Este Nadal o Colectivo A Rula publicou un agasallo marabilloso: a identificación preto do Ulla dun santuario rupestre activo durante miles de anos: conpetróglifos da Idade do Bronce, un barco, inscricións romanas e posteriores. E hai algo moi fermoso. 👇
culturagalega.gal/noticia.php?id…
Atoparon algo case único: no medio das combinacións circulares prehistóricas, 1 inscrición de época romana. Dicía isto:
"Titus Aulius Arcisus realizou libremente esta dedicación para Diana como consecuencia dunha visión (un soño, algo revelado)". (Trad. e imaxes de J.M.Abascal) ImageImage
DUNHA VISIÓN.
E aquí vén unha historia ben bonita aínda por escribir.
Ao señor Arciso, un paisano con nome celta, a deusa manifestouselle como fan os deuses, a través dun soño, dun trance ou similar. É a práctica da incubatio, habitual nas sociedades antigas. Image
Pero a práctica da adiviñación e do encontro cos deuses non está distribuída de xeito homoxéneo en Hispania. David Serrano analizou en 2019 a distribución das inscricións romanas que conteñen a fórmula 'ex visu' (como esta da Estrada). E atopou 1 patrón ben curioso. Image
A maior parte das inscricións romanas realizadas "porque un deus pasou a saudarte" están localizadas na zona occidental da península e nomeadamente na antiga Gallaecia. Serrano sinala 2 tradicións, a 'incubatio' (adiviñación) mediterránea e a incubatio céltica ou indíxena. Image
A incubatio mediterránea segue o patrón da tradición oracular oriental ou mediterránea, como este 'ex visu' dedicado á Árbore Santa, vinculada a Cibeles e a Atis, sufragado en Osuna (Sevilla) por un posible señor sirio. Image
Pero canto máis ao norte subimos, aparece as aparicións dos deuses indíxenas. Moitos deles vinculados á auga, aos manantiais, ás termas. É a incubatio céltica, na que a auga é a ponte entre este mundo e o outro. Image
Por exemplo, a mitiquísima ara dedicada por dona Calpurnia Abana ás Ninfas das Burgas de Ourense. Vedes aí o "Ex Visu"? Pois o que nos di é que Calpurnia flipouno un pouco, ben nas Burgas ou noutro lugar, e conectou coas Ninfas a través dalgún proceso alucinatorio ou de soños. Image
E esa constante da que se decatou Serrano en 2019 tamén está presente nesta nova inscrición da Quenlla dos Carballos (A Estrada) descuberta pola Rula. O lugar ten unha visión privilexiada sobre o Ulla.
Se cadra Diana é a tradución romana dunha antiga deusa.
Pero hai algo máis. Image
Neste caso só un xogo, pero un xogo bonito.
Do mesmo xeito que a área noroccidental peninsular é a que concentra a maior parte de visións e aparicións de deuses, o fenómeno pareceu continuar con posterioridade...
En 1985 don Manuel C. Díaz y Díaz publicou este marabilloso libro. A tradición de numerosas visións de paraísos, deuses, pantasmas e outros mundos na Galicia altomedieval. O nacemento de todo un xénero literario de gran percorrido na Europa medieval. Image
Non sei que 'densidade' de visións divinas ten Galicia en relación a outras áreas europeas. Nin sequera creo que se teña cuantificado este dato. Do que si estou seguro é que o libro de Díaz y Díaz é unha referencia internacional para os investigadores que traballan neste tema.
Quen sabe se esta abundancia de visións de Outros Mundos, santos e prodixios na Alta Idade Media galega non nace dese mundo antigo. Os soños cambian de decorados, pero soños seguen sendo.

No Anxo Negro fago dicir a un ermitaño do século XII: "Aquí Deus aínda ten moitos nomes". Image
Por certo, o artigo no blog de A Rula: colectivoarula.com/2021/12/24/a-e…

E a publicación de David Serrano: academia.edu/43413489/Sue%C…
E un último detalle ben curioso para que vexades as diferencias culturais na relación cos deuses. En azul tedes as inscricións con texto 'ex visu' (por unha visión, un soño, unha aparición). En laranxa as inscricións con 'ex iussu' (por orde ou mandato do deus). Image

• • •

Missing some Tweet in this thread? You can try to force a refresh
 

Keep Current with Manuel Gago

Manuel Gago Profile picture

Stay in touch and get notified when new unrolls are available from this author!

Read all threads

This Thread may be Removed Anytime!

PDF

Twitter may remove this content at anytime! Save it as PDF for later use!

Try unrolling a thread yourself!

how to unroll video
  1. Follow @ThreadReaderApp to mention us!

  2. From a Twitter thread mention us with a keyword "unroll"
@threadreaderapp unroll

Practice here first or read more on our help page!

More from @magago

Jan 4,
Esta é a representación máis antiga dos hórreos de estilo galego. Está nas Cantigas de Santa María. Parécense aos actuais pero hai diferencias. Faltan os adornos (cruces, lampións, etc...), teñen fermosos capiteis e basas decorados pero comparten certo toque vintage! 👇
Mirade eses arcos de ferradura! Teñen unha longa tradición na nosa arte tardoantiga (Bande, Celanova), pero no século XIII xa estaban en desuso nas construcións relixiosas cristiás. Pero na arquitectura popular se cadra seguían usándose.
Que eu saiba, aínda non temos evidencias arqueolóxicas para este tipo de hórreos medievais. Pero eses arcos desvelan a capacidade das sociedades campesiñas para preservaren formas e estilos antigos e facer dun graneiro un pequeno monumento familiar con moita memoria. Así seguen.
Read 4 tweets
Nov 21, 2021
En 1804 Lucas Labrada, un ilustrado de orixes modestas, publicou unha obra decisiva para coñecer a Galicia do século XVIII. Era a 'Descripción Económica do Reino de Galicia'. Labrada, seguidor de Adam Smith, escribiu unha obra monumental chea de mensaxes para o futuro. 👇 Image
Este home, que traballou de porteiro do Consulado da Coruña, intercalaba citas clásicas que resumían o espírito do que procuraba. Hoxe só vou mencionarvos dúas. Unha nesta mesma portada, que é toda unha declaración de principios:
"O [fortunatos, nimium,] sua si bona norint" Image
É unha cita famosísima das Xeórxicas de Virxilio, que quere dicir: "Que felices serían os labregos se coñeceran canta sorte teñen!". Labrada defendía a unificación da tenencia da terra e do seu cultivo, a racionalización e mellor explotación dos recursos agrícolas. Image
Read 10 tweets
Nov 13, 2021
Sen dúbida un dos episodios máis fascinantes do século XV foi a gran revolta irmandiña. Pero a visión popular sobre este momento pertence máis ao presente que o pasado! Explícome. 👇
Para empezar, fíxate nesta gráfica que sinala a presenza do termo no corpus de textos de Google Books en español. Aínda que nos textos galegos fálase antes das Irmandades medievais, o termo e, en certo xeito, a forma de velo, nace nos 70 e sobre todo a partir dos 90.
Para comezar, está unha imaxe arquetípica: os paisanos do rural con fouces, forcas e antorchas queimando castelos, verdade?
Ben, pois FALSO. A verdade é moito máis fascinante e... evidente!
Read 17 tweets
Aug 21, 2021
Hoxe quero levarvos a un momento moi pouco coñecido do noso pasado para o gran público, a unhas intrigantes estruturas que encheron a Europa do III e II milenio a.C. e como en Galicia se preservou, de xeito único, unha delas ata hoxe.

👇🏻
Acostumados á monumentalidade dos castros, non somos moi conscientes de que a Prehistoria está por todas partes en Galicia. Miles de aldeas invisibles, agachadas baixo os agros, feitas en madeira. Moitas delas atópanse cando se fan as autoestradas.

E moito máis antigas.
Coñecinas en 2010, nunha conferencia da arqueóloga Bea Comendador, que presentou unhas curiosas estruturas atopadas nos últimos anos en Galicia. Cabanas de forma navicular, todas de hai uns catro mil e pico anos. E coa mesma medida: 11x4 metros.
Read 19 tweets
Jul 24, 2021
Na véspera do Día Nacional de Galicia quérovos contar unha historia sobre o poder dunha canción. E sempre que traballo sobre esta historia pónseme a pel de galiña.
Imos! 👇
É a Alborada de Pascual Veiga, estreada en 1880 en Pontevedra. Para moitos, unha melodía que é todo: a ledicia e optimismo.
Na Pobra, todas as festas comezan ben cedo pola mañá, cos gaiteiros entrando na vila tocando o Antigo Himno e a Alborada.

Pero desde o principio a Alborada prendeu como a pólvora.
Veiga e a Orfeón Coruñés interpretárona na Exposición Universal de París en 1889 e alí gañaron o primeiro premio e a Gran Medalla de Ouro! Hai gravacións desde 1909. Esta é de 1911.
consellodacultura.gal/fondos_documen…
Read 19 tweets
Jun 17, 2021
Que estraño resulta ver, pasados oito anos, unha película que, en gran medida, vai sobre o paso do tempo: La Grande Bellezza. As grandes películas -as grandes historias- sempre falan sobre ti. Son como oráculos. Image
Había unha parte do filme que non aturaba no primeiro visionado: o da monxa santa. Desta tampouco, pero... estaba esta escena na que Jep Gambardella non se animou a subir a Scala Santa de xeonllos "por unha lesión de menisco de hai tempo". E aí estaba a monxa centenaria dándolle. Image
E conecteino con algo da miña vida, de tres anos antes do filme. No Fórum Gastronómico 2010 trouxemos ás monxas de clausura de Pantón a falar. Mentres os cociñeiros estaban mortos de medo por falar en público, xuro que nunca vin unha serenidade como a daquelas monxas. Image
Read 4 tweets

Did Thread Reader help you today?

Support us! We are indie developers!


This site is made by just two indie developers on a laptop doing marketing, support and development! Read more about the story.

Become a Premium Member ($3/month or $30/year) and get exclusive features!

Become Premium

Too expensive? Make a small donation by buying us coffee ($5) or help with server cost ($10)

Donate via Paypal

Or Donate anonymously using crypto!

Ethereum

0xfe58350B80634f60Fa6Dc149a72b4DFbc17D341E copy

Bitcoin

3ATGMxNzCUFzxpMCHL5sWSt4DVtS8UqXpi copy

Thank you for your support!

Follow Us on Twitter!

:(