No Museo das Mariñas de Betanzos consérvanse dous sepulcros do século XV que gardan un intrigante misterio. Son un matrimonio: Afonso de Carvallido e Clara Sanches.
E son os únicos irmandiños dos que conservamos unha imaxe.... ben, máis ou menos. 👇
Estes dous sepulcros, xunto a outro dun crego, apareceron fóra da igrexa, dados a volta, formando parte do pavimento da igrexa de Santa María do Azougue. A xente pisábaos sen saber o que había embaixo. Primero foron colocados preto da igrexa e logo levados ao museo.
Aínda que tiñan escudos nobiliarios e el levaba espada, non eran nobres. No sepulcro de Afonso dicíase que era mercader. Aínda así, xente importante, como se ve.
Alfredo Erias, director do museo, ficou pampo cando descubriu que se trataba dun dos líderes irmandiños de Betanzos.
Pero había un problema. Na ilustración anterior, Alfredo Erias recreou artisticamente a cara a Afonso.
Pero no sepulcro non a ten. Na escultura a cara foi violentada e eliminada. Alfredo, coñecedor da escultura clásica, decatouse do que podía estar a pasar.
DAMNATIO MEMORIAE.
Casualidade? Cheira un pouco a can. "Logo veu nestas terras a vinganza do arcebispo e de Diego de Andrade e pagaríana os seus sepulcros, que serían sacados da igrexa e reempregados indignamente, non sen antes facer desaparecer a cara de Afonso".
Neste artigo Alfredo Erias explica a súa hipótese.
Durante a construción do AVE Santiago-Ourense, no tramo que pasaba pola parroquia de Abades (Silleda), foi preciso escavar unha mámoa. Parecía bastante afectada polo tempo, fora violada, pero...
Era unha sorte de ovo Kinder.👇
Resulta que a mámoa da Chousa Nova estaba, efectivamente, machacadísima.
Pero, como nas bonecas rusas, agachaba un dolmen, máis pequeno e moito máis vello mesmo que grandes dólmenes como Dombate. Védelo na zona superior dereita da foto.
E ese dolmen non fora expoliado.
Dentro, os arqueólogos atoparon o enxoval completo co que depositaran ao finado/a. Algo rarísimo neste país no que case todas as mámoas están rebentadas.
I know of few sites that so dramatically reflect what an Iron Age hillfort SHOULD BE as Castro da Cidá (Ribeira, #Galicia), now with its restored upper wall.
But A Cidá also hides a great enigma. Will you come and see it with me? 👇
With its complex defensive system, its monumentality and dominance, its large size (3 ha) by Galician standards and even its name, 'A Cidá' (Lat. 'civitas', 'the town'), everything would suggest a Late Iron Age hillfort.
Radiocarbon dates are clear enough: A Cidá was inhabited in the Early Iron Age, VII-V BC. When most of the oppida and big hillfort were villages or did not exist yet, the hillfort of A Cidá had already been abandoned.
Acábome de decatar dun detalle moi curioso nunha das edicións do primeiro mapa xeral do reino de Galicia, deseñado polo padre Oxea desde México.
A primeira edición foi impresa en Amberes en 1603 e formou parte do Theatrum Orbis Terrarum, de Abraham Ortelio. É esta marabilla. 👇
O mapa foi unha intelixente operación das elites nobiliares galegas, que normalizaron a presenza senlleira do reino de Galicia na principal referencia cartográfica mundial. Tedes que ler esta descrición da imaxe.
Iso si, esa primeira edición fallaba como unha escopeta de feira.
"Su temperamento, ni frío ni caliente"
"Mucho vino y del mejor que se halla en toda Europa".
O da seda é boísimo, e ten a súa chicha da que falarei outro día.
Aquí vedes o "guerreiro de Aián", unha misteriosa figura de Trabancas (Agolada). Ata o século XIX, non era unha lousa. A xente coñecíaa coma o "santito", pero é moi curioso porque nos 90 pasou ser coñecida como o "guerreiro" de Aián.
A lauda estaba labrada nunha laxe ao pé do monte Farelo e chamaba moito a atención. O Mingos de Aián extraiuna da laxe para decorar a súa casa, e alí estivo ata que desapareceu en 2011. Finalmente, localizouse nunha casa particular de Monterroso.
Fálase de que foi unha "proba" para a escultura de Lope de Ventosa. A min non mo parece. Tampouco semella un guerreiro. Durmiu durante séculos, a medio facer, no fermoso Farelo.
A ver se algún especialista se anima a darnos algunha pista máis a partir da súa iconografía.
Today we are going to talk about ancient relics in the hillforts: antennae daggers that appear, whole, many centuries after they were made, in Late Iron Age hillforts. What stories have we lost about them?
Our first treasure appeared in the foundations of a house in the hillfort of Os Castros (Taramundi, Asturias, near the border with Galicia). The house had been built in the Late Iron Age. The hillfort was inhabited from the Late Bronze Age.
Look at it: gorgeous. Because it preserved the organic material of the sheath, radiocarbon dating was possible. Between the 14th and 10th centuries BC. These daggers have Central European influences on the handles and Mediterranean influences on the blades.
Foi polo 1996 cando me atopei coas vivas raiceiras dun dos grandes mitos do país. Estabamos perdidos no Valadouro. Un vello en bicicleta parou. Sinalou para ese monte e dixo:
A min chaman toda Mira
Señora do gran tesouro,
Por estrela esclarecida,
xago neste Valedouro.
👇
Referíase ao castelo da Frouseira, a inexpugnable fortaleza na que o Mariscal Pardo de Cela resistiu entre 1481 e 1483 o durísimo asedio das tropas do capitán francés Mudarra, enviado polos Reis Católicos para someter á nobreza galega.
O símbolo do ocaso dun mundo.
O Mariscal é unha das figuras controvertidas da historia do país. Desde o século XIX, símbolo para uns da resistencia galega fronte a Castela, para outros un foraxido feudal que tiña ben merecida a súa decapitación en Mondoñedo en 1483.