Esta é a representación máis antiga dos hórreos de estilo galego. Está nas Cantigas de Santa María. Parécense aos actuais pero hai diferencias. Faltan os adornos (cruces, lampións, etc...), teñen fermosos capiteis e basas decorados pero comparten certo toque vintage! 👇
Mirade eses arcos de ferradura! Teñen unha longa tradición na nosa arte tardoantiga (Bande, Celanova), pero no século XIII xa estaban en desuso nas construcións relixiosas cristiás. Pero na arquitectura popular se cadra seguían usándose.
Que eu saiba, aínda non temos evidencias arqueolóxicas para este tipo de hórreos medievais. Pero eses arcos desvelan a capacidade das sociedades campesiñas para preservaren formas e estilos antigos e facer dun graneiro un pequeno monumento familiar con moita memoria. Así seguen.
Quen di tardoantiga di altomedieval, yatusabesh.
• • •
Missing some Tweet in this thread? You can try to
force a refresh
Sen dúbida un dos episodios máis fascinantes do século XV foi a gran revolta irmandiña. Pero a visión popular sobre este momento pertence máis ao presente que o pasado! Explícome. 👇
Para empezar, fíxate nesta gráfica que sinala a presenza do termo no corpus de textos de Google Books en español. Aínda que nos textos galegos fálase antes das Irmandades medievais, o termo e, en certo xeito, a forma de velo, nace nos 70 e sobre todo a partir dos 90.
Para comezar, está unha imaxe arquetípica: os paisanos do rural con fouces, forcas e antorchas queimando castelos, verdade?
Ben, pois FALSO. A verdade é moito máis fascinante e... evidente!
Hoxe quero levarvos a un momento moi pouco coñecido do noso pasado para o gran público, a unhas intrigantes estruturas que encheron a Europa do III e II milenio a.C. e como en Galicia se preservou, de xeito único, unha delas ata hoxe.
👇🏻
Acostumados á monumentalidade dos castros, non somos moi conscientes de que a Prehistoria está por todas partes en Galicia. Miles de aldeas invisibles, agachadas baixo os agros, feitas en madeira. Moitas delas atópanse cando se fan as autoestradas.
E moito máis antigas.
Coñecinas en 2010, nunha conferencia da arqueóloga Bea Comendador, que presentou unhas curiosas estruturas atopadas nos últimos anos en Galicia. Cabanas de forma navicular, todas de hai uns catro mil e pico anos. E coa mesma medida: 11x4 metros.
Na véspera do Día Nacional de Galicia quérovos contar unha historia sobre o poder dunha canción. E sempre que traballo sobre esta historia pónseme a pel de galiña.
Imos! 👇
É a Alborada de Pascual Veiga, estreada en 1880 en Pontevedra. Para moitos, unha melodía que é todo: a ledicia e optimismo.
Na Pobra, todas as festas comezan ben cedo pola mañá, cos gaiteiros entrando na vila tocando o Antigo Himno e a Alborada.
Pero desde o principio a Alborada prendeu como a pólvora.
Veiga e a Orfeón Coruñés interpretárona na Exposición Universal de París en 1889 e alí gañaron o primeiro premio e a Gran Medalla de Ouro! Hai gravacións desde 1909. Esta é de 1911. consellodacultura.gal/fondos_documen…
Que estraño resulta ver, pasados oito anos, unha película que, en gran medida, vai sobre o paso do tempo: La Grande Bellezza. As grandes películas -as grandes historias- sempre falan sobre ti. Son como oráculos.
Había unha parte do filme que non aturaba no primeiro visionado: o da monxa santa. Desta tampouco, pero... estaba esta escena na que Jep Gambardella non se animou a subir a Scala Santa de xeonllos "por unha lesión de menisco de hai tempo". E aí estaba a monxa centenaria dándolle.
E conecteino con algo da miña vida, de tres anos antes do filme. No Fórum Gastronómico 2010 trouxemos ás monxas de clausura de Pantón a falar. Mentres os cociñeiros estaban mortos de medo por falar en público, xuro que nunca vin unha serenidade como a daquelas monxas.
A catedral de Santiago é un inmenso dispositivo de memoria. Historias incribles que deixaron trazas moi difíciles de ver, pero que están aí. Vouche contar unha que te vai facer ir a Praterías a comprobalo por ti mesmo. 👇
Lembrarás, por exemplo, a historia dos capiteis da capela do Salvador, e a tensión entre o bispo Diego Peláez e Afonso VI (que acabou como o rosario da aurora).
Un dos feitos máis emblemáticos da Idade Media galega foi a coroación de Afonso Raimúndez como rei por parte da nobreza galega e o arcebispo Diego Xelmírez na catedral. Foi o 17 de setembro de 1111.
Era un neno de seis anos. E simbolizaba todas as aspiracións do reino.
Durante a construción do AVE Santiago-Ourense, no tramo que pasaba pola parroquia de Abades (Silleda), foi preciso escavar unha mámoa. Parecía bastante afectada polo tempo, fora violada, pero...
Era unha sorte de ovo Kinder.👇
Resulta que a mámoa da Chousa Nova estaba, efectivamente, machacadísima.
Pero, como nas bonecas rusas, agachaba un dolmen, máis pequeno e moito máis vello mesmo que grandes dólmenes como Dombate. Védelo na zona superior dereita da foto.
E ese dolmen non fora expoliado.
Dentro, os arqueólogos atoparon o enxoval completo co que depositaran ao finado/a. Algo rarísimo neste país no que case todas as mámoas están rebentadas.