É ben sabido que a Corunha galega non é a única poboación con tan sonoro nome. Mais sabiades que nas illas Hébridas escocesas (máis en concreto na de North Uist) hai tamén unha "Corùna" (así, tal cal) que debe o seu nome directamente á nosa Corunha? Vai fío. Image
A historia comeza na batalla de Elvinha, conhecida no mundo anglófono como "The Battle of Coruna", que decorreu tal día coma onte (16 de xaneiro) de 1809 e na cal perdeu a vida o xeneral escocés Sir John Moore. Image
O sartego de Moore, de feito, álzase aínda hoxe, discreto e silencioso, nos Xardíns de San Carlos, na Corunha. Image
Offtopic: Rosalía de Castro, en Follas Novas, inspirouse nesta tumba para lle dedicar ao malfadado militar escocés unha das máis poderosas elexías xamais escritas en lingua galega. Image
Outro offtopic: o poema foi dedicado pola autora á súa amiga María Bertorini (aka Mary Margareth Jones), natural do País de Gales e bisavoa de Camilo José Cela. As voltas que dá a vidinha...
O caso é que di a tradición que unha tal Mór Chaimbeul de Skye foi a que deu o derradeiro grolo de auga a John Moore no campo de batalla, xusto antes de o xeneral ser abatido polas tropas do francés Soult. Image
Por se fose pouco, Mór Chaimbeul resultou gravemente ferida no combate, no decurso do cal tamén perdeu a vida o seu marido, un soldado do clan McLeod de Dunvegan (lugar, a propósito, tamén bastante vinculado á Galiza...). Image
Ao regresar á Escocia, a nosa protagonista, xa viúva, casou con outro veterano da contenda corunhesa, Domnhall mac Mhurchaidh, e mudouse canda el á illa de North Uist, onde o casal refixo a súa vida. Image
Alí, as historias bélicas de Mac Mhurchaidh pouco tardaron en tornarse populares entre a vicinhanza, que acudía ao domicilio do ex-soldado para ouvilas... Especialmente aquelas relacionadas coa batalla da Corunha.
"Imos á Corunha hoxe á noite ouvir as historias", dicía a rapazada, e foi por esa razón que o lugar de residencia do vello militar armado en contacontos acabou por conhecerse como "Corùna". Image
Un descendente desta familia foi Dòhmnall Ruadh Chorùna (1887-1967), un dos grandes bardos escoceses do século XX, canteiro de profesión. Velaquí o tendes ⬇️ Image
Dòhmnall Ruadh recebe o alcume de "O Poeta das Trincheiras", xa que moitas das súas composicións inspíranse nas súas experiencias como soldado durante a Grande Guerra europea, que viveu nos campos de batalla da Franza. Image
De facto, un dos poemas máis emblemáticos e máis musicados da cultura escocesa é da súa autoría: "An Eala Bhán" (O cisne branco), no cal Dòhmnall Ruadh relembra a súa namorada Magaidh nic Leóid no fragor da batalla. Image
A propósito, Dòhmnall Ruadh conhecia ben a historia da Corúna escocesa, que, como el deixou dito, "así continuará a chamarse mentres o sol continúe a navegar cara ao oeste". Palabra de bardo! Pouca broma... Image
(Non queremos deixar de comentar que a ilustración de Rosalía de Castro que acompanha este fío é obra do amigo @miguelcuba ).
Se quixerdes ler máis polo miúdo outras historias coma esta, podedes visitarnos en dabeiraatlantica.blogspot.com. Convidamos a café de pota e o que houber pola casa 😀

• • •

Missing some Tweet in this thread? You can try to force a refresh
 

Keep Current with Beira Atlántica

Beira Atlántica Profile picture

Stay in touch and get notified when new unrolls are available from this author!

Read all threads

This Thread may be Removed Anytime!

PDF

Twitter may remove this content at anytime! Save it as PDF for later use!

Try unrolling a thread yourself!

how to unroll video
  1. Follow @ThreadReaderApp to mention us!

  2. From a Twitter thread mention us with a keyword "unroll"
@threadreaderapp unroll

Practice here first or read more on our help page!

More from @AtlanticaBeira

Feb 4
1/5 Falabamos o outro día, co gallo do #Ulysses100, da tradución realizada por Otero Pedrayo, mais a relación da nosa literatura co clásico de James Joyce non se reduce a esta incursión do Patriarca de Trasalba.
2/5 Porque o que probabelmente poidamos considerar o primeiro "spin off" do "Ulysses" saíu do maxín de Vicente Risco: referímonos ao relato "Dedalus en Compostela", que viu a luz nas páxinas da revista "Nós" (onde se non!) en 1929. Image
3/5 Como sabedes, Stephen Dedalus (alter ego do proprio Joyce) é o adláter de Leopold Bloom en "Ulysses", mais xa aparecera noutras obras do autor, como "A portrait of the artist as a young man" (1916), que o proprio Risco menciona explicitamente no seu relato. Image
Read 5 tweets
Mar 16, 2021
O SAN PATRICIO GALEGO
San Patricio (Naomh Padraig), acometeu con entusiasmo a cristianización da Irlanda, sen reparar en milagres. Entre os máis célebres está o de expulsar as serpes do país, lanzándoas ao mar. Un dos episodios máis representados na iconografía irlandesa. Image
A lenda é antiga e xa tivo outros protagonistas (en textos altomedievais é San Columba quen aparece como artífice do milagre). A primeira mención a San Patricio erradicando as cobras aparece na Topographia Hibernica, de Giraldus Cambrensis, un texto redixido por volta de 1188. Image
Cómpre dicer que Giraldus se mostraba moi céptico coa lenda. Segundo el, na verdade nunca na Irlanda houbera serpes (e é certo!), algo que el, como propagandista ao servizo dos anglo-normandos, atribuía "ás proprias deficiencias da illa" (sic). Non lles pasaba unha... Image
Read 11 tweets
Mar 7, 2021
O vella tema das illas do Outro Mundo situadas a oeste, alén da nona onda, está na orixe dun xénero peculiar da literatura irlandesa medieval: os "imramma", relatos sobre relixiosos que navegan na procura do Paraíso e que, claro está, tiveron eco nesta nosa fisterra galega. Image
Son poucos os "imramma" conservadas, embora un deles acabase por se tornar un dos best sellers da literatura europea medieval: a famosísima "Nauigatio Sancti Brendani", ou Navegación de San Brandán. Image
Na Galiza, o relato de Trezenzonio e a súa viaxe á fabulosa Insula Magna Solistitionis desde a torre de Brigantium encaixa coma unha luva na estrutura e os temas dos "imramma" irlandeses. Dese texto falámosvos aquí: dabeiraatlantica.blogspot.com/2020/10/trezen… Image
Read 13 tweets

Did Thread Reader help you today?

Support us! We are indie developers!


This site is made by just two indie developers on a laptop doing marketing, support and development! Read more about the story.

Become a Premium Member ($3/month or $30/year) and get exclusive features!

Become Premium

Don't want to be a Premium member but still want to support us?

Make a small donation by buying us coffee ($5) or help with server cost ($10)

Donate via Paypal

Or Donate anonymously using crypto!

Ethereum

0xfe58350B80634f60Fa6Dc149a72b4DFbc17D341E copy

Bitcoin

3ATGMxNzCUFzxpMCHL5sWSt4DVtS8UqXpi copy

Thank you for your support!

Follow Us on Twitter!

:(