos-fixo que fixan o forro á grella
13. Despegar o forro do mosaico con coidado, nun xesto continuo.
14. O mosaico está listo para afixar onde queiramos!
🥳
15.
É tempo de empregar o cemento cola tipo “no-mas-clavos” para exteriores.
16. Aplicar o pegamento na contorna do dorso, por onde as teselas ten masrcas, e máis no interior en forma de aspa para que quede ben suxeito.
17.
Tempo colocar o Xerión!
Facer presión uns segundos sobre a cara externa para que quede ben fixado.
1. Imos coa máscara. Vas precisar:
- cartón. Se das cun branco non precisaras de pintura branca para a máscara.
- lapis e regla
- pintura branca e negra (ou un rotu)
- pincel ou brocha pequena
- cutter
- punzón ou obxeto puntiagudo (agulla calceta…)
- goma elástica negra
2. O cartón (recicla-reemprega-retorna!) debe ser resistente, (os de doble piso son ideais) e hai que recortalo para que mida 28 cm x 24 cm.