Sen dúbida un dos episodios máis fascinantes do século XV foi a gran revolta irmandiña. Pero a visión popular sobre este momento pertence máis ao presente que o pasado! Explícome. 👇
Para empezar, fíxate nesta gráfica que sinala a presenza do termo no corpus de textos de Google Books en español. Aínda que nos textos galegos fálase antes das Irmandades medievais, o termo e, en certo xeito, a forma de velo, nace nos 70 e sobre todo a partir dos 90.
Para comezar, está unha imaxe arquetípica: os paisanos do rural con fouces, forcas e antorchas queimando castelos, verdade?
Ben, pois FALSO. A verdade é moito máis fascinante e... evidente!
Pero a ver, en que cabeza cabe queimar un castelo e derrubalo violentamente? Coa cantidade de cousas interesantes que hai dentro e que se poden aproveitar! Tratátase de causar o menor dano posible para levar todo o do interior: trabes, pedras... o que se puidera!
Na Pobra do Deán, por exemplo, as Irmandades tumbaron o castelo do Deán de Santiago. Cando un tempo despois tentou recuperalo... non quedaba nada! Presentoulles un pleito aos veciños para que lle restituiran a pedra, a madeira, todo!
Cando as irmandades tomaron o castelo de Palmeira, xa había barcos agardando para levar a pedra para construír o mosteiro de Santo Antonio do Xobre. Nada máis saír o alcaide! Esta xente era moi práctica. Nesa sociedade a ninguén se lle ocorría queimar un ben valioso!
Outro mito moi grande é o tema dun suposto alzamento labrego. O certo é que, se mal non lembro, só houbo un exército irmandiño netamente campesiño, e foi na Ulla. O resto son partidas constituídas sobre todo por burgueses e vilegos. Un fenómeno moi urbano!
Tamén a idea da turba asaltando chea de furia as fortalezas. Vaia, estaban fartos e cabreados. Pero de turba pouco. As escavacións no castelo da Rocha Forte revelaron o uso MASIVO de máquinas de guerra por parte das irmandades para tumbar o castelo.
Unha imaxe máis cabal dos irmadiños, en consonancia con outras milicias armadas urbanas da Europa do momento, é o uso de espadas e arcos. De feito as flechas gustábanlles moito. En Compostela axustizaba aos reos (uns vascos que roubaran unhas pescadas, por exemplo) a flechazos.
E o terceiro mito é o da represión posterior. Segundo Carlos Barros, apenas temos documentación das represalias posteriores da nobreza contra as Irmandades. Certo é que moita represalia podía non ficar por escrito (coma noutros casos da nosa Historia), pero non hai case nada.
Por que? Pois temos unha anécdota fantástica. Cando Pardo de Cela volve en 1469 do exilio para recuperar as fortalezas, dille ao seu sogro, o conde de Lemos, que aforcase aos vasalos rebelados nos carballos. Pero o conde contestoulle que el non se mantiña dos carballos.
E o certo é que moitos dos líderes irmandiños continuaron vivos e activos despois da revolta. Parte da clave é que foran moi listos: case todo o fixeran polo libro e con cobertura legal. E sabemos que nalgúns casos gardaron celosamente a autorización para derrubar castelos.
Lembro a unha profe de instituto case cabreada cando lle expliquei isto último. Levaba décadas explicándolle aos alumnos a terrible represión. "E de onde a sacaches?", pregunteille. "Pero como non puido ser así?". Sacábano da memoria da guerra civil?
E o segundo é que os Irmandiños non eran exactamente rebeldes. Afirmaban querer volver a un estado anterior, un estado un tanto idílico ou imaxinario no que había xustiza. E parte da clave está no apoio que tiveron do inmenso poder da Igrexa galega, que meteu cartos a esgalla.
E iso. Os irmandiños son un caso arquetípico dos enormes matices do pasado, e de como tendemos a proxectar neles o presente. Que sobre todo se fixeran populares a finais dos 80 e 90 é moi interesante, e dá lugar a todo tipo de hipóteses.
É unha historia da que sentirse orgullosos. Pero o orgullo tamén é saber que non foi un asunto dunha turbamulta cabreada, senón un proceso moi ben pensado. Perderon, si. Pero o deseño da operación salvounos en parte das súas consecuencias máis atroces.
*Nota: máis que "nacer", mellor dicir que o termo "se estende". Pero vaia, os Irmandiños non se chamaban a si mesmos irmandiños. Eran das Irmandades. O do *-iño é un concepto para facelos máis galegueiros.

• • •

Missing some Tweet in this thread? You can try to force a refresh
 

Keep Current with Manuel Gago

Manuel Gago Profile picture

Stay in touch and get notified when new unrolls are available from this author!

Read all threads

This Thread may be Removed Anytime!

PDF

Twitter may remove this content at anytime! Save it as PDF for later use!

Try unrolling a thread yourself!

how to unroll video
  1. Follow @ThreadReaderApp to mention us!

  2. From a Twitter thread mention us with a keyword "unroll"
@threadreaderapp unroll

Practice here first or read more on our help page!

More from @magago

21 Aug
Hoxe quero levarvos a un momento moi pouco coñecido do noso pasado para o gran público, a unhas intrigantes estruturas que encheron a Europa do III e II milenio a.C. e como en Galicia se preservou, de xeito único, unha delas ata hoxe.

👇🏻
Acostumados á monumentalidade dos castros, non somos moi conscientes de que a Prehistoria está por todas partes en Galicia. Miles de aldeas invisibles, agachadas baixo os agros, feitas en madeira. Moitas delas atópanse cando se fan as autoestradas.

E moito máis antigas.
Coñecinas en 2010, nunha conferencia da arqueóloga Bea Comendador, que presentou unhas curiosas estruturas atopadas nos últimos anos en Galicia. Cabanas de forma navicular, todas de hai uns catro mil e pico anos. E coa mesma medida: 11x4 metros.
Read 19 tweets
24 Jul
Na véspera do Día Nacional de Galicia quérovos contar unha historia sobre o poder dunha canción. E sempre que traballo sobre esta historia pónseme a pel de galiña.
Imos! 👇
É a Alborada de Pascual Veiga, estreada en 1880 en Pontevedra. Para moitos, unha melodía que é todo: a ledicia e optimismo.
Na Pobra, todas as festas comezan ben cedo pola mañá, cos gaiteiros entrando na vila tocando o Antigo Himno e a Alborada.

Pero desde o principio a Alborada prendeu como a pólvora.
Veiga e a Orfeón Coruñés interpretárona na Exposición Universal de París en 1889 e alí gañaron o primeiro premio e a Gran Medalla de Ouro! Hai gravacións desde 1909. Esta é de 1911.
consellodacultura.gal/fondos_documen…
Read 19 tweets
17 Jun
Que estraño resulta ver, pasados oito anos, unha película que, en gran medida, vai sobre o paso do tempo: La Grande Bellezza. As grandes películas -as grandes historias- sempre falan sobre ti. Son como oráculos. Image
Había unha parte do filme que non aturaba no primeiro visionado: o da monxa santa. Desta tampouco, pero... estaba esta escena na que Jep Gambardella non se animou a subir a Scala Santa de xeonllos "por unha lesión de menisco de hai tempo". E aí estaba a monxa centenaria dándolle. Image
E conecteino con algo da miña vida, de tres anos antes do filme. No Fórum Gastronómico 2010 trouxemos ás monxas de clausura de Pantón a falar. Mentres os cociñeiros estaban mortos de medo por falar en público, xuro que nunca vin unha serenidade como a daquelas monxas. Image
Read 4 tweets
14 Jun
A catedral de Santiago é un inmenso dispositivo de memoria. Historias incribles que deixaron trazas moi difíciles de ver, pero que están aí. Vouche contar unha que te vai facer ir a Praterías a comprobalo por ti mesmo. 👇 Image
Lembrarás, por exemplo, a historia dos capiteis da capela do Salvador, e a tensión entre o bispo Diego Peláez e Afonso VI (que acabou como o rosario da aurora).

Un dos feitos máis emblemáticos da Idade Media galega foi a coroación de Afonso Raimúndez como rei por parte da nobreza galega e o arcebispo Diego Xelmírez na catedral. Foi o 17 de setembro de 1111.

Era un neno de seis anos. E simbolizaba todas as aspiracións do reino. Image
Read 10 tweets
6 Jun
Vouvos contar unha historia abraiante.

Durante a construción do AVE Santiago-Ourense, no tramo que pasaba pola parroquia de Abades (Silleda), foi preciso escavar unha mámoa. Parecía bastante afectada polo tempo, fora violada, pero...

Era unha sorte de ovo Kinder.👇
Resulta que a mámoa da Chousa Nova estaba, efectivamente, machacadísima.
Pero, como nas bonecas rusas, agachaba un dolmen, máis pequeno e moito máis vello mesmo que grandes dólmenes como Dombate. Védelo na zona superior dereita da foto.
E ese dolmen non fora expoliado.
Dentro, os arqueólogos atoparon o enxoval completo co que depositaran ao finado/a. Algo rarísimo neste país no que case todas as mámoas están rebentadas.

E dentro había algo marabilloso.
Read 10 tweets
4 Jun
No Museo das Mariñas de Betanzos consérvanse dous sepulcros do século XV que gardan un intrigante misterio. Son un matrimonio: Afonso de Carvallido e Clara Sanches.

E son os únicos irmandiños dos que conservamos unha imaxe.... ben, máis ou menos. 👇 ImageImage
Estes dous sepulcros, xunto a outro dun crego, apareceron fóra da igrexa, dados a volta, formando parte do pavimento da igrexa de Santa María do Azougue. A xente pisábaos sen saber o que había embaixo. Primero foron colocados preto da igrexa e logo levados ao museo. Image
Aínda que tiñan escudos nobiliarios e el levaba espada, non eran nobres. No sepulcro de Afonso dicíase que era mercader. Aínda así, xente importante, como se ve.

Alfredo Erias, director do museo, ficou pampo cando descubriu que se trataba dun dos líderes irmandiños de Betanzos. Image
Read 6 tweets

Did Thread Reader help you today?

Support us! We are indie developers!


This site is made by just two indie developers on a laptop doing marketing, support and development! Read more about the story.

Become a Premium Member ($3/month or $30/year) and get exclusive features!

Become Premium

Too expensive? Make a small donation by buying us coffee ($5) or help with server cost ($10)

Donate via Paypal

Thank you for your support!

Follow Us on Twitter!

:(