Manuel Gago Profile picture
30 Jan, 10 tweets, 4 min read
The dig ('La excavación'), publicada desde onte en Netflix, é un destes grandes filmes británicos con todos os ingredientes: pazo, 'arriba e abaixo' social, guerra mundial, amores e paixóns imposibles, personaxes profundas. E todo un retrato das tensións da arqueoloxía. 👇
O filme describe a escavación das mámoas de Sutton Hoo (partíame de risa coa tradución como 'montículos'), un dos sitios arqueolóxicos máis importantes de Gran Bretaña e clave para entender as culturas saxonas do século VII, da que se sabía moi pouco. (Os seus suevos, vaia).
A propietaria do pazo encarga a un 'excavator' local, Basil Brown, a intervención: un granxeiro con afeccións arqueolóxicas. Recoméndanllo no museo local, onde pensan que non o precisan eses días para os seus proxectos arqueolóxicos. Brown coñece cada palmo da terra de Suffolk.
A propietaria pídelle escavar unha mámoa que Basil rexeita. Di que xa andiveron esfuracando aí hai tempo (apréciase polo afundimento central, como nas nosas mámoas) e non debe quedar nada. Pero a propietaria ten unha 'intuición' que ao final resulta certa.
Cando Sutton Hoo se revela importante, os arqueólogos do Museo Británico desprezan e desprazan a Basil de diferentes xeitos. Velaí campea unha tensión de sempre: como 'recoñecer' o traballo dos locais nunha excavación científica. O cotián nunha intervención galega, tamén.
Outro clásico: é a propietaria dos terreos quen quere que se faga unha visita guiada para os veciños. Os arqueólogos son reticentes, non entenden por que. A señora obrígaos.

Hoxe mellorouse moito neste sentido. Pero o que se ve no filme eu téñoo vivido aquí non hai tanto.
E o terceiro detalle é o que poderiamos chamar a 'arqueoloxía de prestixio'. Ao principio os arqueólogos non lles interesaban as mámoas: pensaban que darían obxectos perralleiros.

Eles queren escavar unha vila romana. Un relato real e consistente, non sombras do pasado.
Pero os locais lembran o folclore.

As mozas da aldea deitábanse sobre as mámoas para quedaren preñadas.

E especulan cos vikingos, que de aquela, nos anos 30, non tiñan tanto glamour coma hoxe. Non tiñan ese relato actual.

E iso é o que queren escavar.
O interesante de The Dig é que os alucinantes tesouros de Sutton Hoo apenas se ven. O que interesa é o que provoca a investigación do pasado. A tensión entre ciencia e emoción, entre profesional e afeccionado, entre o local e o académico.
Todos estes temas que aparecen en #thedig tratámolos en Herdeiros pola forza (2012).

E creo que axudamos a superar certas actitudes e a conseguir un pouco máis de encaixe entre estas tensións (a partir de facelas visibles).

• • •

Missing some Tweet in this thread? You can try to force a refresh
 

Keep Current with Manuel Gago

Manuel Gago Profile picture

Stay in touch and get notified when new unrolls are available from this author!

Read all threads

This Thread may be Removed Anytime!

PDF

Twitter may remove this content at anytime! Save it as PDF for later use!

Try unrolling a thread yourself!

how to unroll video
  1. Follow @ThreadReaderApp to mention us!

  2. From a Twitter thread mention us with a keyword "unroll"
@threadreaderapp unroll

Practice here first or read more on our help page!

More from @magago

31 Jan
25 de xullo de 1386. Xoán de Gante, duque de Lancaster, desembarca na Coruña cun exército descomunal para invadir o reino de Galicia, cabeza de ponte para se facer coa Coroa de Castela.

Durante dous anos, un inglés gobernará os destinos do reino.

E quedará algo alucinante. 👇 Image
Como cerebro da operación figuraba o cambrés Xoán Fernández de Andeiro, logo asasinado. Pero non vos vou contar hoxe a historia.

Galicia entrou na Guerra dos Cen Anos, o principal conflito da Europa do XIV.

Quedounos o corpus de imaxes máis fermoso sobre a Galicia medieval. Image
Jean Froissart foi o autor dunhas Crónicas nas que narrou moitos dos acontecementos da primeira parte da Guerra dos Cen Anos. A súa obra tivo tanto éxito que a nobreza encargou moitísimas copias con fermosas miniaturas.

E aí figura unha Galicia descoñecida. Imos aló. Image
Read 12 tweets
13 Jan
This is the hillfort of Castromao (Celanova, #Galicia), the former Coeliobriga (celt., 'The fort of the Bold'). An object found here is key to understanding the politics of the hillforts. Other... is just the cutest thing you will see today on twitter. Go!👇 #HillfortsWednesday
Coelibriga was inhabited from the end of the Bronze Age until the height of Roman times. Outstanding examples of Gallaecian Iron Age art have been found there. #HillfortsWednesday
And even unique technological objects. This is a portable oven, possibly used for melting metals. Raw gold pieces have been found in the hillfort. #HillfortsWednesday
Read 12 tweets
10 Jan
Estou mergullado no proceso de corrección das probas da miña nova novela, e gustaríame compartir convosco algunhas reflexións sobre ese traballo.
1) Toda edición dun texto é un proceso de estrañamento do que escribiches. A cada nova volta distánciaste máis da obra. Tes que vela desde fóra, friamente. Pero o paso definitivo é cando o texto pasa do teu word cara a maqueta da editorial.
2) E pasas de pantalla a papel. Comeza un proceso inconsciente. Ao velo na maqueta da colección, o teu texto fala cos doutros autores xa editados. Quéiralo ou non, vas comparalo. Está á altura? Encaixa? Que pensará o lector AQUÍ e AQUÍ? Non te podes volver tolo con iso.
Read 9 tweets
28 Dec 20
Este temporal permite un pequeno prodixio: descubrir a traza máis occidental do continente dun antigo ser mitolóxico. Mirade ben este vídeo, porque isto se pode ver poucas veces. Vedes unha rompente pequena que escacha á dereita de Punta Nariga? 👇

(Grazas a Xosé Manuel Varela)
Ese baixo chámase A de Couce. E a xente de Malpica conta que é unha pedra que botou alá o cabalo branco de Santiago coa pata antes de dar o seu último chimpo. O cabalo branco tamén deixou pegada noutro lugares dese promontorio máxico que é Nariga.
Hai lendas dos chimpos do cabalo branco de Santiago por todo o país. As súas pegadas fican gravadas para sempre nos penedos. Ás veces son marcas naturais, outras petróglifos auténticos, coma estas ferraduras de Primadorno (Silleda).
Read 9 tweets
25 Dec 20
Se é posible, todos os 25 de decembro pola mañá subo ao monte. Hoxe o Barbanza estaba precioso: 3 graos, vento do Norte cortante. Se gustas a arqueoloxía, hai que visitalo así, porque nesas condicións aprendes a ver como os antigos. Explícome. 👇
A serra ten un clima duro. Na paisaxe aberta, calquera cambio orográfico, un petón, provoca unha variación térmica. En días coma hoxe, cando camiñas e de súpeto notas caloriña, párate a mirar. É moi posible que atopes un antigo hábitat humano.
Son fermosos e misteriosos. Aldeíñas de cabanas circulares ao resgardo dos ventos, preservadas durante centos de anos. Un proxecto de investigación recente do GEPN amosou datos alucinantes: pastores e agricultores vivindo durante milenios na serra. revistas.usc.es/index.php/gall…
Read 12 tweets
16 Dec 20
Do you 😍promontory forts? Today in #HillfortsWednesday we will show you a 2-in-1 solution! Welcome to Neixón forts (Boiro, #Galicia). Were they good neighbours? Who payed the community expenses? There's a good mistery here. Let's go to the thread!👇 ImageImage
First: it's all about location. The Neixón Forts were built at the bottom of the Ría de Arousa, the biggest firth of Galicia. This is a safe and quiet space for docking and they became a trade hub in the prehistory. #HillfortsWednesday ImageImage
...but both forts never coexisted! The oldest is Neixón Pequeno, the southern one, founded at the end of the Bronze Age. In the 1920 decade, archaeologist found here revealed the first evidence of trading between Gallaecian people and Phoenician traders.
#HillfortsWednesday ImageImage
Read 9 tweets

Did Thread Reader help you today?

Support us! We are indie developers!


This site is made by just two indie developers on a laptop doing marketing, support and development! Read more about the story.

Become a Premium Member ($3/month or $30/year) and get exclusive features!

Become Premium

Too expensive? Make a small donation by buying us coffee ($5) or help with server cost ($10)

Donate via Paypal Become our Patreon

Thank you for your support!

Follow Us on Twitter!