My Authors
Read all threads
Unha Consellaría que permite un caso de nepotismo é unha institución enferma. Perseguir as desviacións de poder e o enchufismo debe ser unha obriga de quen defendemos o público. A xustiza confirma as denuncias da @CIGEnsino nun enchufe clamoroso en Educación. Abro fío 👇
Altos cargos da @Xunta amosaron un interese enfermizo desde 2014 por “colocar” á cuñada de Susana López Abella, naquel momento Secretaria Xeral de Igualdade @igualdadenarede, funcionaria docente destinada en Asturias
Quixeron colala na listaxe de interinidades dunha especialidade para a que non tiña titulación. As reclamacións de persoas afectadas pararon esa decisión.
Para poder traela a Galiza decidiron darlle un posto de libre designación no MUPEGA, primeiro e dun xeito dubidosamente legal, como asesora e finalmente, mediante librte designación, como directorea
Cando xa a rescataran do destino asturiano, decidiron consolidar a súa permanencia en Galiza, xa que a dirección no MUPEGA non o garantía. Foi así como crearon artificialmente unha vacante da súa especialidade na Escola de Restauración de Bens Culturais de Pontevedra
Non é que existise horario da súa materia. É que nin sequera se impartía no único centro galego especializado na formación para a conservación e restauración. A equipa directiva informou negativamente xunto con todo o claustro. A @CIGEnsino denuncio e recorreu a decisión
Para reforzar argumentalmente o enchufe, o subdirector responsábel de ensinanzas de réxime especial chegou a afirmar que esa adxudicación dunha especialidade inexistente "reportaría beneficios para o alumnado do centro”. Así, literalmente.
Desde a @CIGEnsino pedimos información sobre o enchufe e foi nos negada en todo momento. Recorremos a @Valedordopobo que acabou recoñecendo que a Consellaría de Educación non estaba a ser transparente e por dúas ocasións evitou informar á propia valedora
Xa en vía xudicial e en resposta á demanda da @CIGEnsino o TSXG anulou a adxudicación da praza nunha sentenza durísima na que fala directamente de nepotismo, ocultismo e desviación de poder. cig-ensino.gal/files/novas/20…
Cando se coñece a sentenza Carme Pomar é aínda nova no cargo e non tivera ningún papel no enchufe permitido polo seu antecesor @RomanLalin. Malia iso intervén no Parlamento e asume a defensa do enchufe, cargando contra a @CIGEnsino por “defender o profesorado interino do centro”
Pomar toma a decisión de presentar un recurso de casación perante o Supremo. Con iso consegue dilatar o proceso durante un ano e medio. Agora acábaselle o xogo. O TS inadmite o recurso e a sentenza do TSXG pasa a ser firme. Un novo golpe para a trama cig-ensino.gal/files/novas/20…
Neste caso de nepotismo, de ocultismo, de desviación de poder, de favorecemento dunha familiar directa dunha alto cargo e actual candidata de @ppdegalicia nas eleccións do #5A hai que asumir responsabilidades. E quen decidiu facer bandeira deste caso foi Carme Pomar. Debe dimitir
Mais tamén debe preservarse unha institución como o MUPEGA, en cuxa xunta directiva está a conselleira e o seu número dous, Jesús Oitavén. O lóxico sería que a directora, beneficiada dunha operación vergoñenta para “rescatala" do seu destino en Asturias, presente a dimisión.
A @CIGEnsino pediu hoxe a asunción de responsabilidades por parte da máxima responsábel da Consellaría e que de depuren responsabilidades e procederemos a controlar a execución da sentenza en canto lle sexa comunicada formalmente á @Xunta
Missing some Tweet in this thread? You can try to force a refresh.

Enjoying this thread?

Keep Current with Suso Bermello

Profile picture

Stay in touch and get notified when new unrolls are available from this author!

Read all threads

This Thread may be Removed Anytime!

Twitter may remove this content at anytime, convert it as a PDF, save and print for later use!

Try unrolling a thread yourself!

how to unroll video

1) Follow Thread Reader App on Twitter so you can easily mention us!

2) Go to a Twitter thread (series of Tweets by the same owner) and mention us with a keyword "unroll" @threadreaderapp unroll

You can practice here first or read more on our help page!

Follow Us on Twitter!

Did Thread Reader help you today?

Support us! We are indie developers!


This site is made by just three indie developers on a laptop doing marketing, support and development! Read more about the story.

Become a Premium Member ($3.00/month or $30.00/year) and get exclusive features!

Become Premium

Too expensive? Make a small donation by buying us coffee ($5) or help with server cost ($10)

Donate via Paypal Become our Patreon

Thank you for your support!