Foi polo 1996 cando me atopei coas vivas raiceiras dun dos grandes mitos do país. Estabamos perdidos no Valadouro. Un vello en bicicleta parou. Sinalou para ese monte e dixo:
A min chaman toda Mira
Señora do gran tesouro,
Por estrela esclarecida,
xago neste Valedouro.
👇
Referíase ao castelo da Frouseira, a inexpugnable fortaleza na que o Mariscal Pardo de Cela resistiu entre 1481 e 1483 o durísimo asedio das tropas do capitán francés Mudarra, enviado polos Reis Católicos para someter á nobreza galega.
O símbolo do ocaso dun mundo.
O Mariscal é unha das figuras controvertidas da historia do país. Desde o século XIX, símbolo para uns da resistencia galega fronte a Castela, para outros un foraxido feudal que tiña ben merecida a súa decapitación en Mondoñedo en 1483.
O pasado sempre é presente.
O outro día fun ver a lauda familiar na catedral de Mondoñedo. Nada indica con quen estaba vinculada. Alomenos quitaron o humillante banco de riba.
No tempo que estiven alí, achegáronse varias persoas. "É a tumba do Mariscal?", dubidábanme. Ficaban en silencio.
Impresionoume.
A lauda foi descuberta nos anos 60. De aquela aínda mantiña "con toda claridade" o nome Pardo de Cela. Era dun arcediago descendente do Mariscal e pode que no interior estivesen os restos do decapitado. A lauda moveuse a 1 zona de moito tránsito e degradouse.
Galegada de manual.
Con independencia da interpretación que hoxe deamos da morte de Pardo de Cela, o feito innegable é que se trata da figura histórica do país que perviviu de maneira máis viva e complexa na memoria popular, con diferencia. Por que?
Vou contarvos 2 historias que atopei hai pouco.
Todo feito histórico debe ser empaquetado para poder ser transmitido oralmente. Empaquetar significa construír unha narrativa.
Unha das narrativas populares máis poderosas é a TRAIZÓN. Pardo de Cela equipárase a Cristo. Mirade, mirade. 👇
De min, a triste Frouseira
que por traizón foi vendida
derrubada na ribeira,
que xamais se veu vencida.
Por traizón tamén vendido
Xesús noso Redentor,
e por aquestes traidores
Pero Pardo, meu señor.
Vintedous foron chamados
os que vendido lo han.
Eis o Pranto da Frouseira.
O que eu non tiña nin idea é que conservamos a nómina dos 22 traidores, detallada ata o estremo. A súa primeira versión foi escrita tres décadas trala execución de Pardo de Cela. Imos con ela, que paga a pena.
Os 22 traidores eran xentes da total confianza do Mariscal, o cal aínda agrava o asunto.
Vn Fernan Garcia Tafornelos, natural das Pontes de Garcia Rodriguez.
Vn Pedro Lopez, natural do Vicedo junto Aldearriba.
Vn Afonso de Santa Mariña, que se dizia das Negradas do Sol.
Vn Afonso Alvariño, natural das Pontes de Garcia Rodriguez.
Vn Gomez do Maurolle.
Vn Roy de Mera.
Vn Marcos da Canada.
Vn Pedro de Merlon.
Vn Iuan Bermuz.
Vn Roy Bermuz.
Vn Iusto Bermuz. Todos estos sete naturas de Santa Marta, en especial onde chaman, as Trameras.
Vn Afonso Barba, natural das Granas do Iol.
Vn Iuan das Mangas, natural do Concello de Viveyro.
Vn Fernando do Guncal, natural de junto à Lama do Moman.
Vn Roy Cofano (este en teoría foi o líder dos traidores)
Vn Pero do Valedouro.
Vn Fernando Fondaya.
Vn Iuan Martiz do Bacoy.
Vn Fernando de Biladalle.
Vn tal Carico chamado.
Vn Rapatus Sonanbas, naturas do Baro na Sturias.
Vn Gonçalvo do Iuncal, natural do Alban junto Mosteyro de Meyra.
E outra muller natural de Mura, chamada Elvira de Muras.
Esta lista de traidores foise copiando, con poucas variantes, en relacións gardadas nos pazos da comarca de Mondoñedo e Valadouro ata ben avanzado o século XVIII. Os pazos eran dos descendentes do Mariscal, os Pardo e a Casa de Saavedra.
TRESCENTOS ANOS DE TRAIDORES.
A teimosía destes fidalgos por gardar a memoria da traizón é abraiante. A traizón non se esqueceu. Os traidores e os seus descendentes tiñan que pagar "na casa sinas da sua traçon, com um bellon de laa, è dos capois por fumes"
Pero as consecuencias da traizón duraron cando menos DOUSCENTOS CINCUENTA ANOS.
Ata finais do XVII os descendentes dos traidores non podían testificar nos xuízos na comarca. E os nobres do Valadouro debían acreditar que non proviñan das familias dos que perderon a Frouseira.
E isto non afectaba só ao bispado de Mondoñedo.
A finais do XVII Fernando Mosquera de Lanzós, un rapaz do Valadouro, tivo que acreditar que os seus apelidos "non traían orixe nin descendencia da Frouseira" para entrar no colexio de Fonseca da Universidade de Santiago.
Son nesas relacións dos Saavedra nas que se conserva, tamén o mítico Pranto da Frouseira. Baixo a tradición oral, temos agochada a palanca dun poder que quería perpetuar a memoria do executado. Pero esa memoria chega a influír na xustiza e na universidade.
Son eses discursos fuxidíos, que se albiscan entre as liñas parcas e escuetas, os que me interesan, aínda que moitas veces non sexamos quen de chegar a eles.
E logo estaba a memoria popular. E aí tamén hai cousas alucinantes e pouco coñecidas.
Coa tradición oral acontece como coa biodiversidade: vaise reducindo e fainos pensar que o mundo sempre foi así. De Pardo de Cela contábanse moitas historias no Valadouro ata hai pouco. Pero o bo de Lence Santar recolleu, a principios do XX, retallos de algo prodixioso.
Porque Lence Santar recolle das xentes un discurso diferente ao das relacións dos Saavedra.
Pardo de Cela é un heroe con atributos fantásticos propios dun ciclo mitolóxico.
En Santa Cilla do Valadouro falábase de que era un home "forte e valente" e do seu famoso anel máxico. Con el conseguía botar os barcos ao fondo do mar.
Tamén contaban que tiña dous cabalos poderosos cos cales púñase en Mondoñedo en media hora.
E un dos atributos máis interesantes e estraños: falaban de que Pardo de Cela non podía ver diante "casa ningunha branca", e que se as mulleres levaban dengue colorado (como o desta rapaza) mandáballos quitar. Raro, non?
No folclore tamén tiña outro tipo de atributos de forza e valentía habituais dos heroes populares. Pero estes detalles: un anel máxico, dous cabalos, e esa especie de tabús ou prohibicións... ?
Veña, estamos en fin de semana, imos despedirnos deixando voar a imaxinación.
Nos ciclos épicos antigos o heroe está construído non só con trazos psicolóxicos, senón cun universo de obxectos e características físicas ou biográficas que moitas veces son as que propician o avance da historia.
Cando lin a Lence veume á cabeza un heroe. Este.
Cú Chulainn.
Cú Chulainn é o máis famoso heroe irlandés, o gran protagonista do ciclo do Ulster. Era fillo do deus Lugh e de Dectera, a irmá do rei de Ulster. A historia de Cú Chulainn é complexa e fascinante, pero hai tres detalles ben interesantes.
Cú Chulainn namorou dunha guerreira chamada Aoife, que quedou embarazada. "Leva o meu anel", díxolle Cú Chulainn, "e mándame o neno de volta a Irlanda cando lle poidas encaixar o anel no dedo". E o neno volveu, vaia se volveu, unha historia tráxica co anel no centro.
Agora alucinade con este. Cú Chulainn ten dous cabalos: Liath Macha e Dub Sainglend, que atopou na lagoa de Linn Liaith e cos que se despraza velozmente nos combates.
E o terceiro atributo decisivo de Cú Chulainn: os geasa, ou tabús, ou xuramentos. O de Cú Chulainn era comer carne de can. Ao ter que aceptar a carne dunha vella que llo ofrece, Cú Chulainn debilítase e cae en combate.
Esas aprensións de Pardo de Cela feden a tabús dese tipo.
Con isto non quero dicir que Pardo de Cela sexa un Cú Chulainn ou algo así. Simplemente que canda a (novelesca) historia do Mariscal soportada polo relato dos seus descendentes, había outra tradición, vizosa, da que só chegamos a ver os relampos que transcribiu Lence.
Para rematar. Na exposición Galicia 100, presentei obxectos moi distintos que tiñan vínculos suxestivos entre si. Así que emparellei o mosquetón de Foucellas e a cadea Mariscala, preservada no Museo de Lugo. A tradición dicía que fora a cadea coa que estivera preso Pedro Pardo.
Eran dous obxectos 'políticos'. Tiña algo de medo de que me correran a gorrazos polo emparellamento, pero foi moi ben. Nas visitas eu preguntaba: "Que teñen en común un obreiro botado á guerrilla e un aristócrata do século XV?".
Eu tiña clara a resposta.
Que cando o poder executa a alguén, sementa motias veces un mito para as xeracións futuras.
Boa fin de semana!
• • •
Missing some Tweet in this thread? You can try to
force a refresh
Vouvos contar unha historia desas que 'sabemos pero non reparamos nela'. Compostela é unha especie de máscara xeolóxica, un trampantoxo. Todo ese granito que vedes na foto foi traído de quilómetros de distancia durante séculos e agacha o que a propia cidade é. 👇
Só hai un lugar no que asoma de maneira natural, case como o deixaran de testemuña, a anfibolita, a 'pedra de Santiago' que sostén precariamente todo o conxunto. Faino deste xeito marabilloso en Val de Deus, en San Martiño Pinario, case como pedindo permiso.
O que me fascina é que a construción simbólica de Santiago non só remata na escultura, senón tamén nos materiais. A humildísima 'pedra de Santiago', a que foi sacada da propia cidade, indícanos que é o secundario, o que non é importante, fronte o que si o é.
Hai un par de anos batín cunha alucinante obra de teatro do século XVII, moi pouco coñecida, #ALindonadeGalicia.
Fiquei preso do que alí se contaba, e de como se contaba. 👇
Nela narrábase o turbulento século XI galego: o conflito fratricida polo dominio de Galicia. Os intentos de García por facerse coa coroa do reino.
Si, García. O rei mitificado pola literatura galega contemporánea. Manolo Rivas, Darío Xoán Cabana, Bernárdez Vilar, Cándido Pazó...
O máis fermoso, o de @Rivasbarrs. O Don García de En salvaxe compaña: o corvo branco que leva unha grilla nas patas, que viu como o seu exército de poetas e trobadores se mudaban nunha hoste de 300 corvos.
When I was a child, I was sure that all the adventures of Asterix had to take place in summer. The feasts at the hillfort were always outdoors! It couldn't be in winter because it must always be raining!
The Greek geographer Strabo described how the people of NW Iberia feast:
"They take their meals sitting down, building stone benches around the wall. The food is served in a circle. During the drink they dance on a wheel ...or by jumping and genuflecting".
Archaeology showed how accurate Strabo was. In several hillforts, just in the core of the town, special buildings were found. Big, with a stone bench around the wall and no evidence of daily life nor hearths.
O fermoso equinocio do sábado na capela de San Miguel de Celanova, coa luz atravesando o templo de Rosendo, é un magnífico exemplo para explicarmos esa idea de paisaxe cultural que falabamos o outro día ao fío das eólicas.
Podemos ver esta marabilla de puñeteiro miragre. 👇
O arquitecto de San Miguel orientou a capela en 2,8º graos de diverxencia con respecto ao leste para recoller o sol cando xorde polo monte de San Cibrao, o obstáculo natural do horizonte. Alí arriba, en San Cibrao, hai unha necrópole megalítica e unha capela tamén medieval.
A óptica da cámara permite recoller ás veces ese incrible efecto dunha estrela hexapétala. O efecto recrea a representación do sol.
Este monumento NON pode ser comprendido sen a paisaxe. Non só foi concibido dentro dela. É que, dalgún xeito, 'execútase', actívase con ela.
Unha reflexión sobre o tema dos novos parques eólicos. É colateral, pero creo que non menor. Un grave problema que estou vendo (a partir dese espello enganoso das redes) é que moita xente non entende os motivos de alarma, de por que isto nos afecta a todos.
Creo que hai un problema en que non se entenden as terras altas galegas como 'paisaxe', non do mesmo xeito que unha praia, ou unha fraga de árbores autóctonas cabo dun río. A enerxía 'verde' ten moi boa prensa, máis nun contexto de cambio climático presente por todas partes.
Estamos a colleitar un problema inesperado xurdido de como foi construída a identidade galega desde o século XIX. Unha Galicia verde, boscosa, de especies 'autóctonas' e ríos fronte unha Castela sen árbores, un páramo. Pero esa Galicia, en certo xeito, levaba milenios sen existir
En febreiro de 2020 Manchán Magan colleitou léxico mariño na costa occidental irlandesa. Palabras marabillosas que ás veces non é doado traducir.
Aquí van algunhas. A ver se lles atopamos equivalentes galegos ás que poidamos. @QueirugaRogelio quenta que saes!
Unha persoa sarcástica: tá sé mar a bheadh scadán i dtóin an bharraille (como un arenque en salmoira do fondo dun bocoi). Calar a un farfallán: an ghaoth a bhaint as seolta duine (quitarlle o vento das velas).
Esta técnica non a coñecía: Muirleadh. Mastigar pequenos cangrexos e cuspilos para atraer o peixe á barca. (As animacións son de Aurélie Beatley)