Na véspera do Día Nacional de Galicia quérovos contar unha historia sobre o poder dunha canción. E sempre que traballo sobre esta historia pónseme a pel de galiña.
Imos! 👇
É a Alborada de Pascual Veiga, estreada en 1880 en Pontevedra. Para moitos, unha melodía que é todo: a ledicia e optimismo.
Na Pobra, todas as festas comezan ben cedo pola mañá, cos gaiteiros entrando na vila tocando o Antigo Himno e a Alborada.

Pero desde o principio a Alborada prendeu como a pólvora.
Veiga e a Orfeón Coruñés interpretárona na Exposición Universal de París en 1889 e alí gañaron o primeiro premio e a Gran Medalla de Ouro! Hai gravacións desde 1909. Esta é de 1911.
consellodacultura.gal/fondos_documen…
O poder da Alborada é tan grande e representa tanto o que senten os galegos de finais do XIX, que Curros Enríquez cantará:
¡Gloria a quén un tesouro nesa canción vos leiga/ que ha de ser a Marsellesa galaica do porvir!./ ¡Eterno aplauso, vítores eternos ó gran Veiga (...)!
Podería contarvos mil historias da Alborada, pero voume deter só unha que é digna dunha gran escena do cine.
Aconteceu a miles de quilómetros de Galicia, en Bos Aires.
E dalgún xeito, cambiou aos galegos de alá.
A enorme colonia galega de Bos Aires no século XIX estaba enormemente fragmentada en microsociedades, é dicir, en pequenas entidades de auxilio mutuo divididas por parroquias, concellos e no mellor dos casos terras naturais.
Houbera unha tentativa de crear un centro galego que conseguira reunilos a todos e dotar á colectividade de máis forza, tanto para conseguir beneficios sociais como para exercer de lobby que defendera os intereses dos galegos, a súa lingua e cultura.
Un desastre, coma sempre.
E boa parte do desastre viña de algo que hoxe nos pode parecer raro desde a perspectiva actual, pero era así. Todos aqueles emigrantes tiña apenas unha vaga idea do que era ser galego. Eran da súa parroquia, e listo.
Non había vínculos comúns.
Galicia non era nada.
Se reparades, a loita do galeguismo desde o século XIX era crear vínculos comúns. E pensade en Arredor de si, a novela de Otero Pedrayo. Hadrián Solovio só é capaz de ver Galicia cando repara no mapa de Fontán, cando a ve enteira.
Iso era o que pasaba. Non a vían.
En xullo de 1906 morre Pascual Veiga. A esa altura xa era un auténtico mito nacional. A noticia supera inmediatamente a Península e se propaga polas colonias galegas de América. E comezan a prepararse homenaxes.
Os galegos de Bos Aires proxectaron en outubro de 1906 unha homenaxe ao músico no Teatro Victoria. Había tres orfeóns galegos, por suposto enfrontados entre si. Levábanse a matar. O pobrense Egidio Paz foi capaz de reunilos case por primeira vez grazas a Pascual Veiga.
Comezou a función. O teatro a rebentar de emigrantes galegos. E as 120 voces arrincaron ao unísono coa Alborada.

Arriba que a aurora comeza a pintar, a luz que namora na terra e no mar

E de súpeto sucedeu algo incrible.
Algo único.
Algo que emociona aínda hoxe.
Nada máis comezar o coro, TODO o teatro comezou a cantar, seguíndoos.
E cando comezaron a cantar, miráronse os uns aos outros abraiados.
Os de Ribadeo ás do Valmiñor. Os de Ponteceso aos da Fonsagrada. As de Ribadavia ás de Ortigueira.
Pero que pasa?
"Pero como saben eses a nosa canción, a canción que cantamos na nosa parroquia? E como o saben aqueles outros? E mesmo aqueles apirolados de tal sitio?".
Pero se esa canción era NOSA de toda a VIDA!!!!
E de súpeto, por primeira vez, aquela masa humana que se miraba con desconfianza, que eran parte dunha nación que fora esgazada, silenciada, soterrada durante séculos cantaba por primeira vez xuntos.
E non cantaban un himno relixioso.
Cantaban unha alborada.
Un espertar.
Había un xornalista entre as bambalinas, tomando nota da homenaxe a Veiga para a súa crónica. Era Xosé Ramón Lence.
Lence veu clarísimo o que estaba sucedendo.
Ao día seguinte, na súa crónica, dixo que os tempos eran chegados. Era o momento de unirse nun Centro Galego. Por fin.
E velaí naceu, en 1907, o Centro Galego de Bos Aires. Unha das institucións máis importantes, no seu tempo, dun país que se estende polas ribeiras do Atlántico, e que foi depositario e refuxio das arelas de liberdade, das artes e das letras de Galicia en tempos escuros.
O poder dunha canción.
O poder de sentirse parte de algo máis grande cun mesmo.
Feliz Día Nacional de Galicia.

• • •

Missing some Tweet in this thread? You can try to force a refresh
 

Keep Current with Manuel Gago

Manuel Gago Profile picture

Stay in touch and get notified when new unrolls are available from this author!

Read all threads

This Thread may be Removed Anytime!

PDF

Twitter may remove this content at anytime! Save it as PDF for later use!

Try unrolling a thread yourself!

how to unroll video
  1. Follow @ThreadReaderApp to mention us!

  2. From a Twitter thread mention us with a keyword "unroll"
@threadreaderapp unroll

Practice here first or read more on our help page!

More from @magago

17 Jun
Que estraño resulta ver, pasados oito anos, unha película que, en gran medida, vai sobre o paso do tempo: La Grande Bellezza. As grandes películas -as grandes historias- sempre falan sobre ti. Son como oráculos. Image
Había unha parte do filme que non aturaba no primeiro visionado: o da monxa santa. Desta tampouco, pero... estaba esta escena na que Jep Gambardella non se animou a subir a Scala Santa de xeonllos "por unha lesión de menisco de hai tempo". E aí estaba a monxa centenaria dándolle. Image
E conecteino con algo da miña vida, de tres anos antes do filme. No Fórum Gastronómico 2010 trouxemos ás monxas de clausura de Pantón a falar. Mentres os cociñeiros estaban mortos de medo por falar en público, xuro que nunca vin unha serenidade como a daquelas monxas. Image
Read 4 tweets
14 Jun
A catedral de Santiago é un inmenso dispositivo de memoria. Historias incribles que deixaron trazas moi difíciles de ver, pero que están aí. Vouche contar unha que te vai facer ir a Praterías a comprobalo por ti mesmo. 👇 Image
Lembrarás, por exemplo, a historia dos capiteis da capela do Salvador, e a tensión entre o bispo Diego Peláez e Afonso VI (que acabou como o rosario da aurora).

Un dos feitos máis emblemáticos da Idade Media galega foi a coroación de Afonso Raimúndez como rei por parte da nobreza galega e o arcebispo Diego Xelmírez na catedral. Foi o 17 de setembro de 1111.

Era un neno de seis anos. E simbolizaba todas as aspiracións do reino. Image
Read 10 tweets
6 Jun
Vouvos contar unha historia abraiante.

Durante a construción do AVE Santiago-Ourense, no tramo que pasaba pola parroquia de Abades (Silleda), foi preciso escavar unha mámoa. Parecía bastante afectada polo tempo, fora violada, pero...

Era unha sorte de ovo Kinder.👇
Resulta que a mámoa da Chousa Nova estaba, efectivamente, machacadísima.
Pero, como nas bonecas rusas, agachaba un dolmen, máis pequeno e moito máis vello mesmo que grandes dólmenes como Dombate. Védelo na zona superior dereita da foto.
E ese dolmen non fora expoliado.
Dentro, os arqueólogos atoparon o enxoval completo co que depositaran ao finado/a. Algo rarísimo neste país no que case todas as mámoas están rebentadas.

E dentro había algo marabilloso.
Read 10 tweets
4 Jun
No Museo das Mariñas de Betanzos consérvanse dous sepulcros do século XV que gardan un intrigante misterio. Son un matrimonio: Afonso de Carvallido e Clara Sanches.

E son os únicos irmandiños dos que conservamos unha imaxe.... ben, máis ou menos. 👇 ImageImage
Estes dous sepulcros, xunto a outro dun crego, apareceron fóra da igrexa, dados a volta, formando parte do pavimento da igrexa de Santa María do Azougue. A xente pisábaos sen saber o que había embaixo. Primero foron colocados preto da igrexa e logo levados ao museo. Image
Aínda que tiñan escudos nobiliarios e el levaba espada, non eran nobres. No sepulcro de Afonso dicíase que era mercader. Aínda así, xente importante, como se ve.

Alfredo Erias, director do museo, ficou pampo cando descubriu que se trataba dun dos líderes irmandiños de Betanzos. Image
Read 6 tweets
5 May
I know of few sites that so dramatically reflect what an Iron Age hillfort SHOULD BE as Castro da Cidá (Ribeira, #Galicia), now with its restored upper wall.

But A Cidá also hides a great enigma. Will you come and see it with me? 👇

#HillfortsWednesday
With its complex defensive system, its monumentality and dominance, its large size (3 ha) by Galician standards and even its name, 'A Cidá' (Lat. 'civitas', 'the town'), everything would suggest a Late Iron Age hillfort.

But it's not.

#HillfortsWednesday

Mdt: @fonte_joao
Radiocarbon dates are clear enough: A Cidá was inhabited in the Early Iron Age, VII-V BC. When most of the oppida and big hillfort were villages or did not exist yet, the hillfort of A Cidá had already been abandoned.

But there are even more strange things.

#HillfortsWednesday
Read 9 tweets
3 May
Acábome de decatar dun detalle moi curioso nunha das edicións do primeiro mapa xeral do reino de Galicia, deseñado polo padre Oxea desde México.

A primeira edición foi impresa en Amberes en 1603 e formou parte do Theatrum Orbis Terrarum, de Abraham Ortelio. É esta marabilla. 👇 Image
O mapa foi unha intelixente operación das elites nobiliares galegas, que normalizaron a presenza senlleira do reino de Galicia na principal referencia cartográfica mundial. Tedes que ler esta descrición da imaxe.

Iso si, esa primeira edición fallaba como unha escopeta de feira. Image
"Su temperamento, ni frío ni caliente"
"Mucho vino y del mejor que se halla en toda Europa".
O da seda é boísimo, e ten a súa chicha da que falarei outro día.

Pero imos ao noso.
Read 8 tweets

Did Thread Reader help you today?

Support us! We are indie developers!


This site is made by just two indie developers on a laptop doing marketing, support and development! Read more about the story.

Become a Premium Member ($3/month or $30/year) and get exclusive features!

Become Premium

Too expensive? Make a small donation by buying us coffee ($5) or help with server cost ($10)

Donate via Paypal Become our Patreon

Thank you for your support!

Follow Us on Twitter!

:(