My Authors
Read all threads
Todas, ou case, gostamos das luces do nadal. O debate en #Vigo non é ese. A cousa é que o destello do aparente non nos cegue. ABRO FÍO ⬇️
En Vigo sempre houbo luces. Até a crise de 2007-2008, eran financiadas maiormente polos comercios. Daquela o Concello decidiu asumir un maior investimento para estimular as compras nun momento no que eran moitos os estabelecementos en risco de feche.
A cuestión polo tanto, como en todo o que ten a ver co diñeiro público, é CANTO gastarmos en luces e adornos. Caballero destinará entre 1,5 e 2 millóns, porque ao orzamentado (case 1 millón 400 mil), engádense outros gastos a costa doutras partidas e contratos menores...
Para medir o que supón: Só o orzamentado supón gastar un 20% máis en luces e adornos do que se inviste no 👩‍🔧Plan de Emprego Municipal en todo 2019 (nunha cidade con 25 MIL paradas/os). E equivale case ao gasto de manter abertas 8 escolas infantís 👶 municipais todo o ano!!
Para 2020 o orzamento 💶que fixou é PSOE é inda maior. Por iso o BNG presentamos emendas para reducir as partidas e destinar máis recursos a políticas sociais. Se en algo é fundamental PRIORIZAR é no gasto público. Hai quen prefire dilapidar en fanfarria, nós non.
Sobre o presunto retorno económico para a cidade primeiro dicir que o Goberno municipal non deu un só 📈dato oficial. A realidade é que unha cidade con 4500 prazas hoteleiras dificilmente pode recibir 2 millóns de visitas nun mes e pouco. Menos inda 3 millóns!
Iso sería tanto como que toda a poboación galega viñese ver as luces de #Vigo e máis visitantes que os que recibiu o Museo do Prado en Madrid durante todo 2018. É claro que é todo propaganda esaxerada para maior autobombo.
Que sabemos en realidade do impacto económico? Pois que o ano pasado os comercios dos barrios (p.ex. Teis, Travesas ou Calvario) facturaron entre o 20 e un 30% menos. Normal, se concentras as visitas no centro... 🤔
E en emprego? Pois as cifras do paro rexistrado de decembro de 2018 recollen que se crearon en Vigo... Tachán tachán: só 483 empregos. Pero en xaneiro destruíronse 593 😮. Eses son os datos oficiais.
En resumo: quen cuestionamos o gasto desmesurado no nadal vigués, que só responde ao afán propagandístico de Caballero, non somos grinchs. Simplemente cremos que o diñeiro das viguesas e vigueses debera usarse para atender as necesidades REAIS da cidade. Que tolería, non?

FIN
P.S.: A irracionalidade da tolemia nadalenca ten tamén un claro impacto ambiental. Non só polo consumo eléctrico senón tamén pola contaminación lumínica e o seu impacto no medio natural, a principiar polas Cíes, como alertan desde hai tempo as expertas.
Missing some Tweet in this thread? You can try to force a refresh.

Enjoying this thread?

Keep Current with Xabier Pérez Igrexas

Profile picture

Stay in touch and get notified when new unrolls are available from this author!

Read all threads

This Thread may be Removed Anytime!

Twitter may remove this content at anytime, convert it as a PDF, save and print for later use!

Try unrolling a thread yourself!

how to unroll video

1) Follow Thread Reader App on Twitter so you can easily mention us!

2) Go to a Twitter thread (series of Tweets by the same owner) and mention us with a keyword "unroll" @threadreaderapp unroll

You can practice here first or read more on our help page!

Follow Us on Twitter!

Did Thread Reader help you today?

Support us! We are indie developers!


This site is made by just three indie developers on a laptop doing marketing, support and development! Read more about the story.

Become a Premium Member ($3.00/month or $30.00/year) and get exclusive features!

Become Premium

Too expensive? Make a small donation by buying us coffee ($5) or help with server cost ($10)

Donate via Paypal Become our Patreon

Thank you for your support!