Manuel Gago Profile picture
Jan 30 7 tweets 3 min read
Se cadra non saibas que o Parlamento de Galicia ten superpoderes que só se activan en momentos de especial gravidade para o país.
Un dos máis destacados é o poder de DETER o TEMPO. 👇
O 23 de xuño de 1982 foi un deses días.
O Pazo de Xelmírez, a sede provisional do Parlamento, vivía un día turbulento. Debía aprobar a cidade na que estarían asentadas as institucións autonómicas. Saltaba aquí unha das tensións endémicas da Galicia moderna: a capitalidade.
O bando coruñés, encabezado por Francisco Vázquez, remexíase coma un gato co bandullo para riba ante o feito de que Santiago concentrara o poder autonómico. O pleno comezou ás 11 da mañá e foi turbulento, con moito teatro, paroxismo e enfrontamentos.
Sen dúbida era unha das sesións máis difíciles da autonomía. A Coruña xa ameazara con escindirse da comunidade autónoma e puña todo tipo de problemas. A sesión eternizouse ata chegar case ás 12 da noite e a votación seguía sen se producir.
Nese momento, tomouse a decisión: había que PARAR O TEMPO. A lei debía aprobarse no mesmo día no que era debatida. A Cámara de representantes tiña un reloxo para regular o funcionamento e ordenouse detelo.
A sesión rematou ás DÚAS e MEDIA da mañá, con algúns puntos aínda pendentes, pero o presidente dixo que xa estaba ben de facer o indio.
Santiago convertíase na sede das principais institucións autonómicas.
Pero non sería capital formal ata 20 anos despois, en 2002.
Lin esta anécodta do Parlamento en dúas fontes distintas, así que lle asigno moita veracidade. Pero no Diario de Sesións reflíctese correctamente que rematou ás 02.30 do día 24 de xuño e que o Presidente botou man do articulado que permite a prórroga das sesións...

• • •

Missing some Tweet in this thread? You can try to force a refresh
 

Keep Current with Manuel Gago

Manuel Gago Profile picture

Stay in touch and get notified when new unrolls are available from this author!

Read all threads

This Thread may be Removed Anytime!

PDF

Twitter may remove this content at anytime! Save it as PDF for later use!

Try unrolling a thread yourself!

how to unroll video
  1. Follow @ThreadReaderApp to mention us!

  2. From a Twitter thread mention us with a keyword "unroll"
@threadreaderapp unroll

Practice here first or read more on our help page!

More from @magago

Jan 31
Non hai dúbida de que un dos aspectos máis interesantes -e de vertixe- destes días foi a sensación de aceleración das redes sociais. Percibiamos en directo como se multiplicaban as interaccións máis alá das nosas mallas sociais habituais. As barreiras habituais escachaban! Image
Barreiras xeneracionais, territoriais... todas esas fronteiras invisibles das nosas redes esgazábanse. Esta formación de 'comunidades efémeras' é unha das características máis notables das redes. Pero poucas veces un ten a sensación de que a marea o rodea por todas partes.
A principal característica é a multiplicación do 'engagement', nomeadamente dos likes, pero tamén dos comentarios. Esa necesidade de tocarnos virtualmente, de facer parte do mesmo, de sentirnos de súpeto nun espazo común; poucas veces se percibe esa intensidade.
Read 11 tweets
Jan 4
Esta é a representación máis antiga dos hórreos de estilo galego. Está nas Cantigas de Santa María. Parécense aos actuais pero hai diferencias. Faltan os adornos (cruces, lampións, etc...), teñen fermosos capiteis e basas decorados pero comparten certo toque vintage! 👇
Mirade eses arcos de ferradura! Teñen unha longa tradición na nosa arte tardoantiga (Bande, Celanova), pero no século XIII xa estaban en desuso nas construcións relixiosas cristiás. Pero na arquitectura popular se cadra seguían usándose.
Que eu saiba, aínda non temos evidencias arqueolóxicas para este tipo de hórreos medievais. Pero eses arcos desvelan a capacidade das sociedades campesiñas para preservaren formas e estilos antigos e facer dun graneiro un pequeno monumento familiar con moita memoria. Así seguen.
Read 4 tweets
Dec 27, 2021
Este Nadal o Colectivo A Rula publicou un agasallo marabilloso: a identificación preto do Ulla dun santuario rupestre activo durante miles de anos: conpetróglifos da Idade do Bronce, un barco, inscricións romanas e posteriores. E hai algo moi fermoso. 👇
culturagalega.gal/noticia.php?id…
Atoparon algo case único: no medio das combinacións circulares prehistóricas, 1 inscrición de época romana. Dicía isto:
"Titus Aulius Arcisus realizou libremente esta dedicación para Diana como consecuencia dunha visión (un soño, algo revelado)". (Trad. e imaxes de J.M.Abascal) ImageImage
DUNHA VISIÓN.
E aquí vén unha historia ben bonita aínda por escribir.
Ao señor Arciso, un paisano con nome celta, a deusa manifestouselle como fan os deuses, a través dun soño, dun trance ou similar. É a práctica da incubatio, habitual nas sociedades antigas. Image
Read 15 tweets
Nov 21, 2021
En 1804 Lucas Labrada, un ilustrado de orixes modestas, publicou unha obra decisiva para coñecer a Galicia do século XVIII. Era a 'Descripción Económica do Reino de Galicia'. Labrada, seguidor de Adam Smith, escribiu unha obra monumental chea de mensaxes para o futuro. 👇 Image
Este home, que traballou de porteiro do Consulado da Coruña, intercalaba citas clásicas que resumían o espírito do que procuraba. Hoxe só vou mencionarvos dúas. Unha nesta mesma portada, que é toda unha declaración de principios:
"O [fortunatos, nimium,] sua si bona norint" Image
É unha cita famosísima das Xeórxicas de Virxilio, que quere dicir: "Que felices serían os labregos se coñeceran canta sorte teñen!". Labrada defendía a unificación da tenencia da terra e do seu cultivo, a racionalización e mellor explotación dos recursos agrícolas. Image
Read 10 tweets
Nov 13, 2021
Sen dúbida un dos episodios máis fascinantes do século XV foi a gran revolta irmandiña. Pero a visión popular sobre este momento pertence máis ao presente que o pasado! Explícome. 👇
Para empezar, fíxate nesta gráfica que sinala a presenza do termo no corpus de textos de Google Books en español. Aínda que nos textos galegos fálase antes das Irmandades medievais, o termo e, en certo xeito, a forma de velo, nace nos 70 e sobre todo a partir dos 90.
Para comezar, está unha imaxe arquetípica: os paisanos do rural con fouces, forcas e antorchas queimando castelos, verdade?
Ben, pois FALSO. A verdade é moito máis fascinante e... evidente!
Read 17 tweets
Aug 21, 2021
Hoxe quero levarvos a un momento moi pouco coñecido do noso pasado para o gran público, a unhas intrigantes estruturas que encheron a Europa do III e II milenio a.C. e como en Galicia se preservou, de xeito único, unha delas ata hoxe.

👇🏻
Acostumados á monumentalidade dos castros, non somos moi conscientes de que a Prehistoria está por todas partes en Galicia. Miles de aldeas invisibles, agachadas baixo os agros, feitas en madeira. Moitas delas atópanse cando se fan as autoestradas.

E moito máis antigas.
Coñecinas en 2010, nunha conferencia da arqueóloga Bea Comendador, que presentou unhas curiosas estruturas atopadas nos últimos anos en Galicia. Cabanas de forma navicular, todas de hai uns catro mil e pico anos. E coa mesma medida: 11x4 metros.
Read 19 tweets

Did Thread Reader help you today?

Support us! We are indie developers!


This site is made by just two indie developers on a laptop doing marketing, support and development! Read more about the story.

Become a Premium Member ($3/month or $30/year) and get exclusive features!

Become Premium

Too expensive? Make a small donation by buying us coffee ($5) or help with server cost ($10)

Donate via Paypal

Or Donate anonymously using crypto!

Ethereum

0xfe58350B80634f60Fa6Dc149a72b4DFbc17D341E copy

Bitcoin

3ATGMxNzCUFzxpMCHL5sWSt4DVtS8UqXpi copy

Thank you for your support!

Follow Us on Twitter!

:(