Estes días estamos vendo a enxurrada de novos parques eólicos e as mobilizacións de numerosos colectivos locais ante o seu enorme impacto.
Eu quérovos falar dun especialmente grave: o que afecta a Castro Valente, en Padrón. E explico por que.👇
Coñecín Castro Valente por un lector do blog en 2009. Fiquei pasmado: unha estraña fortificación de 10 hectáreas lonxe de todo. Só tres ou catro xacementos arqueolóxicos en Galicia teñen esa dimensión. Ao visitalo descubrín un mundo. manuelgago.org/blog/2009/02/0…
Non era un 'castro' tal e como o entendemos, senón un enorme espazo aparentemente baleiro cunha muralla descomunal. Comezamos a ver que había outros, que xa espertaran inquedanzas similares. E atopamos máis inéditos. Non había case ningunha publicación científica.
Logo souben que existen en diferentes lugares de Europa, e case ninguén sabían nada deles. Eu comecei a difundilos. Ao pouco sumáronse os especialistas. Aqueles raros castros, esquencidos na historia, podían contarnos moito sobre nós mesmos. Pertencían á mal chamada Idade escura
É dicir, ese fascinante mundo da Antigüidade tardía, na que o Estado romano desfalece e Europa occidental vive a chegada de pobos xermánicos, no que nacen novas identidades desde o mundo clásico, os bárbaros, as culturas anteriores...
De todo ese caldo, dos conflitos, dos novos poderes, da reinvención dunha sociedade, dos encontros e desencontros étnicos, nace o reino de Gallaecia, o xermolo do que hoxe Galicia é. Dunha paisaxe fortificada única e case inexplorada. Unha aventura do coñecemento.
Por todo o territorio, os antigos castros reocúpanse para responder á inestabilidade, para albergar os novos poderes. Pero, sobre todo na franxa atlántica, aparecen estas novas superfortalezas lonxe dos cultivos, baleiras, a gran altura. Castelos no aire!
Aínda sabemos moi pouco delas, pero as que xa foron escavadas confirman que pertencen a ese periodo dos reinos xermánicos. É dicir, ao nacemento de Galicia como nación. Son a testemuña dese proceso político e social. E pode que fosen refuxios ante un mundo hostil.
Agora mesmo, isto é investigación 'cutting edge'. Investigadores do grupo Síncrisis están avanzando, e xa interviron en Castro Valente. Esta primeira campaña revelou a envergadura das murallas e un factor: foron feitas para ser vistas.
E as intervencións revelaron que estes case 2 km de muralla non só tiñan un obxectivo defensivo, senón simbólico e disuasorio. Estaba feita para impactar desde o Ulla, a Depresión Meridiana, a densa vía de comunicación da Antigüidade. A montaña comunicaba.
Mirade, isto é ao que me refiro. No cadrado vermello vedes a fortaleza. Os globos son os eólicos enormes que se van instalar. O sentido simbólico desta antiga fortificación vinculada a ese momento crítico do nacemento da Galicia que hoxe entedemos vai ficar destrozado.
E non só iso. O que vedes no cadrado é unha posible primeira liña defensiva da fortificación. Unha técnica que nos estamos atopando noutros xacementos. Debe ser verificada por arqueólogos. Pero vedes que un eólico impacta directamente sobre ela.
Desde que no século XIX boa parte do galeguismo subira a Castro Valente o castro sufriu moitas agresións. Hoxe estamos nunha nova fase: a ciencia permítenos comezar a comprendelo. Non deixemos que os eólicos destraguen un lugar chave para comprender o que hoxe é este país.
No web da Asociación Baixo Ulla tedes toda a documentación e como presentar alegacións para frear este despropósito. eolicosbaixoulla.com/castro-valente/
• • •
Missing some Tweet in this thread? You can try to
force a refresh
Today in #HillfortsWednesday let me tell you three short stories on community archaeology, based in our work in Mallou hillfort (Carnota, #Galicia), a small and beautiful Late Iron Age settlement with stunning sea views.
📸 Concello de Carnota / Noel Feáns.
Very close to the hillfort, halfway up the hillside all along a circle of mountains, you will find dozens of rock art stations. In the summer sunsets, the old Bronze Age carvings come to life.
We planned an archaeological campaign in 2013, led by Anton Malde. At first, we noticed some mistrust from the villagers. Why? They remembered an older dig, organised as a work camp with teenagers. They crossed the village in vans full of young people. #hillfortswednesday
Hoxe, preparando un fío que publicarei nos vindeiros días, din cunha referencia marabillosa que vincula ao gran escritor norteamericano Henry Thoureau (1817-1862) con Galicia. 👇
Para os que non o coñezades, Thoureau volve ser moi lido hoxe. Precursor da literatura ecoloxista, do reencontro coa Natureza e un dos primeiros activistas da desobediencia civil.
O seu libro máis famoso é Walden, onde se retirou a vivir unha vida sinxela e solitaria.
En 1849 foi a Cape Cod, en Nova Inglaterra, a ver o mar por primeira vez. Daquelas viaxes ficaron as crónicas extraordinarias dun encontro do home co mar e unha paisaxe descoñecida.
25 de xullo de 1386. Xoán de Gante, duque de Lancaster, desembarca na Coruña cun exército descomunal para invadir o reino de Galicia, cabeza de ponte para se facer coa Coroa de Castela.
Durante dous anos, un inglés gobernará os destinos do reino.
E quedará algo alucinante. 👇
Como cerebro da operación figuraba o cambrés Xoán Fernández de Andeiro, logo asasinado. Pero non vos vou contar hoxe a historia.
Galicia entrou na Guerra dos Cen Anos, o principal conflito da Europa do XIV.
Quedounos o corpus de imaxes máis fermoso sobre a Galicia medieval.
Jean Froissart foi o autor dunhas Crónicas nas que narrou moitos dos acontecementos da primeira parte da Guerra dos Cen Anos. A súa obra tivo tanto éxito que a nobreza encargou moitísimas copias con fermosas miniaturas.
The dig ('La excavación'), publicada desde onte en Netflix, é un destes grandes filmes británicos con todos os ingredientes: pazo, 'arriba e abaixo' social, guerra mundial, amores e paixóns imposibles, personaxes profundas. E todo un retrato das tensións da arqueoloxía. 👇
O filme describe a escavación das mámoas de Sutton Hoo (partíame de risa coa tradución como 'montículos'), un dos sitios arqueolóxicos máis importantes de Gran Bretaña e clave para entender as culturas saxonas do século VII, da que se sabía moi pouco. (Os seus suevos, vaia).
A propietaria do pazo encarga a un 'excavator' local, Basil Brown, a intervención: un granxeiro con afeccións arqueolóxicas. Recoméndanllo no museo local, onde pensan que non o precisan eses días para os seus proxectos arqueolóxicos. Brown coñece cada palmo da terra de Suffolk.
This is the hillfort of Castromao (Celanova, #Galicia), the former Coeliobriga (celt., 'The fort of the Bold'). An object found here is key to understanding the politics of the hillforts. Other... is just the cutest thing you will see today on twitter. Go!👇 #HillfortsWednesday
Coelibriga was inhabited from the end of the Bronze Age until the height of Roman times. Outstanding examples of Gallaecian Iron Age art have been found there. #HillfortsWednesday
And even unique technological objects. This is a portable oven, possibly used for melting metals. Raw gold pieces have been found in the hillfort. #HillfortsWednesday
Estou mergullado no proceso de corrección das probas da miña nova novela, e gustaríame compartir convosco algunhas reflexións sobre ese traballo.
1) Toda edición dun texto é un proceso de estrañamento do que escribiches. A cada nova volta distánciaste máis da obra. Tes que vela desde fóra, friamente. Pero o paso definitivo é cando o texto pasa do teu word cara a maqueta da editorial.
2) E pasas de pantalla a papel. Comeza un proceso inconsciente. Ao velo na maqueta da colección, o teu texto fala cos doutros autores xa editados. Quéiralo ou non, vas comparalo. Está á altura? Encaixa? Que pensará o lector AQUÍ e AQUÍ? Non te podes volver tolo con iso.