Manuel Gago Profile picture
10 Jan, 9 tweets, 2 min read
Estou mergullado no proceso de corrección das probas da miña nova novela, e gustaríame compartir convosco algunhas reflexións sobre ese traballo.
1) Toda edición dun texto é un proceso de estrañamento do que escribiches. A cada nova volta distánciaste máis da obra. Tes que vela desde fóra, friamente. Pero o paso definitivo é cando o texto pasa do teu word cara a maqueta da editorial.
2) E pasas de pantalla a papel. Comeza un proceso inconsciente. Ao velo na maqueta da colección, o teu texto fala cos doutros autores xa editados. Quéiralo ou non, vas comparalo. Está á altura? Encaixa? Que pensará o lector AQUÍ e AQUÍ? Non te podes volver tolo con iso.
3) Don DeLillo ten falado do valor gráfico do texto na maqueta. A maqueta fálanos dun xeito novo. Xulgas o tamaño dos parágrafos, a cadencia dos diálogos, tamén pola composición. E a composición revela os furados do teu texto. Ves cousas novas, redundancias, sintaxes raras.
4) Haberá a quen lle pareza un traballo tedioso, pero é intenso. Un bo editor (os meus en @Xerais sempre o son) é coma un anxo da garda que atopará as vulnerabilidades. A revisión permíteche coidar as palabras. Cambiar "envolvente" por "cuadrofónico", por pertinencia. E ghosalo!
5) Ao principio desta corrección, tirábame dos pelos que non teño. Non me gustaba o texto. Como podía ser? Estaba aterrado. A partir da páxina 200 comecei a respirar.
6) Tiña medo ata que me decatei de que en todos os meus libros sempre me pasou o mesmo. Ese medo coas primeiras probas da editorial dase pola sensación de perda de control. Xa non hai volta atrás, amigo, pensas. Máis vale que isto sexa decente.
7) Aínda que sintas mágoa polo editor, non hai que ter medo a esborrallar. Como ao redactar novas, ninguén sabe polo que pasaches para escribir, só vai ver o resultado final. Os lectores serán comprensivos, crueis, incondicionais. Pero van dedicar parte da súa vida a ti.
8) Escribir non é un negocio. Hai mil cousas que dan máis cartos. Escribir é un acto de amor. De comunicación. De confidencia. Ler é un acto de confianza, un préstamo de tempo que te dan. E non podes defraudar. Aínda que ás veces as probas parezan un campo de batalla. Image

• • •

Missing some Tweet in this thread? You can try to force a refresh
 

Keep Current with Manuel Gago

Manuel Gago Profile picture

Stay in touch and get notified when new unrolls are available from this author!

Read all threads

This Thread may be Removed Anytime!

PDF

Twitter may remove this content at anytime! Save it as PDF for later use!

Try unrolling a thread yourself!

how to unroll video
  1. Follow @ThreadReaderApp to mention us!

  2. From a Twitter thread mention us with a keyword "unroll"
@threadreaderapp unroll

Practice here first or read more on our help page!

More from @magago

13 Jan
This is the hillfort of Castromao (Celanova, #Galicia), the former Coeliobriga (celt., 'The fort of the Bold'). An object found here is key to understanding the politics of the hillforts. Other... is just the cutest thing you will see today on twitter. Go!👇 #HillfortsWednesday ImageImage
Coelibriga was inhabited from the end of the Bronze Age until the height of Roman times. Outstanding examples of Gallaecian Iron Age art have been found there. #HillfortsWednesday ImageImage
And even unique technological objects. This is a portable oven, possibly used for melting metals. Raw gold pieces have been found in the hillfort. #HillfortsWednesday Image
Read 12 tweets
28 Dec 20
Este temporal permite un pequeno prodixio: descubrir a traza máis occidental do continente dun antigo ser mitolóxico. Mirade ben este vídeo, porque isto se pode ver poucas veces. Vedes unha rompente pequena que escacha á dereita de Punta Nariga? 👇

(Grazas a Xosé Manuel Varela)
Ese baixo chámase A de Couce. E a xente de Malpica conta que é unha pedra que botou alá o cabalo branco de Santiago coa pata antes de dar o seu último chimpo. O cabalo branco tamén deixou pegada noutro lugares dese promontorio máxico que é Nariga.
Hai lendas dos chimpos do cabalo branco de Santiago por todo o país. As súas pegadas fican gravadas para sempre nos penedos. Ás veces son marcas naturais, outras petróglifos auténticos, coma estas ferraduras de Primadorno (Silleda).
Read 9 tweets
25 Dec 20
Se é posible, todos os 25 de decembro pola mañá subo ao monte. Hoxe o Barbanza estaba precioso: 3 graos, vento do Norte cortante. Se gustas a arqueoloxía, hai que visitalo así, porque nesas condicións aprendes a ver como os antigos. Explícome. 👇
A serra ten un clima duro. Na paisaxe aberta, calquera cambio orográfico, un petón, provoca unha variación térmica. En días coma hoxe, cando camiñas e de súpeto notas caloriña, párate a mirar. É moi posible que atopes un antigo hábitat humano.
Son fermosos e misteriosos. Aldeíñas de cabanas circulares ao resgardo dos ventos, preservadas durante centos de anos. Un proxecto de investigación recente do GEPN amosou datos alucinantes: pastores e agricultores vivindo durante milenios na serra. revistas.usc.es/index.php/gall…
Read 12 tweets
16 Dec 20
Do you 😍promontory forts? Today in #HillfortsWednesday we will show you a 2-in-1 solution! Welcome to Neixón forts (Boiro, #Galicia). Were they good neighbours? Who payed the community expenses? There's a good mistery here. Let's go to the thread!👇 ImageImage
First: it's all about location. The Neixón Forts were built at the bottom of the Ría de Arousa, the biggest firth of Galicia. This is a safe and quiet space for docking and they became a trade hub in the prehistory. #HillfortsWednesday ImageImage
...but both forts never coexisted! The oldest is Neixón Pequeno, the southern one, founded at the end of the Bronze Age. In the 1920 decade, archaeologist found here revealed the first evidence of trading between Gallaecian people and Phoenician traders.
#HillfortsWednesday ImageImage
Read 9 tweets
11 Dec 20
O Pazo de Meirás pódese tamén ver como un colosal dispositivo fake: unha simulación destinada a leximitar os seus habitantes a través da relación co pasado.

O inventario permítenos apreciar unha obsesión reveladora: os escudos heráldicos.
Veña escudos....
E máis escudos....
Read 8 tweets
9 Dec 20
Tired after a long day of hunting or a hard run against the neighboring hillfort? Try relaxing in a sweat lodge, those fascinating Iron Age buildings from Gallaecia that we will visit in this #hillfortswednesday 📸by @par_virtual
The sweat lodges are very unique buildings from the Iron Age in NW Iberia. They are concentrated in the west of Asturias and in the north of Portugal.

It has not yet been explained why there are so few in the central region.
📸by Marco G. Quintela

#hillfortswednesday
The most spectacular part is the 'pedra formosa' (the beautiful stone). In the southern sweat lodges they are beautifully decorated, with deep symbolism. The entrance to the heat chamber is always very narrow and small.
#hillfortswednesday
Read 15 tweets

Did Thread Reader help you today?

Support us! We are indie developers!


This site is made by just two indie developers on a laptop doing marketing, support and development! Read more about the story.

Become a Premium Member ($3/month or $30/year) and get exclusive features!

Become Premium

Too expensive? Make a small donation by buying us coffee ($5) or help with server cost ($10)

Donate via Paypal Become our Patreon

Thank you for your support!

Follow Us on Twitter!