Manuel Gago Profile picture
25 Dec, 12 tweets, 6 min read
Se é posible, todos os 25 de decembro pola mañá subo ao monte. Hoxe o Barbanza estaba precioso: 3 graos, vento do Norte cortante. Se gustas a arqueoloxía, hai que visitalo así, porque nesas condicións aprendes a ver como os antigos. Explícome. 👇
A serra ten un clima duro. Na paisaxe aberta, calquera cambio orográfico, un petón, provoca unha variación térmica. En días coma hoxe, cando camiñas e de súpeto notas caloriña, párate a mirar. É moi posible que atopes un antigo hábitat humano.
Son fermosos e misteriosos. Aldeíñas de cabanas circulares ao resgardo dos ventos, preservadas durante centos de anos. Un proxecto de investigación recente do GEPN amosou datos alucinantes: pastores e agricultores vivindo durante milenios na serra. revistas.usc.es/index.php/gall…
Por exemplo, en Folgoso Vello (A Pobra), onde se conseguiu documentar un asentamento gandeiro da Idade do Ferro. Pouca broma: é unha das primeiras veces que se documentan castrexos fóra dos castros en Galicia. Unha pequena revolución científica.
A pesar dos procesos de destrución actuais, este patrimonio anónimo de aldeas e lugares ancestrais con pastores, mineiros e granxeiros, é tan BRUTAL como descoñecido. E está ben preservado. Nos últimos anos, máis investigadores como @david_glezalv están a traballar nisto.
A referencia en Europa é Dartmoor, no centro de Devon, un parque nacional que conserva numerosas aldeíñas de diferentes épocas e necrópoles megalíticas. A ver se vos soa a paisaxe aos que coñecedes o Barbanza. ;-)

dartmoor.gov.uk
Cóntovos o que eu fun buscar: algo marabilloso. Hórreos de hai mil anos. Temos unha referencia moi detallada do ano 1038, dunha delimitación de lindes do tombo de Toxosoutos. Repito: ano 1038: "per illam aquam que discurrit per illos orreos de sub monte Faro".
Foi Miguel Conde quen me puxo sobre o aviso do documento. Ata alí preto chegaba o couto da Misarela nesa época. E envioume unha referencia ben precisa. Xusto naquel lugar, mil anos despois, existía aínda o topónimo O Petón dos Hórreos.
E velaí estaba, de maneira incriblemente precisa, baixo o antigo Faro (hoxe non se chama así). Resgardado un pouquiño do frío, nun val fermosísimo, cheo de auga e, ao mesmo tempo, moi venteado.
Un conxunto de cabaniñas e currais ao abrigo do petón, en perfecto estado. E outras estruturas creadas cunha técnica aínda non moi descrita arqueoloxicamente, pero que está aí na Alta Idade Media: a extracción e desprazamento de grandes bloques de pedra para facer estruturas.
Non sabemos (eu non, cando menos), como eran os hórreos de hai mil anos, pero aquí están. A serra preserva de maneira incrible todos estes lugares. É un dos grandes tesouros arqueolóxicos do país. E é incrible que sexa tan descoñecido. A ver se hoxe un pouco menos. ;-)
Xa que vos gusta tanto, para que vexades que non minto. Aquí vedes o Petón dos Hórreos en Galicia Nomeada.

• • •

Missing some Tweet in this thread? You can try to force a refresh
 

Keep Current with Manuel Gago

Manuel Gago Profile picture

Stay in touch and get notified when new unrolls are available from this author!

Read all threads

This Thread may be Removed Anytime!

PDF

Twitter may remove this content at anytime! Save it as PDF for later use!

Try unrolling a thread yourself!

how to unroll video
  1. Follow @ThreadReaderApp to mention us!

  2. From a Twitter thread mention us with a keyword "unroll"
@threadreaderapp unroll

Practice here first or read more on our help page!

More from @magago

11 Dec
O Pazo de Meirás pódese tamén ver como un colosal dispositivo fake: unha simulación destinada a leximitar os seus habitantes a través da relación co pasado.

O inventario permítenos apreciar unha obsesión reveladora: os escudos heráldicos.
Veña escudos....
E máis escudos....
Read 8 tweets
9 Dec
Tired after a long day of hunting or a hard run against the neighboring hillfort? Try relaxing in a sweat lodge, those fascinating Iron Age buildings from Gallaecia that we will visit in this #hillfortswednesday 📸by @par_virtual
The sweat lodges are very unique buildings from the Iron Age in NW Iberia. They are concentrated in the west of Asturias and in the north of Portugal.

It has not yet been explained why there are so few in the central region.
📸by Marco G. Quintela

#hillfortswednesday
The most spectacular part is the 'pedra formosa' (the beautiful stone). In the southern sweat lodges they are beautifully decorated, with deep symbolism. The entrance to the heat chamber is always very narrow and small.
#hillfortswednesday
Read 15 tweets
6 Dec
Tras a celebración dos 500 anos da Asemblea de Melide, quérovos contar como concibimos esta ilustración feita por Alberto Taracido para o @consellocultura. A ilustración, que amosa un momento da redacción das capitulacións, é a suma de moitas decisións e ideas. Imos aló. 👇 Image
A primeira é a idea xeral da escena: está inspirada na pintura historicista do século XIX. A "pintura de historia" ten un longo percorrido na arte europea, pero no Barroco multiplícase: desde historia clásica ata propaganda das monarquías. ImageImage
No século XIX engádense novas capas de interese: os novos Estados Nación buscan construír mitos fundacionais e as academias e institución patrocinan estas imaxes. Por iso moitas veces acúdese á Idade Media, buscando unha certa distancia mítica. ImageImageImage
Read 24 tweets
11 Nov
Here is the great hillfort of Nemeño (Ponteceso, #Galicia), ruling a fertile valley. There has been a village inside the ramparts since at least the 9th century. In this new thread of #hillfortswednesday you will discover about old seaways, Vikings, place names and great poets. Image
Nemeño Hillfort controls not only the land, but is also very close to the sea and open to seaways. In the 19th century it was discovered here a Bronze Age spearhead with a rapier-shaped blade, clearly connected with British or Irish concepts at this time. #hillfortswednesday ImageImage
The church of Cores, very close to the hillfort, keeps an ara dedicated to Jupiter by the inhabitants of the hillfort of Aviliobris, which means in ancient Celtic, "the windy hill(fort)". Could this be the original name of the hillfort of Nemeño? #hillfortswednesday Image
Read 10 tweets
21 Oct
Today in #hillfortsWednesday I will talk to you about one of the most enigmatic and spectacular fortresses on the Galician coast: Mount Pindo. It is a story of wolf queens, burning forests and excommunicated castles. Come on, thread! 👇
Mount Pindo is located in Carnota, #Galicia. It is a geological prodigy, witness to the break-up of Pangea and the appearance of the sea, defining the Galician coast 100 million years ago with granite tectonic cliffs. #hillfortsWednesday.
As a consequence of these geological processes, a spectacular landscape can be seen, including the famous Ézaro waterfall, falling directly into the sea. Tradition says that the witches lived in a cave behind the water. #hillfortsWednesday.
Read 17 tweets

Did Thread Reader help you today?

Support us! We are indie developers!


This site is made by just two indie developers on a laptop doing marketing, support and development! Read more about the story.

Become a Premium Member ($3/month or $30/year) and get exclusive features!

Become Premium

Too expensive? Make a small donation by buying us coffee ($5) or help with server cost ($10)

Donate via Paypal Become our Patreon

Thank you for your support!

Follow Us on Twitter!