Manuel Gago Profile picture
30 Mar, 19 tweets, 8 min read
Vouvos contar unha historia desas que 'sabemos pero non reparamos nela'. Compostela é unha especie de máscara xeolóxica, un trampantoxo. Todo ese granito que vedes na foto foi traído de quilómetros de distancia durante séculos e agacha o que a propia cidade é. 👇
Só hai un lugar no que asoma de maneira natural, case como o deixaran de testemuña, a anfibolita, a 'pedra de Santiago' que sostén precariamente todo o conxunto. Faino deste xeito marabilloso en Val de Deus, en San Martiño Pinario, case como pedindo permiso.
O que me fascina é que a construción simbólica de Santiago non só remata na escultura, senón tamén nos materiais. A humildísima 'pedra de Santiago', a que foi sacada da propia cidade, indícanos que é o secundario, o que non é importante, fronte o que si o é.
Xeoloxía e cartografía simbólica están tan estreitamente vinculadas que mesmo dá lugar a xogos abraiantes. Na cartografía apréciase un cambio xeolóxico no límite da Compostela altomedieval. O Pórtico da Gloria, a rúa do Franco estaría no límite entre dúas xeoloxías. Pero...
Consultei con xeólogos como Vidal Romaní ou o amigo Antonio Presas. Hai que relativizar esta estraña fronteira que divide o xeolóxico e pon límites á Catedral. "Ollo, porque a escala dos mapas pode ser enganosa", sinalan.
Pero aínda así hai algo magnífico nisto. Baixo a topografía urbana marcada polo Franco, o Obradoiro e a rúa de San Francisco, envolta en perfecto granito, discorre unha fronteira secreta, envolta na pobre pedra de Santiago e en materiais sedimentarios. Un 'combate' invisible.
O que a tecnoloxía nos permite ver agora, dunha forma totalmente nova, é como a cidade foi trasladada, movida, desde outro lugar. E vóuvolo ensinar, por suposto. Pero antes, reparade nisto.
Hai anos, David Pérez faloume dunha tradición oral case perdida. Os veciños do norte de Santiago lembraban de que lugares dos chans altos do norte do concello, en Figueiras, saíran os edificios. A cidade tiña 'negativos'!

manuelgago.org/blog/2011/01/3…
Por exemplo, desta zona do Chan de Figueiras saiu o edificio da Facultade de Medicina enteiriño. Como cada edificio se contrataba de maneira independente, a xente gardaba a memoria das partes de monte desprazadas para construír cada edificio: pazos, igrexas...
E esa tradición oral era tan abraiante que mesmo se lembraba unha canteira como a 'canteira da Catedral', alí en Figueiras. Que marabillas sairían deste lugar. Aquí tedes un voo de drone sobre ela.

sketchfab.com/3d-models/cant…
O que podemos ver agora é a escala alucinante desa tolemia construtiva, dese afán de erguer sobre anfibolitas esfareladas unha Xerusalén terreal trasladando o material por kilómetros para construír un espazo único no mundo.
Os novos modelos dixitais do terreo tamén nos amosan como se baleirou un territorio de pedra para trasladalo enteiro a outro lugar. Xeracións de canteiros. E como sobre a terra ficaron imprimadas o paso de centos de carros trasladando o pesado granito.
Vedes esas rabuñadas que hai no terreo, como liñas vacilantes e frenéticas que remontan un monte? Son os antigos camiños que remontan o Pedroso cara o norte da cidade. Por aí ía un camiño real, pero o que estades vendo sobre todo son CENTOS de anos de canteiros.
As 'rabuñadas' atravesan o paso entre o Pedroso e a Fontecova e seguen dirixíndose cara o norte. O camiño é anárquico, só lles parece importar seguir adiante, como unha corrente de auga.
E atención, porque pasa algo.
Ao pasar Fontecova, os camiños divídense. Moitos diríxense cara os chans de Figueiras. Ampliade a imaxe. Aquí xa chegamos á Cidade fantasmal. Todos eses centos de cráteres, hoxe imposibles de percibir, son a orixe de Compostela como escenario.
O monstro Compostela, a sede de sona, de poder, de orgullo, demandaba máis e máis pedra, había que traela de onde fose. Ao norte da Portela de Figueiras seguimos vendo a presión dos camiños, as canteiras, os cráteres hoxe ocultos pola vexetación.

Nada quedou sen ser remexido.
Os paisanos sempre viron a Santiago como un santo alleo, unha figura imposta polo poder, un tanto artificial, guerreiro en batallas que non eran as súas.
Non deixa de ser curioso que esa tensión tamén se plasme na xeoloxía. Que para crear unha cidade houbela que traela de fóra.
Moi agradecido polas súas achegas a @xurxomar, J.R. Vidal Romaní, Antonio Presas, @fpradovlr e a @fonte_joao polo mdt!
Queres fedellar máis? Podes comezar polas miñas Historias contadas.

twitter.com/i/events/13622…

• • •

Missing some Tweet in this thread? You can try to force a refresh
 

Keep Current with Manuel Gago

Manuel Gago Profile picture

Stay in touch and get notified when new unrolls are available from this author!

Read all threads

This Thread may be Removed Anytime!

PDF

Twitter may remove this content at anytime! Save it as PDF for later use!

Try unrolling a thread yourself!

how to unroll video
  1. Follow @ThreadReaderApp to mention us!

  2. From a Twitter thread mention us with a keyword "unroll"
@threadreaderapp unroll

Practice here first or read more on our help page!

More from @magago

26 Mar
Hai un par de anos batín cunha alucinante obra de teatro do século XVII, moi pouco coñecida, #ALindonadeGalicia.

Fiquei preso do que alí se contaba, e de como se contaba. 👇
Nela narrábase o turbulento século XI galego: o conflito fratricida polo dominio de Galicia. Os intentos de García por facerse coa coroa do reino.
Si, García. O rei mitificado pola literatura galega contemporánea. Manolo Rivas, Darío Xoán Cabana, Bernárdez Vilar, Cándido Pazó...
O máis fermoso, o de @Rivasbarrs. O Don García de En salvaxe compaña: o corvo branco que leva unha grilla nas patas, que viu como o seu exército de poetas e trobadores se mudaban nunha hoste de 300 corvos.
Read 15 tweets
24 Mar
When I was a child, I was sure that all the adventures of Asterix had to take place in summer. The feasts at the hillfort were always outdoors! It couldn't be in winter because it must always be raining!

But this problem was solved in Galician hillforts.
#HillfortsWednesday
👇 Image
The Greek geographer Strabo described how the people of NW Iberia feast:
"They take their meals sitting down, building stone benches around the wall. The food is served in a circle. During the drink they dance on a wheel ...or by jumping and genuflecting".

#HillfortsWednesday Image
Archaeology showed how accurate Strabo was. In several hillforts, just in the core of the town, special buildings were found. Big, with a stone bench around the wall and no evidence of daily life nor hearths.

Citania de Briteiros / Castro de Viladonga.

#HillfortsWednesday ImageImageImage
Read 5 tweets
22 Mar
O fermoso equinocio do sábado na capela de San Miguel de Celanova, coa luz atravesando o templo de Rosendo, é un magnífico exemplo para explicarmos esa idea de paisaxe cultural que falabamos o outro día ao fío das eólicas.

Podemos ver esta marabilla de puñeteiro miragre. 👇
O arquitecto de San Miguel orientou a capela en 2,8º graos de diverxencia con respecto ao leste para recoller o sol cando xorde polo monte de San Cibrao, o obstáculo natural do horizonte. Alí arriba, en San Cibrao, hai unha necrópole megalítica e unha capela tamén medieval.
A óptica da cámara permite recoller ás veces ese incrible efecto dunha estrela hexapétala. O efecto recrea a representación do sol.

Este monumento NON pode ser comprendido sen a paisaxe. Non só foi concibido dentro dela. É que, dalgún xeito, 'execútase', actívase con ela.
Read 16 tweets
20 Mar
Unha reflexión sobre o tema dos novos parques eólicos. É colateral, pero creo que non menor. Un grave problema que estou vendo (a partir dese espello enganoso das redes) é que moita xente non entende os motivos de alarma, de por que isto nos afecta a todos.
Creo que hai un problema en que non se entenden as terras altas galegas como 'paisaxe', non do mesmo xeito que unha praia, ou unha fraga de árbores autóctonas cabo dun río. A enerxía 'verde' ten moi boa prensa, máis nun contexto de cambio climático presente por todas partes.
Estamos a colleitar un problema inesperado xurdido de como foi construída a identidade galega desde o século XIX. Unha Galicia verde, boscosa, de especies 'autóctonas' e ríos fronte unha Castela sen árbores, un páramo. Pero esa Galicia, en certo xeito, levaba milenios sen existir
Read 11 tweets
19 Mar
En febreiro de 2020 Manchán Magan colleitou léxico mariño na costa occidental irlandesa. Palabras marabillosas que ás veces non é doado traducir.

Aquí van algunhas. A ver se lles atopamos equivalentes galegos ás que poidamos. @QueirugaRogelio quenta que saes! Image
Unha persoa sarcástica: tá sé mar a bheadh scadán i dtóin an bharraille (como un arenque en salmoira do fondo dun bocoi). Calar a un farfallán: an ghaoth a bhaint as seolta duine (quitarlle o vento das velas).
Esta técnica non a coñecía: Muirleadh. Mastigar pequenos cangrexos e cuspilos para atraer o peixe á barca. (As animacións son de Aurélie Beatley)

vimeo.com/523930126
Read 9 tweets
25 Feb
Estes días estamos vendo a enxurrada de novos parques eólicos e as mobilizacións de numerosos colectivos locais ante o seu enorme impacto.

Eu quérovos falar dun especialmente grave: o que afecta a Castro Valente, en Padrón. E explico por que.👇
Coñecín Castro Valente por un lector do blog en 2009. Fiquei pasmado: unha estraña fortificación de 10 hectáreas lonxe de todo. Só tres ou catro xacementos arqueolóxicos en Galicia teñen esa dimensión. Ao visitalo descubrín un mundo. manuelgago.org/blog/2009/02/0…
Non era un 'castro' tal e como o entendemos, senón un enorme espazo aparentemente baleiro cunha muralla descomunal. Comezamos a ver que había outros, que xa espertaran inquedanzas similares. E atopamos máis inéditos. Non había case ningunha publicación científica.
Read 14 tweets

Did Thread Reader help you today?

Support us! We are indie developers!


This site is made by just two indie developers on a laptop doing marketing, support and development! Read more about the story.

Become a Premium Member ($3/month or $30/year) and get exclusive features!

Become Premium

Too expensive? Make a small donation by buying us coffee ($5) or help with server cost ($10)

Donate via Paypal Become our Patreon

Thank you for your support!

Follow Us on Twitter!