En 1804 Lucas Labrada, un ilustrado de orixes modestas, publicou unha obra decisiva para coñecer a Galicia do século XVIII. Era a 'Descripción Económica do Reino de Galicia'. Labrada, seguidor de Adam Smith, escribiu unha obra monumental chea de mensaxes para o futuro. 👇 Image
Este home, que traballou de porteiro do Consulado da Coruña, intercalaba citas clásicas que resumían o espírito do que procuraba. Hoxe só vou mencionarvos dúas. Unha nesta mesma portada, que é toda unha declaración de principios:
"O [fortunatos, nimium,] sua si bona norint" Image
É unha cita famosísima das Xeórxicas de Virxilio, que quere dicir: "Que felices serían os labregos se coñeceran canta sorte teñen!". Labrada defendía a unificación da tenencia da terra e do seu cultivo, a racionalización e mellor explotación dos recursos agrícolas. Image
Pero hai outra cita que revela como vían o seu pasado os galegos e como algúns crian no seu futuro. Esta fermosa estampa abre a Descripción Económica. É unha alegoría que toda ela está chea de simboloxía. Image
Foi realizada por Cosme de Acuña, un talentoso e moi descoñecido pintor coruñés que tivo unha vida de película da que outro día teremos que falar. Aquí tedes un retrato del e dunha das súas obras. ImageImage
A escena preséntanos en primeiro plano 1 alegoría do Consulado da Coruña, o organismo que publicou a Descripción. Está Mercurio, deus do comercio, Neptuno e no centro a Torre. A reforma do faro fixérase uns anos antes (Labrada traballara nela) e xa era como a coñecemos hoxe. Image
Pero Labrada e Acuña escolleron manter a torre antiga co seu fanal e unha cabeza de Xerión moi detallada. Así reforzaban o seu vínculo cunha antigüidade clásica que é moi importante. O pasado sempre presente no futuro. E agora fixádevos noutra cousa. Image
Os dous deuses están sentados ao abeiro dun gran monumento que vemos ben o que representa: é o Reino de Galicia. Velaí está o seu escudo, o lema do Misterio. Non hai volta de folla. Pero hai outro símbolo, clave nesta historia, non tan habitual. Image
O propio monumento é un faro, como a Torre de Hércules, xusto na ribeira do Océano. E unha pira arde na zona superior, cun paxaro xurdindo do lume. A inscrición danos a clave para interpretar a escena: "Tam Quam Foenix Vita Eius". Image
'Tamquam phoenix vita eius'.
Non son latinista, pero a tradución podería ser algo así como "A súa vida é coma un fénix". A ave mítica e inmortal que ciclicamente renace de novo das súas cinzas.
Iso era Galicia para Lucas Labrada e moitos da súa xeración. Image

• • •

Missing some Tweet in this thread? You can try to force a refresh
 

Keep Current with Manuel Gago

Manuel Gago Profile picture

Stay in touch and get notified when new unrolls are available from this author!

Read all threads

This Thread may be Removed Anytime!

PDF

Twitter may remove this content at anytime! Save it as PDF for later use!

Try unrolling a thread yourself!

how to unroll video
  1. Follow @ThreadReaderApp to mention us!

  2. From a Twitter thread mention us with a keyword "unroll"
@threadreaderapp unroll

Practice here first or read more on our help page!

More from @magago

4 Jan
Esta é a representación máis antiga dos hórreos de estilo galego. Está nas Cantigas de Santa María. Parécense aos actuais pero hai diferencias. Faltan os adornos (cruces, lampións, etc...), teñen fermosos capiteis e basas decorados pero comparten certo toque vintage! 👇
Mirade eses arcos de ferradura! Teñen unha longa tradición na nosa arte tardoantiga (Bande, Celanova), pero no século XIII xa estaban en desuso nas construcións relixiosas cristiás. Pero na arquitectura popular se cadra seguían usándose.
Que eu saiba, aínda non temos evidencias arqueolóxicas para este tipo de hórreos medievais. Pero eses arcos desvelan a capacidade das sociedades campesiñas para preservaren formas e estilos antigos e facer dun graneiro un pequeno monumento familiar con moita memoria. Así seguen.
Read 4 tweets
13 Nov 21
Sen dúbida un dos episodios máis fascinantes do século XV foi a gran revolta irmandiña. Pero a visión popular sobre este momento pertence máis ao presente que o pasado! Explícome. 👇
Para empezar, fíxate nesta gráfica que sinala a presenza do termo no corpus de textos de Google Books en español. Aínda que nos textos galegos fálase antes das Irmandades medievais, o termo e, en certo xeito, a forma de velo, nace nos 70 e sobre todo a partir dos 90.
Para comezar, está unha imaxe arquetípica: os paisanos do rural con fouces, forcas e antorchas queimando castelos, verdade?
Ben, pois FALSO. A verdade é moito máis fascinante e... evidente!
Read 17 tweets
21 Aug 21
Hoxe quero levarvos a un momento moi pouco coñecido do noso pasado para o gran público, a unhas intrigantes estruturas que encheron a Europa do III e II milenio a.C. e como en Galicia se preservou, de xeito único, unha delas ata hoxe.

👇🏻
Acostumados á monumentalidade dos castros, non somos moi conscientes de que a Prehistoria está por todas partes en Galicia. Miles de aldeas invisibles, agachadas baixo os agros, feitas en madeira. Moitas delas atópanse cando se fan as autoestradas.

E moito máis antigas.
Coñecinas en 2010, nunha conferencia da arqueóloga Bea Comendador, que presentou unhas curiosas estruturas atopadas nos últimos anos en Galicia. Cabanas de forma navicular, todas de hai uns catro mil e pico anos. E coa mesma medida: 11x4 metros.
Read 19 tweets
24 Jul 21
Na véspera do Día Nacional de Galicia quérovos contar unha historia sobre o poder dunha canción. E sempre que traballo sobre esta historia pónseme a pel de galiña.
Imos! 👇
É a Alborada de Pascual Veiga, estreada en 1880 en Pontevedra. Para moitos, unha melodía que é todo: a ledicia e optimismo.
Na Pobra, todas as festas comezan ben cedo pola mañá, cos gaiteiros entrando na vila tocando o Antigo Himno e a Alborada.

Pero desde o principio a Alborada prendeu como a pólvora.
Veiga e a Orfeón Coruñés interpretárona na Exposición Universal de París en 1889 e alí gañaron o primeiro premio e a Gran Medalla de Ouro! Hai gravacións desde 1909. Esta é de 1911.
consellodacultura.gal/fondos_documen…
Read 19 tweets
17 Jun 21
Que estraño resulta ver, pasados oito anos, unha película que, en gran medida, vai sobre o paso do tempo: La Grande Bellezza. As grandes películas -as grandes historias- sempre falan sobre ti. Son como oráculos. Image
Había unha parte do filme que non aturaba no primeiro visionado: o da monxa santa. Desta tampouco, pero... estaba esta escena na que Jep Gambardella non se animou a subir a Scala Santa de xeonllos "por unha lesión de menisco de hai tempo". E aí estaba a monxa centenaria dándolle. Image
E conecteino con algo da miña vida, de tres anos antes do filme. No Fórum Gastronómico 2010 trouxemos ás monxas de clausura de Pantón a falar. Mentres os cociñeiros estaban mortos de medo por falar en público, xuro que nunca vin unha serenidade como a daquelas monxas. Image
Read 4 tweets
14 Jun 21
A catedral de Santiago é un inmenso dispositivo de memoria. Historias incribles que deixaron trazas moi difíciles de ver, pero que están aí. Vouche contar unha que te vai facer ir a Praterías a comprobalo por ti mesmo. 👇 Image
Lembrarás, por exemplo, a historia dos capiteis da capela do Salvador, e a tensión entre o bispo Diego Peláez e Afonso VI (que acabou como o rosario da aurora).

Un dos feitos máis emblemáticos da Idade Media galega foi a coroación de Afonso Raimúndez como rei por parte da nobreza galega e o arcebispo Diego Xelmírez na catedral. Foi o 17 de setembro de 1111.

Era un neno de seis anos. E simbolizaba todas as aspiracións do reino. Image
Read 10 tweets

Did Thread Reader help you today?

Support us! We are indie developers!


This site is made by just two indie developers on a laptop doing marketing, support and development! Read more about the story.

Become a Premium Member ($3/month or $30/year) and get exclusive features!

Become Premium

Too expensive? Make a small donation by buying us coffee ($5) or help with server cost ($10)

Donate via Paypal

Or Donate anonymously using crypto!

Ethereum

0xfe58350B80634f60Fa6Dc149a72b4DFbc17D341E copy

Bitcoin

3ATGMxNzCUFzxpMCHL5sWSt4DVtS8UqXpi copy

Thank you for your support!

Follow Us on Twitter!

:(