25 de xullo de 1386. Xoán de Gante, duque de Lancaster, desembarca na Coruña cun exército descomunal para invadir o reino de Galicia, cabeza de ponte para se facer coa Coroa de Castela.
Durante dous anos, un inglés gobernará os destinos do reino.
E quedará algo alucinante. 👇
Como cerebro da operación figuraba o cambrés Xoán Fernández de Andeiro, logo asasinado. Pero non vos vou contar hoxe a historia.
Galicia entrou na Guerra dos Cen Anos, o principal conflito da Europa do XIV.
Quedounos o corpus de imaxes máis fermoso sobre a Galicia medieval.
Jean Froissart foi o autor dunhas Crónicas nas que narrou moitos dos acontecementos da primeira parte da Guerra dos Cen Anos. A súa obra tivo tanto éxito que a nobreza encargou moitísimas copias con fermosas miniaturas.
E aí figura unha Galicia descoñecida. Imos aló.
Aquí vedes aos duques ao chegaren a Galicia, mentres reciben unha carta do seu aliado o rei de Portugal.
Velaquí os xudeus defendendo a vila de Ribadavia do ataque inglés. Temos dúas variantes. Flipade coa artillería.
Nestas dúas miniaturas as autoridades de Compostela saír a recibir con honras reais ao Duque de Lancaster, a quen se recoñeceu como Rei. Xoán de Gante instalou corte en Santiago (que casualidade que chegara a Galicia un 25 de xullo, non?).
Aquí vedes aos amigos portugueses queimando o país.
Invasores si, pero cortesáns tamén. Aínda que non o creades, este é un torneo en Betanzos entre o cabaleiro francés Reno de Roy e o inglés John Holland. A 2ª imaxe podería tamén.
É unha Galicia imaxinada. Os artistas usaban os modelos de cidades francesas e inglesas.
Esta é unha das miniaturas máis famosas da Guerra dos Cen Anos, e representa a toma de Ourense (si, Ourense).
Por certo, os ingleses ían de resaquísima. Beberan tanto viño local que tiveran que retrasar o ataque.
E máis nada. Só quería amosarvos unha xoia moi descoñecida que nos fala dunha Galicia inserida no corazón das historias europeas. Unha Galicia que non se nos adoita presentar. E esta aventura dos Lancaster tería consecuencias moi curiosas, tamén gráficas. Outra día cóntovolas.
Ah, os códices que gardan estas imaxes están dispersos polo mundo. Están na British Library, na Biblioteca Nacional de Francia, na colección de Getty, etc...
Por precisar, aínda que o pé da ilustración fala de Galicia, a xulgar polos barcos que se ven pola fiestra, eu apostaría a que é A Coruña.
• • •
Missing some Tweet in this thread? You can try to
force a refresh
The dig ('La excavación'), publicada desde onte en Netflix, é un destes grandes filmes británicos con todos os ingredientes: pazo, 'arriba e abaixo' social, guerra mundial, amores e paixóns imposibles, personaxes profundas. E todo un retrato das tensións da arqueoloxía. 👇
O filme describe a escavación das mámoas de Sutton Hoo (partíame de risa coa tradución como 'montículos'), un dos sitios arqueolóxicos máis importantes de Gran Bretaña e clave para entender as culturas saxonas do século VII, da que se sabía moi pouco. (Os seus suevos, vaia).
A propietaria do pazo encarga a un 'excavator' local, Basil Brown, a intervención: un granxeiro con afeccións arqueolóxicas. Recoméndanllo no museo local, onde pensan que non o precisan eses días para os seus proxectos arqueolóxicos. Brown coñece cada palmo da terra de Suffolk.
This is the hillfort of Castromao (Celanova, #Galicia), the former Coeliobriga (celt., 'The fort of the Bold'). An object found here is key to understanding the politics of the hillforts. Other... is just the cutest thing you will see today on twitter. Go!👇 #HillfortsWednesday
Coelibriga was inhabited from the end of the Bronze Age until the height of Roman times. Outstanding examples of Gallaecian Iron Age art have been found there. #HillfortsWednesday
And even unique technological objects. This is a portable oven, possibly used for melting metals. Raw gold pieces have been found in the hillfort. #HillfortsWednesday
Estou mergullado no proceso de corrección das probas da miña nova novela, e gustaríame compartir convosco algunhas reflexións sobre ese traballo.
1) Toda edición dun texto é un proceso de estrañamento do que escribiches. A cada nova volta distánciaste máis da obra. Tes que vela desde fóra, friamente. Pero o paso definitivo é cando o texto pasa do teu word cara a maqueta da editorial.
2) E pasas de pantalla a papel. Comeza un proceso inconsciente. Ao velo na maqueta da colección, o teu texto fala cos doutros autores xa editados. Quéiralo ou non, vas comparalo. Está á altura? Encaixa? Que pensará o lector AQUÍ e AQUÍ? Non te podes volver tolo con iso.
Este temporal permite un pequeno prodixio: descubrir a traza máis occidental do continente dun antigo ser mitolóxico. Mirade ben este vídeo, porque isto se pode ver poucas veces. Vedes unha rompente pequena que escacha á dereita de Punta Nariga? 👇
(Grazas a Xosé Manuel Varela)
Ese baixo chámase A de Couce. E a xente de Malpica conta que é unha pedra que botou alá o cabalo branco de Santiago coa pata antes de dar o seu último chimpo. O cabalo branco tamén deixou pegada noutro lugares dese promontorio máxico que é Nariga.
Hai lendas dos chimpos do cabalo branco de Santiago por todo o país. As súas pegadas fican gravadas para sempre nos penedos. Ás veces son marcas naturais, outras petróglifos auténticos, coma estas ferraduras de Primadorno (Silleda).
Se é posible, todos os 25 de decembro pola mañá subo ao monte. Hoxe o Barbanza estaba precioso: 3 graos, vento do Norte cortante. Se gustas a arqueoloxía, hai que visitalo así, porque nesas condicións aprendes a ver como os antigos. Explícome. 👇
A serra ten un clima duro. Na paisaxe aberta, calquera cambio orográfico, un petón, provoca unha variación térmica. En días coma hoxe, cando camiñas e de súpeto notas caloriña, párate a mirar. É moi posible que atopes un antigo hábitat humano.
Son fermosos e misteriosos. Aldeíñas de cabanas circulares ao resgardo dos ventos, preservadas durante centos de anos. Un proxecto de investigación recente do GEPN amosou datos alucinantes: pastores e agricultores vivindo durante milenios na serra. revistas.usc.es/index.php/gall…
Do you 😍promontory forts? Today in #HillfortsWednesday we will show you a 2-in-1 solution! Welcome to Neixón forts (Boiro, #Galicia). Were they good neighbours? Who payed the community expenses? There's a good mistery here. Let's go to the thread!👇
First: it's all about location. The Neixón Forts were built at the bottom of the Ría de Arousa, the biggest firth of Galicia. This is a safe and quiet space for docking and they became a trade hub in the prehistory. #HillfortsWednesday
...but both forts never coexisted! The oldest is Neixón Pequeno, the southern one, founded at the end of the Bronze Age. In the 1920 decade, archaeologist found here revealed the first evidence of trading between Gallaecian people and Phoenician traders. #HillfortsWednesday