Manuel Gago Profile picture
22 Feb, 5 tweets, 3 min read
Hoxe, preparando un fío que publicarei nos vindeiros días, din cunha referencia marabillosa que vincula ao gran escritor norteamericano Henry Thoureau (1817-1862) con Galicia. 👇
Para os que non o coñezades, Thoureau volve ser moi lido hoxe. Precursor da literatura ecoloxista, do reencontro coa Natureza e un dos primeiros activistas da desobediencia civil.

O seu libro máis famoso é Walden, onde se retirou a vivir unha vida sinxela e solitaria.
En 1849 foi a Cape Cod, en Nova Inglaterra, a ver o mar por primeira vez. Daquelas viaxes ficaron as crónicas extraordinarias dun encontro do home co mar e unha paisaxe descoñecida.
Foi alí, paseando por aquela ribeira inmensa, onde Thoreau creu ver Galicia, da outra banda da ribeira. Terras irmanadas e unidas polo mar, e as dúas fisterras saudándose vaidosas e regueifeiras.

Aquí vos queda.
Atopei a referencia no artigo de Lorena Bello no libro "El Pórtico de la Gloria. Arquitectura, materia y visión", editado por @fpradovlr.

issuu.com/fundacioncompl…

• • •

Missing some Tweet in this thread? You can try to force a refresh
 

Keep Current with Manuel Gago

Manuel Gago Profile picture

Stay in touch and get notified when new unrolls are available from this author!

Read all threads

This Thread may be Removed Anytime!

PDF

Twitter may remove this content at anytime! Save it as PDF for later use!

Try unrolling a thread yourself!

how to unroll video
  1. Follow @ThreadReaderApp to mention us!

  2. From a Twitter thread mention us with a keyword "unroll"
@threadreaderapp unroll

Practice here first or read more on our help page!

More from @magago

24 Feb
Today in #HillfortsWednesday let me tell you three short stories on community archaeology, based in our work in Mallou hillfort (Carnota, #Galicia), a small and beautiful Late Iron Age settlement with stunning sea views.

📸 Concello de Carnota / Noel Feáns. ImageImage
Very close to the hillfort, halfway up the hillside all along a circle of mountains, you will find dozens of rock art stations. In the summer sunsets, the old Bronze Age carvings come to life.

(hillfort in the grey square)

#hillfortswednesday ImageImage
We planned an archaeological campaign in 2013, led by Anton Malde. At first, we noticed some mistrust from the villagers. Why? They remembered an older dig, organised as a work camp with teenagers. They crossed the village in vans full of young people. #hillfortswednesday Image
Read 12 tweets
31 Jan
25 de xullo de 1386. Xoán de Gante, duque de Lancaster, desembarca na Coruña cun exército descomunal para invadir o reino de Galicia, cabeza de ponte para se facer coa Coroa de Castela.

Durante dous anos, un inglés gobernará os destinos do reino.

E quedará algo alucinante. 👇
Como cerebro da operación figuraba o cambrés Xoán Fernández de Andeiro, logo asasinado. Pero non vos vou contar hoxe a historia.

Galicia entrou na Guerra dos Cen Anos, o principal conflito da Europa do XIV.

Quedounos o corpus de imaxes máis fermoso sobre a Galicia medieval.
Jean Froissart foi o autor dunhas Crónicas nas que narrou moitos dos acontecementos da primeira parte da Guerra dos Cen Anos. A súa obra tivo tanto éxito que a nobreza encargou moitísimas copias con fermosas miniaturas.

E aí figura unha Galicia descoñecida. Imos aló.
Read 12 tweets
30 Jan
The dig ('La excavación'), publicada desde onte en Netflix, é un destes grandes filmes británicos con todos os ingredientes: pazo, 'arriba e abaixo' social, guerra mundial, amores e paixóns imposibles, personaxes profundas. E todo un retrato das tensións da arqueoloxía. 👇
O filme describe a escavación das mámoas de Sutton Hoo (partíame de risa coa tradución como 'montículos'), un dos sitios arqueolóxicos máis importantes de Gran Bretaña e clave para entender as culturas saxonas do século VII, da que se sabía moi pouco. (Os seus suevos, vaia).
A propietaria do pazo encarga a un 'excavator' local, Basil Brown, a intervención: un granxeiro con afeccións arqueolóxicas. Recoméndanllo no museo local, onde pensan que non o precisan eses días para os seus proxectos arqueolóxicos. Brown coñece cada palmo da terra de Suffolk.
Read 10 tweets
13 Jan
This is the hillfort of Castromao (Celanova, #Galicia), the former Coeliobriga (celt., 'The fort of the Bold'). An object found here is key to understanding the politics of the hillforts. Other... is just the cutest thing you will see today on twitter. Go!👇 #HillfortsWednesday
Coelibriga was inhabited from the end of the Bronze Age until the height of Roman times. Outstanding examples of Gallaecian Iron Age art have been found there. #HillfortsWednesday
And even unique technological objects. This is a portable oven, possibly used for melting metals. Raw gold pieces have been found in the hillfort. #HillfortsWednesday
Read 12 tweets
10 Jan
Estou mergullado no proceso de corrección das probas da miña nova novela, e gustaríame compartir convosco algunhas reflexións sobre ese traballo.
1) Toda edición dun texto é un proceso de estrañamento do que escribiches. A cada nova volta distánciaste máis da obra. Tes que vela desde fóra, friamente. Pero o paso definitivo é cando o texto pasa do teu word cara a maqueta da editorial.
2) E pasas de pantalla a papel. Comeza un proceso inconsciente. Ao velo na maqueta da colección, o teu texto fala cos doutros autores xa editados. Quéiralo ou non, vas comparalo. Está á altura? Encaixa? Que pensará o lector AQUÍ e AQUÍ? Non te podes volver tolo con iso.
Read 9 tweets
28 Dec 20
Este temporal permite un pequeno prodixio: descubrir a traza máis occidental do continente dun antigo ser mitolóxico. Mirade ben este vídeo, porque isto se pode ver poucas veces. Vedes unha rompente pequena que escacha á dereita de Punta Nariga? 👇

(Grazas a Xosé Manuel Varela)
Ese baixo chámase A de Couce. E a xente de Malpica conta que é unha pedra que botou alá o cabalo branco de Santiago coa pata antes de dar o seu último chimpo. O cabalo branco tamén deixou pegada noutro lugares dese promontorio máxico que é Nariga.
Hai lendas dos chimpos do cabalo branco de Santiago por todo o país. As súas pegadas fican gravadas para sempre nos penedos. Ás veces son marcas naturais, outras petróglifos auténticos, coma estas ferraduras de Primadorno (Silleda).
Read 9 tweets

Did Thread Reader help you today?

Support us! We are indie developers!


This site is made by just two indie developers on a laptop doing marketing, support and development! Read more about the story.

Become a Premium Member ($3/month or $30/year) and get exclusive features!

Become Premium

Too expensive? Make a small donation by buying us coffee ($5) or help with server cost ($10)

Donate via Paypal Become our Patreon

Thank you for your support!

Follow Us on Twitter!